Coincidindo coa data de inicio oficial do curso escolar 2023-2024 a Rede Museística Provincial a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a integran (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) pon a disposición dos centros escolares a súa programación para o curso escolar 2023-2024.
O obxectivo primordial que se persegue é achegar o patrimonio conservado nos nosos museos ao alumnado e, para acadalo, ofrecemos un conxunto de propostas caracterizadas polo seu compoñente educativo, lúdico e multicanle.
Tendo en conta que os museos son espazos de afecto nos que aprender debe ser unha tarefa divertida polo que cada unha das nosas iniciativas está enfocada a que o alumnado sexa non só partícipe, senón tamén protagonista da mesma.
O equipo humano da Rede Museística Provincial de Lugo traballa cada día para tecer lazadas coa comunidade educativa e afrontar con ilusión un novo curso escolar.
Para pór en práctica as actividades propostas ofrecemos estas modalidades de aproveitamento que son:
1.-Visitas presenciais aos museos da Rede. Con acompañamento de persoal dos departamentos de didáctica.
2.-Visitas virtuais (en liña). A través de medios telemáticos, con acompañamento de persoal dos departamentos de didáctica.
Estas dúas primeiras modalidades precisan de concertación previa e están sometidas a un calendario.
3.-Recursos educativos de libre disposición. Ofrecemos ao profesorado e alumnado interesado recursos educativos en liña a través do nosa plataforma educativa: comunidadermpl.gal
4.-Ademais, contamos con “maletas viaxeiras” dispostas a romper barreiras e distancias, listas para desprazarse ata os centros escolares cargadas de coñecemento e diversión.
Concertacións, consultas e contactos
Para realizar as visitas presenciais e virtuais, así como solicitar as “maletas viaxeiras”, debe concertarse única e exclusivamente, o mesmo que calquera outro tipo de comunicación relacionada con esta programación, a través do mail: concertacionsrmp@gmail.com
Máis información https://comunidadermpl.gal/
A Aula Newton Galicia da Tecnópole vai poñer en marcha un novo curso dirixido a alumnado de 2º da ESO a 1º de Bacharelato de toda Galicia. Trátase dunha aula de aprendizaxe de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas (STEM) destinada a promover as carreiras científicas e tecnolóxicas entre a mocidade cun enfoque totalmente práctico e moi innovador.
A iniciativa está impulsada conxuntamente pola multinacional Boeing, a organización sen ánimo de lucro FIRST Scandinavia, a Xunta de Galicia e Tecnópole. Esta proposta enmárcase dentro das actividades de Tecnópole Divulga, que buscan incentivar as vocacións científicas e o espírito emprendedor entre as xeracións futuras.
Xa se poden facer as inscricións da primeira quenda (de outubro a finais de xaneiro) desta 3ª edición da Aula Newton a través da súa web. Estará accesíbel os xoves e venres, de 10:00 a 13:00 h.
Haberá unha segunda quenda de febreiro a xuño.
Este curso participarán 2.160 rapaces e rapazas de toda a comunidade.
Simuladores profesionais de voo
Os participantes terán a oportunidade de iniciarse no mundo da aviación a través do módulo Voamos con números: unha aventura aérea. Neste senso, a Tecnópole lembra que a Aula Newton dispón de catro simuladores de voo profesionais, que permiten que os rapaces e rapazas “gocen desta experiencia, converténdose en pilotos por un día”.
O alumnado debe responder a unha hipotética misión de rescate localizada en Galicia, proposta polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, situado na Estrada, froito da colaboración de Tecnópole coa Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), a través do 112 Galicia. Así, para calcular as rutas de voo e cumprir as diferentes misións, os participantes poranse á fronte dos simuladores de voo avanzados, asistidos e orientados en todo o proceso por un equipo de instrutores cualificados.
https://newtonroom.com/es/localiza-tu-aula-newton/newton-galicia
As redes sociais permiten que os adolescentes cren identidades en liña, comuníquense con outros e constrúan lazos sociais. Estas redes poden proporcionar aos adolescentes un apoio valioso, especialmente axudando aos que sofren exclusión ou teñen discapacidades ou enfermidades crónicas.
Con todo, o uso das redes sociais tamén xeran efectos secundarios pouco saudables, pode afectar negativamente os adolescentes, ao distraelos, interromper o seu soño e expoñelos á fustrigación, á propagación de rumores, ás opinións pouco realistas sobre a vida doutras persoas e á presión de grupo.
Unha nova forma de ansiedade xurdida coa popularización do móbil e as redes sociais é o chamado Fear of missing out “medo a perderse algo” (FOMO), caracterízase pola necesidade de estar constantemente conectado co que fan os demais, para non perderse nada.
Pero non todo é malo nas redes: os aspectos máis positivos nos que destacaron estas apps foron a capacidade de tomar conciencia (sobre todo en Youtube), de expresarse e atopar unha identidade propia (Instagram) e de crear comunidade e atopar apoio emocional (Facebook).
Chil Mind Institute ten varios artigos tratando este tema
Cómo afecta el uso de las redes sociales a los adolescentes
https://childmind.org/es/articulo/como-afecta-el-uso-de-las-redes-sociales-los-adolescentes/
Manejar el estrés que causan las redes sociales con conciencia plena
Redes Sociales y baja autoestima
https://childmind.org/es/articulo/las-redes-sociales-y-la-baja-autoestima/
El poder de la conciencia plena
https://childmind.org/es/articulo/el-poder-de-la-conciencia-plena/
Máis información:
https://faros.hsjdbcn.org/es/articulo/riesgos-redes-sociales-salud-mental-adolescentes
https://canalsalud.imq.es/blog/como-afectan-redes-sociales-jovenes
https://www.iberdrola.com/compromiso-social/como-afectan-redes-sociales-jovenes
https://www.serpadres.es/familia/14985.html
Recorda que o servizo Quérote+da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal
O Centro Reina Sofía de Fad Juventud publicou o estudo Salud y bienestar juveniles en España: un análisis longitudinal 2017-2021, co que se trata de coñecer como a poboación nova española de 15 a 29 anos entende e valora as súas propias circunstancias. Investígase o impacto das condicións contextuais (traballo, economía, emancipación etc.)/ etc.), a dimensión dos problemas físicos e psicolóxicos experimentados e os riscos e limitacións ao benestar.
O estudo revela que a saúde da mocidade española non pasa por bo momento, e que o desánimo ante un futuro incerto rende: só o 23% dos mozos pensa que a situación vai a mellor
Máis información:
https://www.centroreinasofia.org/publicacion/barometro_salud_bienestar/
Recorda que o servizo Quérote+da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal
A XI edición de Nós tamén creamos!, o certame de curtametraxes de animación en galego xa ten palmarés.
Este ano presentáronse 31 filmes de 24 escolas distintas de Infantil e Primaria rodados pola cativada de 3 a 9 anos e os seus mestres.
As curtas premiadas poderán visualizarse na web da CRTVG: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/nos-tamen-creamos-2023
Os Premios Nacionais de Mocidade 2023, creados polo INJUVE coa finalidade de estimular e recoñecer a traxectoria e o esforzo de mozos e mozas que poñen de manifesto o seu compromiso en distintos ámbitos da sociedade, foron resoltos nas súas diferentes categorías.
Compromiso Social: Esther Pina Ortín.
Cultura: Mario García Obrero.
Medio Ambiente: Lucía Casal Vázquez.
Deporte: Carlos Sanz del Castillo.
Ciencia e Tecnoloxía: Inés Mármol Peguero.
Dereitos Humanos: Núria Vilà Coma.
Así mismo concedese mención honorífica a:
Ionut Antonio Acín Hernández.
María Isabel Puerto Fernández.
Antoni Segui Villalonga.
Guillermo Gracia Núñez.
Miquel Sendra Ortola.
https://www.injuve.es/conocenos/noticia/premios-nacionales-de-juventud-2023
"O circo do silencio" é un escape room de temática lingüística dirixido á mocidade. Trátase dunha sala de fuxida ambientada nunha carpa circense. Está pensada para equipos de catro xogadores que deberán resolver unha serie de enigmas para completaren a misión final.
A actividade parte da historia dun circo máxico que perdeu todas as palabras que lle permitían falar cos animais e crear espectáculos incribles. Os participantes interpretarán un grupo de detectives contratados para investigaren este roubo. Así, terán que atopar pistas, resolver enigmas, descifrar códigos e xogar coa lingua para recuperar as palabras e devolverllas ao circo.
Esta actividade pasará por 10 concellos durante este verán. A primeira xornada será o 20 de xullo na Praza do Concello de Xinzo de Limia, onde se poderá participar cada 45 minutos entre as 11,00 e as 21,00 horas. O mesmo funcionamento seguirá nos restantes 9 concellos membros da Rede de Dinamización Lingüística polos que pasará: Ponteareas (Praza Maior) o 21 de xullo, Foz (Paseo Marítimo) o 25 de xullo, A Estrada (Alameda) o 26 de xullo, Oleiros (Praza Ester Pita en Santa Cruz) o 28 de xullo, Arzúa (Praza de Galiza) o 30 de xullo, O Grove (Praza do Corgo) o 31 de xullo, Ordes (Alameda) o 3 de agosto, Caldas de Reis (Carballeira Caldas de Reis) o 4 de agosto e Verín (Alameda) o 15 de agosto.
Máis información no Portal da Lingua Galega.
A Comisión Europea está a realizar a consulta de avaliación intermedia sobre a Estratexia Europea de Xuventude 2019-2027.
Neste enlace podes acceder a ela, tanto se es unha persoa moza como se es un traballador/a do eido xuvenil. Estará dispoñible ata o 2 de agosto.
O Instituto da Mocidade de España, Injuve, coa colaboración da Rede de Servizos de Información Xuvenil (RedSIJ), presenta este catálogo en liña de accións, proxectos e programas destinados ás persoas mozas no ámbito local e rexional.
Esta publicación en liña, é o resultado da convocatoria de Experiencias Locais de Mocidade que o Injuve, puxo en marcha este ano para recoñecer o labor das administracións locais e entidades do sector público no seu traballo con mozos.
As experiencias que se recollen aquí foron realizadas nos últimos anos ou se están levando a cabo polos distintos servizos de mocidade do noso país.
O noso obxectivo é facilitar o coñecemento de boas prácticas, compartir as metodoloxías empregadas nelas, e poñer en valor aspectos de innovación, co ánimo de que poidan ser reproducidas noutros ámbitos territoriais.
Catálogo de experiencias locais RedSIJ de traballo coa mocidade
A Xunta de Galicia convoca os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022/23 co obxecto de dar recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa.
Requisitos:
1. Ter rematado os estudos de cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no curso 2022/23 nun centro docente de Galicia no réxime ordinario.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. Os alumnos e alumnas que sexan candidatos/as ao premio deberán merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrados ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno familiar e sociocultural, polo que se fan merecedores de optar a esta modalidade de premios.
O perfil obxecto destes premios correspóndese con alumnado que procede de contornos socioculturais desfavorecidos ou de contornos familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta para conseguir rematar os seus estudos ou en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.
Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
Cada premio estará dotado con 1.000 €
O prazo de solicitudes comezará o día 24 de agosto de 2022 e rematará o día 23 de setembro de 2022.
As solicitudes poden tramitarse a través do formulario ED311E dispoñible en https://sede.xunta.es
Máis información no DOG do 3 de xullo de 2023 e en https://www.edu.xunta.gal/premiosedu
premios@edu.xunta.gal