Novas e actividades (894)

 Dende hoxe pasa a formar parte da oferta de establecementos onde se ofrecen descontos a mocidade posuidora do carné xove o CONCELLO DE ARBO.

 

Imaxe Arbo

CONCELLO DE ARBO
PRAZA CONSISTORIO, 1
36430 ARBO
PONTEVEDRA 
 
 
Os descontos que aplicará son: 
  • 50% no acceso as instalacións da piscina municipal
 
 
Así, pois, mozos e mozas xa podedes desfrutar nestes establecementos das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove!

 

Necesitas un espazo onde estudar, quedar para facer traballos ou simplemente reunirte?. Tes unha asociación xuvenil e queres organizar unha actividade?AULA33

No Centro coordinador de información xuvenil podes dispoñer deses espazos. Tes a túa disposición dúas salas equipadas con ordenadores, son e proxector.

Ademais tes tamén unha oficina de información xuvenil para calquera dúbida que teñas sobre programas de Xuventude, estudos, emprego, bolsas, viaxes, actividades, garantía xuvenil... e tamén está o centro Quérote+ para resolverche as dúbidas sobre afectividade, sexualidade, relacións, ITS, probas de VIH, de embarazo...

Aquí podes facer o carné xove, isic, teacher e alberguista

Este espazo está na rúa Ramón Piñeiro 17-19 de Santiago de Compostela e podes acudir de luns a venres entre as 8 da mañá e as 8 da tarde.

Máis información no Centro coordinador de información xuvenil, teléfono 881 997 606

 

imaxeCX

Dende hoxe pasan a formar parte da oferta de establecementos onde se ofrecen descontos a mocidade posuidora do carné xove, dous novos establecementos:
 
1. COPISTERÍA OSITOS,  AVDA. SALVADOR DE MADARIAGA,
    49  BAIXO, 15008 A CORUÑA.
2. LA ANTIGUA LIBRERÍA,  AVDA. SALVADOR DE MADARIAGA,
    49  BAIXO, 15008 A CORUÑA.
 
Os descontos que aplicarán son: 
  • 5% libros de texto e lectura
  • 15% en material de libraría e papelería, fotocopias, impresións, encadernacións, plastificados e impresión de fotos
 
Así, pois, mozos e mozas xa podedes desfrutar nestes establecementos  das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove!

Es Pop Up é unha Mostra de Iniciativas de Economía Social que terá lugar no Mercado de San Agustín da Coruña. Será os días 7, 8 e 9 de novembro de 2019.

A iniciativa –impulsada por EspazoCoop- forma parte do proxecto europeo LACES, co que se pretende fomentar a economía social na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.

Na Mostra participarán proxectos empresariais da Economía Social en fase de creación e consolidación que exporán os seus produtos e servizos para ter unha experiencia real de venda que lles reporte unha aprendizaxe coa que mellorar o seu modelo de negocio.

Un total de 13 entidades e iniciativas de economía social galegas estarán presentes no Pop Up.

O horario de apertura da Mostra ao público será de 10.00 a 14.30 horas e de 17.30 a 19.30 horas. Para o xoves día 7, ás 10.15 horas, está prevista a inauguración institucional do evento.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Os POP UP buscan difundir os valores e as vantaxes da ECONOMÍA SOCIAL -ES-, ofrecendo experiencias reais para testar os produtos, os servizos e os proxectos nunha situación de venda real, achegándoas ao público e permitíndolles establecer un diálogo que traslade unha visión desde o punto de vista da persoa receptora.

Máis información na web de Unión de Cooperativas Galegas ESPAZOCOOP 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organizou unha xornada de información xuvenil en Baiona, dirixida a alumnos/as do Ciclo formativo de grao superior en Animación sociocultura e Turística o día 21 de outubro.​

 

solainacafeteria

Dende hoxe pasa a formar parte da oferta de establecementos
onde se ofrecen descontos a mocidade posuidora do carné xove,
un novo establecemento:
 
SOLAINA CAFETERÍA/TAPERÍA
PASEO 24, GALERIAS SOL, LOCAL 5C
32003 OURENSE
OURENSE
 
Os descontos que aplicará son: 
  • 10% en pratos combinados, hamburguesas, sándwich e bocadillos.
 
Así, pois, mozos e mozas xa podedes desfrutar neste establecemento das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove!

 Dende hoxe pasa a formar parte da oferta de establecementos onde se ofrecen descontos a mocidade posuidora do carné xove ADAMS FORMACIÓN, nos seus centros da Coruña, Santiago de Compostela e Ourense.

foto adams

 
ADAMS FORMACIÓN
RÚA CABALLEROS, Nº7 - BAIXO
15006 A CORUÑA
A CORUÑA
 
ADAMS FORMACIÓN
RÚA ESCULTOR CAMILO OTERO, Nº17
15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA
A CORUÑA
 
ADAMS FORMACIÓN
RÚA PEÑA TREVINCA, Nº24
32005 OURENSE
OURENSE
 
Os descontos que aplicarán son: 
  • 10% en libros, cursos e oposicións.
 
 
Así, pois, mozos e mozas xa podedes desfrutar nestes establecementos das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove!

O Instituto da Mocidade editou “Orientacións”, unha guía para loitar contra o odio na internet que pretende ser un breve manual útil para a difusión dos conceptos relacionados cos dereitos humanos e a liberdade de expresión, así como expor e afrontar o reto de defender estes dereitos na internet desde unha perspectiva nova.
Tamén nace co obxectivo de converterse nunha ferramenta práctica para a acción, o traballo formativo e de sensibilización, dirixida tanto aos propios mozos/as como aos formadores, para fixar de maneira sinxela os conceptos esenciais relacionados co discurso de odio  online e achegar mecanismos para combatelo.

http://www.injuve.es/sites/default/files/adjuntos/2019/07/orientacionesnohate-folleto-junio2019artefinal1.pdf

 

imaxeCX

Dende hoxe pasa a formar parte da oferta de establecementos
onde se ofrecen descontos a mocidade posuidora do carné xove,
un novo establecemento:
 
OLAYA BRIÓN ESTILISMO
TRAVESÍA DE MANZANARES, 4
15960 RIVEIRA
A CORUÑA
 
Os descontos que aplicará son: 
  • 15% de desconto en peiteados, cortes, alisados, mechas, balayage, tintes, recollidos, asesoría de imaxe e consulta de dermotricoloxía. (Non acumulable a outras promocións)

 
Así, pois, mozos e mozas xa podedes desfrutar neste establecemento das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove!

Programa Xogade

Set 25, 2019

A Secretaría xeral para o Deporte convoca o programa Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar), curso 2019/2020.

Poderán inscribirse neste programa os centros de  ensino, Anpas, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas, asociacións, etc. que o desexen, pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.

As actuacións do programa para a tempada 2019/2020 son:

– Actividade deportiva escolar.
– Actividade deportiva federada.
– Seguro federado 6 a 16 anos.
– Coñece o meu club.
– Xogos populares.
– Proxecto Deportivo de Centro.
– Xogando coa auga e co vento.

Máis información en http://xogade.xunta.es/es/xogade
www.deporteescolargalego.com