Novas e actividades (894)

O Programa Acompañamento nos Hospitais e Centros de Saúde, impulsado pola Consellería de Política Social e a Consellería de Sanidade é un proxecto de humanización que consiste na realización por persoas voluntarias de actividades de acompañamento e apoio á información aos usuarios/as e visitantes que reciben asistencia sanitaria nalgún centro público do Servizo Galego de Saúde. Estas accións voluntarias realizanse dentro dos diferentes programas executados pola persoa designada polas distintas áreas sanitarias para desenvolver actividades de humanización dos hospitais e centros de saúde implicados.

O obxectivo principal do programa é mellorar a experiencia do paciente no contacto coa asistencia sanitaria e o enriquecemento persoal das persoas voluntarias que facilitan o benestar persoal das persoas usuarias.

Accións voluntarias

Voluntariado de apoio á información:

Axuda aos/as usuarios/as informados nos puntos de información polo persoal do Sergas, sobre os recursos e servizos existentes no hospital ou centro de saúde co acompañamento a estes.
Acompañamento aos/as usuarios/as , que así o soliciten, ao seu lugar de destino dentro do centro sanitario.

Voluntariado social:

Acompañamento en programas específicos e actividades lúdicas, departicipación social, actividade de apoio e accesibilidade, relacional (conversación, paseo, lectura) desenvolvidas por cada hospital ou centro de saúde en cuestión.

Quen pode formar parte do Programa Acompañamento nos hospitais e centros de saúde de Galicia?

Poderá ser voluntaria/o calquera persoa maior de idade que de xeito altruísta e solidario desexe realizar as actuacións descritas para contribuir a mellora da calidade de vida da comunidade.
 
Para facerse voluntaria/o debes entrar na páxina web http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=387 e cubrir o correspondente formulario de inscrición

Galiciencia 2020

Xan 21, 2020

Galiciencia é unha feira científica co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato; e que permanece aberto ao público xeral.
Celébrase no Parque Tecnolóxico de Galicia os días 6, 7 e 8 de maio de 2020 en horario de 10h a 13 h e de 15h a 18h, a excepción do venres que será en horario de mañá.

O obxectivo principal da Galiciencia é servir de punto de encontro para rapaces e rapazas de todas as idades con ideas innovadoras e con ganas de mostralas ao público nos stands que a Tecnópole pon á súa disposición durante tres días. Tanto eles como os visitantes teñen ocasión de participar tamén nos talleres, espectáculo científico, concursos e outras actividades paralelas que se renovan en cada edición.

PARTICIPACIÓN
Pódese participar en Galiciencia de diferentes modos (dun, varios ou todos):

1. Como protagonistas na Exposición de Proxectos
Os estudantes que desenvolveron de forma previa á feira e co apoio dos seus profesores/as, un proxecto utilizando o método científico relacionado tanto coas Ciencias Experimentais como coas Ciencias Sociais expóñeno e explican ao público visitante. A cada proxecto asignaráselle un stand modular de 2 x 1 m con tarima e moqueta, iluminación, cadro individual e unha regreta, cunha mesa e dúas cadeiras dentro da carpa habilitada para tal fin, que contará con conexión a internet a través de wifi.

2. Como visitantes
Os estudantes e docentes pertencentes a centros de ensino de toda Galicia asisten á exposición de proxectos e participan de forma activa no resto das actividades programadas durante a Galiciencia:
- 3 talleres didácticos relacionados coa temática elixida para o ano en curso.
- 2 talleres específicos para Primaria e Educación Especial.
- 1 espectáculo de ciencia: con sesión de vídeo en streaming para facilitar e ampliar o alcance do proxecto.

3. Como Participantes nas actividades previas á Galiciencia
Goza de calquera das actividades ou de todas elas se queres.

1. DESAFÍO ¡ATRÉVETE COA INNOVACIÓN DO FUTURO!
Dirixido a estudantes pertencentes a centros de Galicia dos últimos cursos de Primaria (4º, 5º e 6º), Secundaria e Bacharelato, que conformarán as tres categorías a través das cales se pode participar.
O concurso constará de dúas fases:
- 1ª fase non presencial, que constará de tres desafíos a realizar a distancia que se enviarán por correo electrónico para a súa valoración.
- 2ª fase presencial, constará dun desafío final que terá lugar o último día de Galiciencia de 11:00-12:00h e na que participarán os tres grupos mellor puntuados de cada categoría na primeira fase, e da que sairán os gañadores absolutos por categoría.

2. CONCURSO DESEÑO CAMISETA:  https://www.galiciencia.com/camiseta.html
Debuxo para a camiseta oficial de Galiciencia dirixido a estudantes de Primaria e Educación Especial.

3. CONCURSO FOTOGRÁFICO:  https://www.galiciencia.com/fotografia.html
Dirixido a estudantes de Secundaria, Bacharelato e FP e docentes, ambos os dous relacionados coa temática de celebración da Galiciencia.

https://www.galiciencia.com

 

NLKeducation rojo

"CURSOS DE IDIOMAS NO EXTRANXEIRO CON NEWLINK EDUCATION " 

Co teu carné xove tes a oportunidade de facer un programa de idiomas con Newlink Education. Estuda idiomas nas mellores escolas do mundo e realiza as actividades máis de moda en cada país cos seus programas xuvenís de verán; ou coñece unha nova cultura e domina o seu segundo idioma a través dos seus anos escolares no estranxeiro.

  • Programa de idiomas no estranxeiro para mozos (de 13 a 18 anos)

           - 250 € de desconto en todos os programas.NLK carne joven adultos

  • Oferta de ano escolar en Irlanda, Canadá, Reino Unido, Francia, Alemaña, etc.

          - Ano escolar calquera destino: 700 € de desconto ata o 27/03/2020 ou esgotar prazas.
          - Trimestre escolar calquera destino: 300 € de desconto ata o 27/03/2020 ou esgotar prazas.

  • Oferta de cursos de idiomas para adultos no estranxeiro (+18 anos)

         - Ofrecémosche 40 € de desconto para cursos de 2 semanas e 50 € de desconto para
           cursos de 3 semanas.

         - Ofrecémosche un prezo mellor que se contratas directamente coa escola.


Para obter máis información, visite https://www.newlinkeducation.com/carne-joven/

 

imaxeCX

Dende hoxe pasan a formar parte da oferta de establecementos onde se ofrecen descontos a mocidade posuidora do carné xove,
dous novos establecementos:
 
1. ARREPIONS, A CHAN 36 - BARCELA, 36435 ARBO, PONTEVEDRA
2. VAGUADA AVENTURA, LOMBA 50 - MOURENTAN, 36430 ARBO, PONTEVEDRA
 
Os descontos que aplicarán son: 
  • 10% en actividades deportivas no rio Miño
 
Así, pois, mozos e mozas xa podedes desfrutar nestes establecementos  das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove!

 

Disneyland

"DISNEYLAND PARK"

OFERTA EXCLUSIVA DE INVERNO PARA PERSOAS TITULARES DO CARNÉ XOVE, do 6 de xaneiro ao 1 de abril de 2020.

Grazas ao teu CARNÉ XOVE EUROPEO, aproveitas máis dun 50% de desconto: o prezo da entrada para un parque temático dun día / dous é de só 55 € no canto de 107 €. 

Compra o teu billete en cartejeunes.fr 

 
Así, pois, mozos e mozas xa podedes desfrutar das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove nesta promoción!

O Instituto da Xuventude, convoca as axudas para a realización de actividades no capítulo de Xuventude do Programa de acción comunitario Erasmus+

Acción clave 1: Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe
Acción clave 2: Asociacións estratéxicas no ámbito da mocidade
Acción clave 3: Proxectos de Diálogo da Mocidade

Obxecto, prioridades, condicións e finalidade da concesión.

Os seguintes obxectivos xerais:
- Promover a cidadanía activa entre mozas, en especial a europea.
- Potenciar a solidariedade e promover a tolerancia.
- Favorecer o entendemento mutuo entre mozos
- Contribuír a mellorar a calidade dos sistemas de apoio ás actividades de mozas e reforzar a capacidade das organizacións da sociedade civil no ámbito da mocidade.
- Favorecer a cooperación europea no ámbito da mocidade.

Ademais, o programa de traballo para 2020 da Axencia Nacional establece as seguintes prioridades nacionais, que serán tidas en conta na selección e valoración dos proxectos:
- Desenvolvemento de habilidades e competencias relevantes e de alta calidade, especialmente aquelas dirixidas a fomentar a empregabilidade e o desenvolvemento  socioeducativo e persoal, así como a participación na vida social e cívica.
- Promover a educación para o emprendemento, o emprendemento social e as actividades sen fins de lucro entre a mocidade.
- Inclusión social: accións que axudan a abordar a diversidade e promoven, en particular a través de enfoques innovadores e integrados, a apropiación de valores compartidos, a igualdade, incluída a igualdade de xénero e a loita contra a violencia de xénero, a non discriminación e a inclusión social. Tamén haberá unha especial atención á mocidade no medio rural e os seus problemas específicos.
- Proxectos que traten temas relacionados coa loita contra a radicalización e violencia na mocidade.
- Fomentar a inclusión e a empregabilidade dos mozos con menos oportunidades (incluídos os  NEET), con especial énfase nos mozos en risco de marxinación.
- Proxectos que poñan en valor e que incentiven á mocidade para participar nos procesos electorais.
- Proxectos de concienciación e sensibilización ambiental: uso racional de recursos, sustentabilidade para non comprometer os recursos das futuras xeracións. Promoción de hábitos de vida saudable.

Guía do programa Erasmus+: http://www.erasmusplus.injuve.es

Os solicitantes deberán rexistrarse previamente segundo o procedemento establecido na Guía do Programa.

Prazo de presentación de solicitudes.

Todos os prazos de presentación das solicitudes especificados expiran ás 12:00 h (mediodía), hora de Bruxelas.

Para a Acción clave 1 (Intercambios xuvenís e Mobilidade de traballadores no ámbito da mocidade) e Acción Crave 3, Proxectos de Diálogo da Mocidade:

- 5 de febreiro de 2020, para proxectos que comecen entre o 1 de maio e o 30 de setembro de 2020
- 30 de abril de 2020, para proxectos que comecen entre o 1 de agosto e o 31 de decembro de 2020.
- 1 de outubro de 2020, para proxectos que comecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio de 2021.

Para a Acción clave 2. Asociacións estratéxicas no ámbito da mocidade:

Para as Asociacións Estratéxicas de apoio ao intercambio de boas prácticas:
- 5 de febreiro de 2020, para proxectos que comecen entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2020
- 30 de abril de 2020, para proxectos que comecen entre o 1 de setembro de 2020 e o 31 de xaneiro de 2021
- 1 de outubro de 2020, para proxectos que comecen entre o 1 de febreiro e o 31 de maio de 2021

Para a Asociacións Estratéxicas de apoio á innovación:
- 30 de abril de 2020, para proxectos que comecen entre o 1 de setembro de 2020 e o 31 de xaneiro de 2021.

Máis información no BOE do 3 de febreiro de 2020 e en http://www.erasmusplus.injuve.es/

A Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional ven de convocar un novo Proceso de Acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 13 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2020.

A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 13 de xaneiro de 2020.

- Consultar a orde de convocatoria

- Consultar a OFERTA DE UNIDADES DE COMPETENCIA

Puntos de información e orientación

  • Departamentos de información e orientación profesional dos centros integrados de formación profesional.
  • Departamentos de orientación dos centros educativos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que impartan formación profesional.
  • Subdirección Xeral de Formación Profesional.
  • Asesoría de información e orientación profesional. Teléfono: 981 546 538.
  • Asesoría de acreditación de competencias. Teléfono: 981 540 219.

Máis información en edu.xunta/fp

 Dende hoxe pasa a formar parte da oferta de establecementos onde se ofrecen descontos a mocidade posuidora do carné xove a ESTACIÓN DE MONTAÑA OCA MANZANEDA.

 

IMG 20191216 WA0002

ESTACIÓN DE MONTAÑA OCA MANZANEDA
ESTACIÓN DE MONTAÑA MANZANEDA, S/N
32780 A POBRA DE TRIVES
OURENSE
 
 
Os descontos que aplicará son: 
  • Forfait día

Tempada Alta: 25€ - con Carné Xove: 23€

Tempada Baixa: 20€ - con Carné Xove: 18€

 
  • Desconto do 10% en aloxamento individual, tanto en só aloxamento como en pesión completa ou media pensión.
 
 
Así, pois, mozos e mozas xa podedes desfrutar neste establecemento das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove!

Erasmus+ é o programa da Comisión Europea nos ámbitos da educación e a formación, a mobilidade de mozas e mozos e o deporte para o período 2014-2020.

As entidades públicas ou privadas que traballen coa mocidade poderán solicitar financiamento, pero tamén poderán facelo os propios mozos/as implicados en proxectos relacionados coa mobilidade de estudantes ou traballadores e as asociacións estratéxicas, estean ou non integrados en organizacións xuvenís.

As roldas de presentación de candidaturas finalizarán o 5 de febreiro, o 30 de abril e o 1 de outubro e os proxectos poñeranse en marcha a partir do 1 de maio. Pódense consultar aqueles que resulten aprobados na Plataforma de Resultados:
https://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/projects_es

Todos os detalles da convocatoria atópanse na guía publicada pola Comisión Europea:
https://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources/documents/erasmus-programme-guide-2020_es