Novas e actividades (988)

A editora vasca Astiberri abriu ao público de xeito gratuíto a edición electrónica de El Héroe volume 1, obra do ourensán David Rubín. A primeira parte desta novela gráfica, que marcou o despegue internacional do autor, está dispoñible no marco da iniciativa "Astiberri en pixama", coa que a editora convida a ler de balde varias das súas obras en catálogo ademais de propor actividades e encontros virtuais con diferentes autores para o período de illamento.

El Héroe: https://www.astiberri.com/products/el-heroe-vol-1 

Outras bandas deseñadas dispoñibles en aberto: https://www.astiberri.com/posts/astiberri-se-queda-en-casa

A Asociación cultural Dous Punto Oito publicou na rede o seu documental A viaxe de Ruth. Dirixido por Jaime Pardo e Xosé Reigosa, o documental segue o fío da propia viaxe da fotógrafa Ruth Matilda Anderson e o seu pai pola Galicia dos anos 1924 a 1926. Con entrevistas a expertos, comparativa entre o escenario das fotos e o actual, entrevistas a descendentes dos protagonistas das fotos e coidadas recreacións da viaxe, o documental permítenos comprender as circunstancias de elaboración dun dos corpus fotográficos máis importantes da Galicia de principios do século XX. Podes velo completo nesta nova.

ruth3

O Parlamento Europeo da Mocidade convídate a interesarte pola actualidade e o proceso democrático, a pensar por ti mesmo e a tomar a iniciativa.

Queres participar?
Condicións:
- ter entre 16 e 22 anos de idade
- estudar en Europa
- ser de mentalidade aberta e ter curiosidade por descubrir outros puntos de vista, outras culturas e outras persoas
- interesarse por cuestións que afectan á sociedade na que vives
- querer pasalo ben.
Se contestaches "si" a todas estas preguntas, podes optar a participar nunha das sesións do Parlamento Europeo da Mocidade. Pero lembra que, para participar nas sesións internacionais, primeiro debes gañar o concurso nacional organizado polo teu comité nacional. En cambio, en moitas sesións rexionais o trámite para participar é máis sinxelo.

Ponte en contacto co teu Comité Nacional para saber que tes que facer: http://www.eype.es/

Como funciona?
O Parlamento Europeo da Mocidade organiza 3 sesións de dez días ao ano, cada vez nun país diferente. En cada sesión, os delegados reúnense en comisións multinacionais que estudan diferentes asuntos sobre os cales emiten unha Resolución que se debate na Asemblea Xeral.

Datos sobre a organización
O Parlamento Europeo da Mocidade é un lugar privilexiado para a mocidade europea que queren participar no debate político e coñecer novas culturas. Xestionado pola Fundación Heinz- Schwarzkopf "Europa Nova", o Parlamento Europeo da Mocidade permite a máis de 20.000 mozos de 35 países participar cada ano en máis de 100 eventos rexionais, nacionais e internacionais.

En España:  http://www.eype.es/ 

En Europa: https://eyp.org/ 

 

A Rede de bibliotecas de Galicia pon a túa disposición o seu catálogo de libros e películas en formato dixital para que podas ver na casa.

Como ler ou como ver unha película?

Se xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, soamente precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa biblioteca.

Que non tés carné de biblioteca? Rexístrate e coas claves que recibirás, accederás igualmente a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.

Que libros ou que películas podes ver?. Estes: https://catalogo.galiciale.gal/

Amtega, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia amplía o período de validez da Chave365 para aquelas persoas ás cales o dito período de validez lles remate durante a vixencia do estado de alarma e polo tempo de duración deste.

As persoas ás cales corresponda realizar a modificación da súa clave de acceso durante a vixencia do estado de alarma poderán seguir utilizando o sistema aínda que non realicen a modificación da clave durante o dito período.

Maís información no DOG do 2 de abril de 2020

Tes algún proxecto cultural ou educativo interesante?

Descubre como artistas, cineastas, artistas, amantes dos libros e o cinema e todo tipo de profesionais culturais e creativos podedes participar no programa Creative Europe cos vosos proxectos culturais ou educativos

Os programas da Comisión Europea "Europa Creativa" buscan aproveitar ao máximo as oportunidades presentadas pola era dixital e a globalización.

Crees que podes contribuír cos teus proxectos? Estate atento ás convocatorias de propostas!

Se ten algunha pregunta, non dubides en comunicarse con Creative Europe Desk

https://europa.eu/youth/eu/article/41/15189_es 

Con todas as diferentes historias, tradicións e idiomas de Europa, hai tamén unha diversidade de culturas. SALTO ofrece recursos, información e cursos de formación sobre temas de diversidade cultural.

SALTO Diversidade cultural pon á túa disposición ferramentas, métodos, materiais e ligazóns relacionadas coa formación, a aprendizaxe e os recursos en varios temas de diversidade cultura, como estes:
- Os xitanos, que seguen sendo unha das minorías máis desfavorecidas de Europa e soportan as maiores taxas de desemprego, teñen os niveis de educación máis baixos, sofren unha pobreza xeneralizada e están excluídos socialmente.
- A educación para a paz e a xestión de conflitos é un asunto de importancia debido á actual situación política e social en toda Europa.
- A competencia intercultural, que pode ser moi útil para a vida e o traballo.
- O diálogo intercultural e entre relixións: un diálogo aberto e respectuoso de puntos de vista entre persoas e grupos de diferentes razas, culturas, relixións e contexto e patrimonio lingüístico.
- A inclusión de minorías culturais: sería moi enriquecedor se os grupos minoritarios e maioritarios intercambiasen e descubrisen a cultura dos outros en pé de igualdade.
- Tamén podes atopar axuda para desenvolver os teus propios proxectos sobre diversidade cultural e para formación. Consulta as próximas actividades sobre diversidade cultural e ponche a traballar!

Que é?
SALTO significa apoio, aprendizaxe avanzada e oportunidades de formación (Support, Advanced Learning and Training Opportunities). É unha rede de oito centros de recursos que traballan en sectores prioritarios europeos dentro do ámbito da mocidade, apoiando o programa Mocidade en acción da Comisión Europea.

SALTO Diversidade cultural é un deses centros.

https://www.salto-youth.net/rc/inclusion/ 

No apartado do Observatorio Galego de Xuventude da nosa web podes consultar, entre outros, un documento analizando as saídas porfesionais nas distintas comarcas de Galicia durante o 2019:

http://xuventude.xunta.es/images/Observatorio_Galego_da_Xuventude/a%C3%B1o_2020/Saidas_profesionais_comarcais_2019.pdf

O Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE) da Cámara de Comercio de España está dirixido á mocidade beneficiaria de Garantía Xuvenil. Preséntase a través das cámaras provinciais, con dous plans: formación e mobilidade.

O obxectivo é facilitar a inserción laboral, mellorando a capacitación e  cualificación para mellorar o acceso ao mundo laboral da mocidade en situación de desemprego.

O plan de mobilidade ofrece a posibilidade de realizar prácticas de 3 a 6 meses nunha empresa estranxeira cunha axuda para o transporte, en función da distancia, e unha achega mensual, que varía en función do nivel de vida do país de destino.

Tamén cobre o seguro de viaxes e médico durante o tempo de prácticas.

Requisitos
- Mocidade de 18 a 29 anos que non estean en activo (nin estudando nin traballando) e atópense inscritos no sistema de Garantía Xuvenil.
- Deben posuír unha titulación acorde coa ocupación demandada.
- Terán un nivel mínimo de B1 da lingua en que se realizarán as prácticas.

Como participar?
Para poder participar hai que contactar coas cámaras provinciais que participen no programa e que teñan a convocatoria aberta

Pódese atopar unha oferta de prácticas a través da bolsa do plan ou ben facer unha procura por libre e atopar unha empresa que che acepte como persoa en prácticas.

Deberase encher a solicitude e unha carta de motivación, así como facilitar toda a documentación requirida: inscrición en Garantía Xuvenil e nivel de idiomas, entre outros.

Prazo:  aberto todo o ano

https://empleoygarantiajuvenil.camara.es/descubre-el-plan-de-movilidad-pice#formulario

A Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela proponvos un xogo para celebrar o día internacional da poesía. 

O xogo da poesía consiste en compoñer un poema con títulos de libros que teñades na casa e compartir unha foto cos lomos dos libros polas redes co cancelo #poetasnacasa

 

Atréveste?