Novas e actividades (988)

U-lo Xurxo?

Abr 27, 2020

Dende a Escola de Tempo libre Aventeira comparten unha proposta lúdica que idearon para pasar un bo rato coa familia e os amigos. Convertidos en auténticos investigadores, os xogadores e xogadoras poderán coñecer distintos puntos de Galicia sen saír da casa, nestes días nos que toca quedarse dentro dela.
O xogo é ofrecido de balde e está dirixido tanto a pequenos como a maiores.

Con esta premisa dá comezo U-lo Xurxo?
“Un amigo noso, Xurxo Crespo, ía facer o camiño de Santiago hai un par de meses, quedou en virnos visitar cando rematara… Pero nunca se puxo en contacto con nós”.

“As últimas novas que temos del son que pensaba aloxarse en Silleda a noite do 21 de febreiro, pero a xente do hostal nos confirma que nunca chegou alí…”.

Non hai tempo que perder para dar co Xurxo… Úneste á busca?  U-lo Xurxo?:  https://aventeira.com/u-lo-xurxo/

Somostribo

Abr 27, 2020

Somostribo é un proxecto comunicativo, xornalístico e social que pretende darlles voz a galegas e galegos.
Polo momento, presenta entrevistas en profundidade a figuras destacadas da cultura, a sociedade e o deporte galegos como a cantante Guadi Galego, a deportista Verónica Boquete, o humorista Xosé A. Touriñán ou o xornalista e escritor Moncho Vilar. "É un compromiso con Galicia, para coñecernos, recoñecernos e para identificarnos co universo que temos en común". As entrevistas van asinadas polos xornalistas Xabier Colmeiro e Marga Pazos.

http://somostribo.gal/ 

Como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, a Consellería de Educación publica instruccións de como se desenvolverá o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) dos ciclos formativos, a formación práctica de ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas artísticas superiores, a formación profesional dual e as ensinanzas deportivas.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30894 

O grupo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol convidannos a participar na seguinte actividade:

"As persoas maiores son o grupo máis vulnerable ao virus COVID-19. Como o resto de cidadanía, están a gardar corentena: algunhas nos seus domicilios e outras en residencias. Malia que non todas as persoas viven o illamento da mesma maneira, hai quen non conta cunha rede de apoio que poida coidalas, aínda que sexa na distancia.

Os correspondentes, co noso espírito de voluntariado, propoñemos compartir palabras e agarimo contra a soidade. O contacto coa mocidade daralles ánimos para manter a súa moral elevada. A nós enriquecerannos coa súa experiencia e tamén nos permitirán sentirnos mellor.

Propoñemos as seguintes accións:

- Comprometernos a chamar periodicamente a anciáns da nosa contorna, familiares, amigos, veciños...
- Pedirlles que nos conten anécdotas felices das súas vidas; comentar con elas e eles temas que resulten interesantes (como era a escola antes, como é agora, que propostas teñen para mellorala; que opinan das novas tecnoloxías...)
- Contactar con residencias de maiores por se lles interesa que organicemos charlas cos residentes sobre temas do seu interese.
- Deseñar exercicios de memoria ou xogos para esquecer un pouco o drama que se está vivindo.
- Gravar vídeos ou audios con lecturas para entretelos.
Con esta última proposta podemos comezar hoxe co gallo do Día do Libro"

O Erasmus para Mocidade Emprendedora é un programa de intercambios transnacionales que ofrece a emprendedores noveis e persoas que desexan crear unha empresa a oportunidade de aprender de empresarios experimentados que dirixen pequenas empresas noutros países participantes.

O intercambio de experiencias prodúcese no marco de estancias con empresarios experimentados durante as cales os novos emprendedores poderán adquirir as habilidades necesarias para dirixir unha pequena ou mediana empresa.Os anfitrións benefícianse dunha nova perspectiva sobre o seu negocio e adquiren a oportunidade de cooperar con socios estranxeiros ou coñecer novos mercados.

A túa principal ligazón durante o Programa Erasmus para Mozos Emprendedores será o teu punto de contacto local. Estas entidades designadas pola Comisión Europea ofreceranche orientación ao longo do intercambio: axudaranche a presentar a solicitude e a establecer unha relación frutífera cun/a empresario/a adecuado/a, ademais de resolver calquera dúbida.

https://www.erasmus-entrepreneurs.eu/page.php?cid=20 

Aquí podedes consultar lecturas recomendadas polos/as Correspondentes Xuvenís de toda Galicia ao longo de varios cursos.

Buscamos aportacións... se tes algún libro ou cómic que che gustara especialmente, podemos incluilo na lista... podes facer a túa suxestión a través do noso correo:   informacion.xuventude@xunta.gal

Onde podes conseguir estes libros? mentres dure o confinamento podes ler libros dixitais prestados en https://www.galiciale.gal/

Cando acabe a corentena podes usar o teu carné xove para obter descontos en moitas librarias

Libros recomendados por Correspondentes Xuvenís

Na AECC, seguen co programa “Ciencia para todos”, agora desde a casa. Debido á actual situación de confinamento, os seus obradoiros de divulgación científica para escolas foron cancelados, pero levan a ciencia aos máis pequenos e pequenas da casa a través do programa #CienciaEnCasa.
Obradoiros e actividades para toda a familia con materiais que todos temos á man, levados a cabo por científicos e acompañados polos seus SuperCiencias.

Os obradoiros compartiranse todos os xoves ás 17 h, na conta da AECC en Instagram e Facebook.
Na súa páxina web atoparedes os obradoiros realizados ata o de agora e materiais extra,escúbreos!: https://www.aecc.es/es/investigacion/ciencia-para-todos

Cómics...

Abr 21, 2020

Aira Editorial liberou en pdf o seu último lanzamento no campo da novena arte. Carriandola, asinada por Eloysius e Simón Blanco, narra as aventuras da nena Mariña nun ano 2020 alternativo con toques apocalípticos.

carriandola    

  Carriandola  

 

 

 

 

O guionista David Braña compilou e lanzou na rede un documento con cen páxinas de historias curtas que realizou para diferentes publicacións. Co título Historietas para el confinamiento a publicación pretende contribuír a pasar este período de feche no fogar.

davidabraña

 

 Historietas para el confinamiento

 

 

A Consellería de Educación publica orientacións provisionais para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente)

Continuidade do calendario escolar
Durante o terceiro trimestre os centros docentes continuarán coa atención educativa ao alumnado, desenvolvendo actividades que permitan aos alumnos e alumnas manterse incorporados á aprendizaxe continua e suscitar o seu interese por aprender, de modo non presencial ou, de ser o caso, presencial, en función das recomendacións que diten as autoridades sanitarias.

Avaliación
A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter diagnóstico e formativo en todas as etapas, ciclos e ensinanzas, para valorar os avances realizados e os atrasos que se teñan podido producir, con obxecto de planificar as medidas de recuperación que sexan necesarias e programar o vindeiro curso.

A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850

A Xunta de Galicia pon en marcha esta semana na Cidade da Cultura o programa Aventuras no monte das artes, unha actividade en liña que achegará ás familias contidos para que a cativada explore as súas habilidades artísticas a través de xogos e divertidos desafíos. Trátase de ofrecer recursos culturais e de lecer neste momento de confinamento e no marco da campaña da Consellería de Cultura e Turismo #aculturasegue.

A través da personaxe a Raposa Fedella iráselles presentado ás familias –no Facebook, Instagram ou Twitter da Cidade da Cultura- desafíos e retos vencellados coa pintura, coa arquitectura, coa fotografía ou con outras disciplinas artísticas. O Servizo de Educación, Mediación e Atención ao Visitante do Museo Centro Gaiás deseñou este programa adaptando os contidos dun xeito pedagóxico para rapaces e rapazas de Educación primaria.

O obxecto é que esta aproximación ás artes sexa unha experiencia dinámica, estimulante e divertida na que os máis pequenos e pequenas poñan en práctica o seu enxeño e habelencias, á vez que lles supoña unha aproximación desde o xogo e as tecnoloxías.

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/aventuras-no-monte-das-artes-resolve-os-retos-da-raposa-fedella