En portada (1154)

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou as actividades deste centro e mantivo unha xuntanza de traballo cos concelleiros da área das comarcas de Fisterra, Muros, Noia e Barbanza

Nesta instalación tamén se realizarán obradoiros do servizo Quérote+, centrados nas relacións afectivo-sexuais, a imaxe persoal, a prevención de drogodependencias ou o uso seguro das rede sociais

Desenvolveranse tamén actividades de lecer, moitas delas en colaboración con asociacións xuvenís, así como exposicións sobre distintas materias

Con respecto ao carné xove, unha iniciativa que se seguirá fomentando este ano, hai actualmente 71 establecementos adheridos a este servizo e 1.483 usuarios nestas catro comarcas

O Espazo Xove de Noia ofrecerá en 2013 un total de 12 cursos de educación non formal para a mocidade, que sumarán máis de 500 horas lectivas e poderán chegar ata a 250 mozos e mozas. Os cursos serán de carácter gratuíto e impartiranse de xeito semipresencial.

O directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe as actividades deste centro para este ano. A continuación mantivo unha xuntanza de traballo cos concelleiros desta área das comarcas de Fisterra, Muros, Noia e Barbanza.

O espazo de Noia forma parte da rede de 12 instalacións xuvenís que hai en Galicia xunto con Lalín, Vilagarcía, Tui, Vilalba, Viveiro, Chantada, Betanzos, Carballo, Curtis, Ourense e Pontedeume.

Entre os cursos que se impartirán en 2013, destacan entre outros o de “inglés para información xuvenil”, a “formación en emancipación xuvenil e orientación laboral”, ou o “fomento do tecido asociativo”.

Ademais desta oferta, na instalación noiesa tamén se realizarán este ano obradoiros do servizo Quérote+, que se centrarán nas relación afectivo-sexuais, a imaxe persoal, a prevención de drogodependencia ou o uso seguro das redes sociais. Os técnicos do Quérote atenderán os martes, individualmente e garantindo a confidencialidade, aos mozos que demanden asesoramento nestas temáticas.

Toda esta programación estará acompañada pola organización de actividades de lecer, moitas deles en colaboración con asociacións xuvenís, entre as que se inclúen ballet clásico, danza moderna, baile galego, sevillanas, bailes de salón, breakdance, teatro, xadrez, percusión, pandeireta, gaitas, violín, ioga, pilates, bailoterapia e apoio escolar.

O Espazo Xove acollerá tamén distintas exposicións sobre o movemento asociativo xuvenil vinculado a este centro, ou o dereito á información da mocidade; así como a mostra fotográfica de alumnos do ciclo medio Virxe do Mar ou das obras gañadoras na modalidade de artes plásticas do certame Xuventude Crea.

Neste centro realízanse tamén os trámites para a obtención de carnés para a mocidade como o ISIC, Teacher, Alberguista e o carné xove. Tan só no 2012 expedíronse nestas instalacións un total de 190 carnés xove.

Cabe destacar tamén que o centro conta con wifi libre e un aula de informática con 14 equipos, aos que acoden diariamente unha media de 45 rapaces e rapazas de entre 12 e 25 anos. Este ano espérase superar as 8.360 visitas a aula de informática que se rexistraron en 2012.

A toda esta programación hai que sumar outras actividades que xurdirán ao longo do ano en colaboración cos concellos e asociacións xuvenís da zona.

Por outra banda, na xuntanza cos concelleiros das comarcas de Fisterra, Noia, Muros e Barbanza, o director xeral de Xuventude e Voluntariado fixo fincapé en diversos programas autonómicos que estarán en marcha en 2013.

Neste sentido, salientou que se seguirá potenciando en toda Galicia o carné xove. Ao respecto, informou de que nestas catro comarcas hai un total de 71 establecementos adheridos que ofrecen beneficios e descontos, e 1.483 usuarios de entre 12 e 30 anos.

Entre outras iniciativas, Rodeiro tamén mencionou o programa de Iniciativa Xove que permite a posta en marcha de proxectos liderados pola propia mocidade. En 2012 financiáronse en Lousame, Noia e Ribeira un total de 5 proxectos ao abeiro desta liña de axudas.

Tamén destacou o proxecto de Voluntariado Xuvenil (en 2012 participaron nel os concellos de Ribeira, Lousame e Porto do Son), ou outras iniciativas como os intercambios xuvenís con Europa, ou a campaña de verán.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, reuníronse hoxe cos concelleiros da provincia para coordinar e impulsar o traballo conxunto coa mocidade entre a Xunta e os municipios galegos.

Esta é a primeira dunha serie de 12 xuntanzas que o responsable autonómico ten previsto manter cos edís dos municipios galegos.

O ano pasado tomaron parte no programa “Iniciativa Xove” grupos de Barbadás, Xinzo de Limia, Maside, Ribadavia e Ourense.

Ademais, no exercicio anterior incorporáronse ao programa de Voluntariado Xuvenil da Xunta un total de 5 asociacións e 10 concellos da provincia.

En 2013, o Espazo Xove de Ourense ofertará 350 horas de formación para a mocidade, entre as que se inclúen cursos de animación sociocultural e turística, ou sobre programas como Autocad ou Photoshop.

Un total de 11 grupos informais e asociacións xuvenís da provincia de Ourense recibiron financiamento durante o ano 2012 a través do programa de participación “Iniciativa Xove”, unha actuación que ten como obxectivo apoiar proxectos liderados, executados e protagonizados por grupos de mozos e mozas. En concreto, os beneficiarios procedían de Barbadás, Xinzo de Limia, Maside, Ribadavia e Ourense capital (7 grupos).

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, reuníronse hoxe cos concelleiros de xuventude nunha reunión que serviu para coordinar e impulsar as políticas de mocidade na provincia. Esta é a primeira dunha serie de 12 xuntanzas de traballo que o responsable autonómico ten previsto manter cos edís dos municipios galegos. O responsable autonómico animou a difundir a través dos gobernos locais os distintos programas e recursos para a mocidade que porá en marcha a Consellería de Traballo e Benestar en 2013.

Ademais de referirse ao programa Iniciativa Xove, que disporá en 2013 de 730.000 euros para toda Galicia –un 3,5% máis que en 2012-, Rodeiro fixo fincapé na promoción da incorporación da mocidade a labores voluntarias.

Neste sentido, destacou que o obxectivo é incorporar este ano, a través do programa de Voluntariado Xuvenil, un total de 3.000 mozos e mozas a proxectos voluntarios de asociacións e concellos, cun orzamento de 440.500 euros que se destina a sufragar os custos de transporte e mantenza dos voluntarios, así como a xestión e seguro das entidades. En 2012 participaron nesta iniciativa un total de 5 asociacións e 10 concellos da provincia.

Durante a xuntanza, que tivo lugar no Espazo Xove de Ourense, tamén se expuxo a programación deste centro para o ano vixente. Entre outras actuacións, destacou a oferta de máis de 350 horas de formación para a mocidade, entre as que se atopan cursos de desenvolvemento comunitario, de animación sociocultural e turística, de Autocad ou de Photoshop.

Rodeiro salientou tamén que a maioría das actividades deste espazo realízanse en colaboración co movemento asociativo xuvenil da cidade, como poden ser 24 horas de teatro, os obradoiros de DJs, as xornadas de CREA-tividade, a iniciativa A Xuventude Baila, os torneos de xadrez ou a VI edición do Espazo Rock, que programa concertos nas noites dos venres do mes de agosto para grupos noveis da provincia.

Durante a reunión tamén se abordaron outros programas do departamento autonómico como o Galeuropa de mobilidade xuvenil, o Xuventude en Acción, as axudas para o mantemento das oficinas municipais de información xuvenil, a Campaña de Verán, o Carné Xove, ou o plan de formación.

Esta viaxeteca é un espazo aberto aos mozos/as para que poidan consultar documentos, libros, revistas…. de diversa índole, e sobre todo en temas de viaxes, aloxamentos,…  facilitándolles así mesmo  un espazo de lectura e reunión, e sobre todo proporciónalles información para programar a súa viaxe.

A viaxeteca conta con 550 guías de viaxe, aproximadamente, que permiten coñecer todos os continentes, dende o lugar máis meridional de África á Europa máis oriental, pasando polas Illas do Pacífico e o Caribe, dedicando unha atención especial a España, tamén reúne 65 cartafois con información turística sobre diferentes países de Europa e cunha ampla sección dedicada a información sobre España que nos asesora sobre temáticas tan diversas como aloxamento, información sobre as embaixadas en cada lugar, turismo cultural, mapas, actividades, ecoturismo, rutas turísticas, transportes, etc. e 65 rueiros e mapas de estradas para poder consultar e facer previsións de viaxes.

Nesta sala de consulta encontramos tamén diarios diferentes, de tirada nacional e galego e para poñer a disposición dos mozos a información actualizada da xornada.

Ao mesmo tempo tamén dispón de revistas de diversa temática, dende informática, viaxes e entretemento ata revistas divulgativas, entre as que destacamos, por exemplo, El Jueves, Geo, Integral, Nathional Geographic, PC World, Viajar, etc.

Por outro lado conta con tomos da Enciclopedia Galega, referidos tanto a xeografía, historia, arte, literatura, dereito, natureza, etc. Ofreciendo así a posibilidade de coñecer Galicia e de consultar información da rexión.

A sala está adaptada ás novas tecnoloxías e dispón de toma de corrente e sinal WIFI para conectar os ordenadores portátiles, polo que tamén se pode ampliar a información dispoñible nas páxinas de internet.

A Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, regula no Capítulo II do Título IV o Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia como órgano colexiado de participación, representación e consulta das políticas públicas da Xunta de Galicia en materia de xuventude.

A Lei de xuventude habilita expresamente ao Consello da Xunta de Galicia, no seu artigo 53.3, para o desenvolvemento da composición, organización e funcionamento deste órgano consultivo. Ao amparo deste artigo, a Dirección Xeral de Xuventude Voluntariado está a tramitar o proxecto de Decreto polo que se aproba o Regulamento do Consello Asesor e Consultivo da Xuventude de Galicia.

Por tal motivo e en virtude do artigo 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ábrese o trámite de audiencia para todas as entidades de participación xuvenil comprendidas no artigo 3.2 do proxecto, que disporán dun prazo de 15 días hábiles desde a recepción da correspondente notificación, prazo durante o cal poderán facer calquera suxestión, proposta ou recomendación ao texto.

As achegas poderán presentarse en formato papel, debidamente asinadas e seladas, a través de calquera das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Se se presentan na oficinas de correos deberán dirixirse á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, edificio administrativo de San Lázaro S/N (3º andar), 15707 Santiago de Compostela. Así mesmo, tamén poderán enviarse ao enderezo electrónico subdireccion.programas@xunta.es.

Consulta aquí o texto do proxecto de Decreto polo que se aproba o Regulamento do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia.

Foi elaborada pola Fundación Galicia Europa e pretende ser unha ferramenta que redunde de positivamente na carreira profesional e no futuro laboral da mocidade galega

A Xunta publica a II Guía de prácticas e Saídas Laborais na UE e en organizacións internacionais, co principal obxectivo de dar información completa e sinxela á mocidade galega sobre oportunidades para adquirir formación e experiencia laboral nun ámbito internacional. A guía foi elaborada pola Fundación Galicia Europa e pretende ser unha ferramenta que redunde de xeito positivo na carreira profesional e no futuro laboral dos mozos e mozas galegos.

Tras a boa acollida da súa primeira edición, procedeuse a facer unha segunda, actualizada e ampliada, en resposta á enorme demanda entre os recen licenciados e mesmo estudantes universitarios. Deste xeito, imprimíronse 500 exemplares, que se están a repartir gratuitamente nas Universidades galegas, en feiras de emprego e noutros foros xuvenís; e tamén é posible descargala en formato pdf desde a web da Fundación: http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/

A Guía constitúe unha recompilación e síntese das bolsas que ofrecen os distintos departamentos da Xunta de Galicia; entidades públicas e privadas de prestixio; institucións da UE; organizacións internacionais como a ONU, o FMI, a OMC, o Banco Mundial; e mesmo organismos de cooperación internacional como a AECID, Cruz Vermella, Intermon Oxfam, entre outros. Ademais, como novidade respecto á primeira edición, este ano se inclúen as bolsas e prácticas en áreas científicas.

Na compilación recóllense diversos tipos de colaboración con estes organismos: estadías, prácticas non remuneradas, bolsas de formación, campamentos de verán, intercambios para profesores ou lectores, voluntariado europeo, e ata os procedementos para obter postos de traballo en organismos internacionais ou mesmo constituírse en axente contractual da UE. En todo este abano de posibilidades especifícanse os prazos de solicitude, os requisitos, o lugar onde se realizarían as prácticas e ata a retribución, e, no caso de non habela, apúntanse fórmulas para obter compensacións económicas

A finalidade do programa é proporcionar ás persoas de máis de 50 anos de España e Noruega unha oportunidade para mellorar os seus coñecementos, habilidades e competencias, sobre todo dixitais, lingüísticas e interculturais

Con esta actividade de intercambio de aprendizaxe intercultural, preténdese animar ás persoas de máis de 50 anos a valorar a contribución que poden facer á sociedade a través das súas ideas, habilidades, enerxía, compromiso e, sobre todo, a súa experiencia vital

En total, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado enviará seis voluntarios galegos a Bergen (Noruega) e acollerá outros seis procedentes da organización Hordaland County Council de Noruega

As seis persoas seleccionadas viaxarán a Berguen (Noruega) do 13 de maio ao 9 de xuño de 2013

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, pon en marcha o seu segundo proxecto de voluntariado europeo para maiores de 50 anos, ‘Still Being Active’, subvencionado polo Programa Grundtvig dentro dos Programas de Aprendizaxe Permanente da Comisión Europea, xunto coa organización Hordaland County Council de Noruega.

A finalidade do programa é proporcionar ás persoas de máis de 50 anos de España e Noruega unha oportunidade para mellorar os seus coñecementos, habilidades e competencias, sobre todo dixitais, lingüísticas e interculturais, que reforzarán a mensaxe de que a idade non pode parar ás persoas na súa aprendizaxe. Isto lograrase a través da realización de actividades voluntarias noutro país, mellorando a súa calidade de vida e promovendo a cidadanía activa da sociedade europea.

Con esta actividade de intercambio de aprendizaxe intercultural, preténdese animar ás persoas de máis de 50 anos a valorar a contribución que poden facer á sociedade a través das súas ideas, habilidades, enerxía, compromiso e, sobre todo, a súa experiencia vital, para construír unha sociedade mellor. O reto é empregar a maior parte do gran potencial que as persoas albergan e achegar posibilidades de vivir experiencias noutras culturas para así dar a coñecer unha realidade cultural e social máis ampla como é a europea.

En total, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado enviará seis voluntarios galegos a Bergen (Noruega) e acollerá outros seis procedentes da organización Hordaland County Council de Noruega. Cando regresen a casa, preténdese que continúen co voluntariado e coa súa educación nas súas comunidades locais. A intención de ambas organizacións é favorecer o intercambio de experiencias, boas prácticas e coñecementos para reforzar a idea dunha cidadanía activa e participativa a través do voluntariado.

O perfil dos participantes son persoas de entre 50 e 70 anos, que non tiveran ningunha experiencia previa de mobilidade europea e que colaboren nalgunha entidade do Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia. Valorarase que teñan interese nas actividades interculturais, que compartan a idea dunha cidadanía activa e teñan interese pola loita contra o racismo e a xenofobia; conten con capacidade de comunicación e habilidades sociais, que sexan entusiastas con grande iniciativa, teñan valores e ideais de solidariedade e identidade europea, e desexo de compartir a súa cultura.

As seis persoas seleccionadas viaxarán a Berguen (Noruega) do 13 de maio ao 9 de xuño de 2013 (4 semanas), para compartir os seus coñecementos e habilidades, participar en actividades culturais e colaborar en proxectos de voluntariado social, traballando xunto aos voluntarios locais apoiando individuos, grupos ou comunidades vulnerables.

O custe para tomar parte desta iniciativa é gratuíta, ofertándose aos voluntarios e voluntarias aloxamento e pensión completa, o desenvolvemento dun programa de actividades e un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon a disposición dos doantes un apartado da súa páxina web onde poden consultar en cada momento os organismos que son receptores e de que produtos

Neste programa, que se celebra este ano por segunda vez, a Dirección Xeral constitúe un elemento de enlace entre o doante e o receptor

Máis de 30 entidades de acción voluntaria inscribíronse no mesmo solicitando diversos materiais necesarios para o seu funcionamento

Entre os materiais que demandan están os alimentos non perecedoiros, as cadeiras de rodas, os carriños de bebé, libros de texto, mantas, material de oficina e ofimático ou DVDs de películas ou música

O programa “Caixón solidario” da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, pretende servir de enlace para que os cidadáns e cidadás que dispoñan nos seus fogares de obxectos e materiais que xa non precisan, poidan facelos chegar ata as entidades de acción voluntaria inscritas nesta iniciativa.

A Dirección Xeral pon a disposición dos doantes un apartado da súa páxina web onde poden consultar en cada momento os organismos que son receptores e de que produtos, ademais de proporcionar esta mesma información cando lle sexa solicitada por correo electrónico ou por vía telefónica. Máis de 30 entidades de acción voluntaria inscribíronse no mesmo solicitando diversos materiais necesarios para o seu funcionamento.

Entre os materiais que demandan as entidades están os alimentos non perecedoiros, as cadeiras de rodas, os carriños de bebé, libros de texto, mantas, material de oficina e ofimático ou DVDs de películas ou música.

Neste programa, que se celebra este ano por segunda vez, a Dirección Xeral constitúe un elemento de enlace entre o doante e o receptor, de xeito que a aceptación, o transporte e a recepción dos elementos doados corren por conta das ditas partes.

Os obxectos doados deberán estar en bo estado e en condicións adecuadas para ser usados por outras persoas.

Desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado faise un chamamento para que todos aqueles particulares ou establecementos interesados en doar material se poñan en contacto mediante a paxina web www.voluntariadogalego.org, a través do correo electrónico voluntariado@xunta.es ou chamando ao teléfono 900 400 800, onde se facilitará o contacto da entidade ou entidades que máis che interesen.

Un total de 439 mozos beneficiáronse este ano das axudas da Consellería do Medio Rural e do Mar para incorporarse á actividade agraria. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a Orde da Consellería pola que se amplía a dotación orzamentaria das axudas para a incorporación de mozos á actividade agraria nun total de 9.750.000 euros, sendo o seu orzamento inicial de 7.000.000 de euros.

Con esta ampliación de capital, foi posible atender ao 100% das solicitudes de axudas desta convocatoria, favorecendo o proceso de rexuvenecemento do noso agro, sumando ao esforzo inversor que realiza o sector produtor o que se fai dende a Administración, procurando tamén asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario. Do montante destas axudas o 37,59% dos beneficiados correspóndese á provincia de Lugo, seguida pola Coruña (31,44), Ourense (15,94) e Pontevedra (15,03).

Estas axudas están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013 e teñen como obxectivo favorecer o acceso das persoas mozas á titularidade das explotacións agrarias.

O programa “Caixón solidario” da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, pretende servir de enlace para que os cidadáns e cidadás que dispoñan nos seus fogares de obxectos e materiais que xa non precisan, poidan facelos chegar ata as entidades de acción voluntaria inscritas nesta iniciativa.

A Dirección Xeral pon a disposición dos doantes un apartado da súa páxina web onde poden consultar en cada momento os organismos que son receptores e de que produtos, ademais de proporcionar esta mesma información cando lle sexa solicitada por correo electrónico ou por vía telefónica. Máis de 30 entidades de acción voluntaria inscribíronse no mesmo solicitando diversos materiais necesarios para o seu funcionamento.

Entre os materiais que demandan as entidades están os alimentos non perecedoiros, as cadeiras de rodas, os carriños de bebé, libros de texto, mantas, material de oficina e ofimático ou DVDs de películas ou música.

Neste programa, que se celebra este ano por segunda vez, a Dirección Xeral constitúe un elemento de enlace entre o doante e o receptor, de xeito que a aceptación, o transporte e a recepción dos elementos doados corren por conta das ditas partes.

Os obxectos doados deberán estar en bo estado e en condicións adecuadas para ser usados por outras persoas.

Desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado faise un chamamento para que todos aqueles particulares ou establecementos interesados en doar material se poñan en contacto mediante a paxina web www.voluntariadogalego.org, a través do correo electrónico voluntariado@xunta.es ou chamando ao teléfono 900 400 800, onde se facilitará o contacto da entidade ou entidades que máis che interesen.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe neste encontro de intercambio de documentación e experiencias á volta de 36 mozos e mozas galegos de entre 18 e 30 anos que estiveron realizando prácticas profesionais en empresas da República Checa, Hungría, Polonia, Irlanda e Holanda

Ovidio Rodeiro indicou que “Galeuropa é o primeiro programa de mobilidade europeo para a realización de prácticas laborais que pon en marcha unha administración autonómica con medios propios”

Antes da saída, aos participantes seleccionados recibiron formación e información sobre o mundo sociolaboral no estranxeiro, sobre os procesos selectivos nas empresas, e como presentarse e ter éxito nunha entrevista de traballo

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, organizou hoxe unha xornada de intercambio de documentación e experiencias á volta de 36 mozos e mozas galegos de entre 18 e 30 anos que estiveron realizando prácticas profesionais en empresas da República Checa, Hungría, Polonia, Irlanda e Holanda nos meses de novembro e decembro de 2012, no marco do programa Galeuropa.

O obxectivo deste programa é o de incrementar as posibilidades laborais de mozos e mozas en situación de desemprego, á vez que se perfeccionan as habilidades lingüísticas e se impulsa o desenvolvementos de habilidades persoais de autonomía e autoestima.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe neste encontro e indicou que “Galeuropa é o primeiro programa de mobilidade europeo para a realización de prácticas laborais que pon en marcha unha administración autonómica con medios propios”.

Os beneficiarios deste proxecto Galeuropa posúen na súa maioría estudos inferiores á formación profesional de grado superior nos sectores de turismo, administración e comercio. As prácticas realizáronse en hoteis, centros de turismo, comercios e centros do terceiro sector.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organizou toda a mobilidade: recepción de solicitudes, selección de participantes, selección de empresas, impartición dun curso de preparación cultural e lingüística e o aloxamento no estranxeiro, así como a titoría durante toda a estancia. Ademais, os participantes tamén contaron cunha axuda económica de 400 euros para a manutención e para a viaxe de ida e volta e cun seguro de responsabilidade civil.

Antes da saída, aos participantes seleccionados recibiron formación e información sobre o mundo sociolaboral no estranxeiro, sobre os procesos selectivos nas empresas e como presentarse e ter éxito nunha entrevista de traballo. Así mesmo, resolvéronse as dúbidas sobre como reservar os billetes, dos aspectos propios da bolsa do proxecto Galeuropa e recibiron información sobre normas salientables de comportamentos e aspectos da vida diaria para ter en conta no país de destino.