En portada (1158)

MariasO director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron hoxe aos mozos e mozas.

Rodeiro lembrou que a Xunta investirá 300.000 euros para mellorar estas instalacións.

As obras que se levarán a cabo nos albergues deste complexo forman parte dun plan conxunto de melloras das instalacións xuvenís dependentes da Xunta, ao que se destinarán máis dun millón de euros.

Máis de 1.300 mozos e mozas están a participar ao longo de xullo e agosto nas actividades que Xuventude está a ofertar, a través da campaña de verán, no complexo xuvenil As Mariñas, unha instalación composta polos albergues de Gandarío e de Marina Española que son os que máis prazas de toda Galicia ofertan para a mocidade.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron hoxe aos mozos e mozas que están a convivir nestes momentos nestes albergues.

Por unha banda, o de Gandarío acolle agora mesmo tres campamentos. No primeiro deles, 'Actividades no mar', están a tomar parte 90 mozos e mozas de entre 12 e 14 anos e comprende actividades de táboa, canoa e coñecemento práctico de natureza mariña.

No segundo campamento participan 50 mozos e e mozas de entre 15 e 17 anos que están a realizar actividades enfocadas a aprender os principios da navegación a vela, en embarcacións e en táboas de wind surf. Por último, esta instalación conta tamén cunha quenda específica para 30 mozos e mozas con discapacidade.

Pola súa parte, a Marina Española acolle a 100 nenos e nenas de entre 9 e 10 anos que toman parte no programa 'A miña a primeira aventura' baseado en xogos tradicionais, deporte e actividades culturais e de educación ambiental.

En total, no albergue de Gandarío pernoctarán este verán un total de 730 mozos e mozas de entre 12 e 17 anos e no de Marina Española aloxaranse 600 nenos e nenas de 9 a 12 anos.

Este complexo xuvenil reformarse este mesmo ano. Para mellorar estas instalacións, Rodeiro lembrou que a Consellería de Traballo e Benestar investirá 300.000 euros na impermeabilización e rehabilitación dos tellados e de varias estruturas de formigón, así como na reparación das pistas polideportivas e reparación do valado de peche. O proxecto, ademais, contempla melloras no sistema de calefacción e a instalación dun sistema de enerxía solar para a produción de auga quente sanitaria.

Rodeiro avanzou que o proxecto xa está redactado e aprobado e se atopa na última fase de contratación, polo que anunciou que as obras poderán comezar unha vez finalice a campaña de verán.

“Estas melloras e as actividades que estamos a desenvolver neste complexo xuvenil demostran que Gandarío e a Marina Española seguirán sendo unha instalación fundamental para o desenvolvemento das políticas de mocidade da Xunta”, apuntou o director xeral.

Por último, destacou que o plan de mellora no complexo das Mariñas enmarcase nun programa de obras previsto para as instalacións xuvenís dependentes da Xunta, no que serán investidos máis dun millón de euros. Así, tamén se levarán a cabo obras no campamento da Devesa, Ribadeo, Benigno Quiroga de Portomarín, Virxe do Loreto de Porto do Son e no das Sinas, en Vilanova de Arousa.

DevesaO director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe os participantes dos campamentos da Devesa, en Ribadeo; dos Chacotes, en Palas de Rei; e do albergue de Area, en Viveiro.

Estas tres instalacións, xunto co Benigno Quiroga de Portomarín, acollen os campamentos que se celebran este verán na provincia.

En total, a campaña de verán oferta en Lugo case 2.000 prazas tanto para campamentos, coma para campos de traballo e outras actividades dirixidas á mocidade, un cinco por cento máis que en 2012.

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, investirá antes do próximo verán un total de 157.800 euros para realizar obras de mellora no campamento xuvenil A Devesa, que consistirán no acondicionamento das pistas deportivas e dos pavimentos; na substitución das cubertas do pavillón e dos aseos; e na reparación de gretas interiores, entre outras actuacións.

Así o anunciou hoxe o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, na súa visita a esta instalación. A continuación, desprazarase ata o albergue de Area, en Viveiro e, pola tarde, achegarase ata o campamento dos Chacotes, en Palas de Rei.

Estas tres instalacións, xunto co albergue Benigno Quiroga de Portomarín, acollen os campamentos que se organizan este verán na provincia de Lugo.

Na actual quenda, que vai do día 2 ao 13 deste mes, o campamento de Ribadeo está a acoller a actividade 'Sons da Devesa', onde 50 nenos e nenas con idades de entre 10 e 12 anos participan nun programa de temática tradicional galega, para mostrarlles aos participantes os costumes e tradicións a través da música e dos oficios artesáns. Ademais, outros 40 mozos e mozas de Triacastela tamén gozan de actividades este verán nas instalacións da Devesa grazas á oferta concertada.

No albergue de Area, en Viveiro, 100 mozos e mozas de entre 13 e 15 anos están a participar nun campamento de actividades relacionadas co mar, como a vela, o windsurf, o wake board, ou a aula de natureza mariña.

Pola súa banda, na instalación dos Chacotes en Palas de Rei, un total de 60 rapaces e rapazas, de entre 12 e 14 anos, gozan estes días dun campamento multiaventura, que inclúe actividades como escalada en rocódromo, rutas en bicicleta de montaña e piscina

En total, a campaña de Verán oferta nestes meses en Lugo 1.968 prazas para participar en campamentos, campos de traballo e outras actividades dirixidas á mocidade, o que supón un 5 por cento máis do que se ofertaba en 2012.

OurenseO director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitaron hoxe aos participantes do campamento xuvenil de Cabeza de Manzaneda e aos do campo de traballo de Vilar de Ordelles.

É a primeira vez que o complexo de montaña de Manzaneda está a acoller actividades da campaña de verán nas que están a tomar parte 100 mozos e mozas.

O campo de traballo de Vilar de Ordelles (Esgos) oferta 20 prazas e ten un marcado carácter medioambiental no que os voluntarios están a recuperar, entre outros, pontes antigas e a colocar muros de pedra.

Rodeiro presentará pola tarde en Ourense o balance de verán do proxecto CEUS, que levan a cabo os integrantes da asociación Acción Ambiental.

Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, está a ofertar este verán na provincia de Ourense un total de 785 prazas en diferentes actividades dirixidas a mozos e mozas, o que supón un 45,3 por cento máis que as que había en 2012.

Así o destacou hoxe o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, quen, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou aos participantes do campamento xuvenil de Cabeza de Manzaneda e aos do campo de traballo que se está a desenvolver en Vilar de Ordelles (Esgos).

Por unha banda, en Manzaneda, Rodeiro explicou que é a primeira vez que se realiza un campamento xuvenil neste emprazamento, onde ata mañá un total de 100 mozos e mozas de entre 13 e 16 anos están a tomar parte nun programa de ocio e tempo libre educativo. Entre outras actividades, están a realizar rotas en bicicleta de montaña, escalada, tiro con arco e piscina. Ademais de en Manzaneda, Ourense acollerá este verán outros campamentos xuvenís como os que teñen lugar na instalación de Penedos de Xacinto, en Entrimo; no centro de educación ambiental Equal, en Coles; e no albergue de Vilar de Ordelles, en Esgos.

Campos de traballo
Con respecto ao campo de traballo de Vilar de Ordelles, o responsable da área autonómica apuntou que esta actividade oferta 20 prazas e ten un marcado carácter medioambiental. Así ata o próximo 12 de agosto, os voluntarios están a levar a cabo actividades de restauración e construción, como sinalización, elaboración de letreiros artesanais en madeira, recuperación de pontes antigas e colocación de muros de pedra.

Os participantes, ademais, están a realizar actividades etnográficas e culturais na zona para descubrir as costumes rurais e a cultura popular do interior de Galicia, así como accións relacionadas co coñecemento do contorno natural e monumental da zona. Os voluntarios que nestes momentos se atopan en Vilar de Ordelles proceden de Francia, Italia, Uruguai, Rusia, Grecia, Estonia, Arxentina, Canarias, Aragón e Galicia.

Rodeiro lembrou que ademais do campo de traballo de Vilar de Ordelles, na provincia de Ourense celébranse tamén en Vilar de Barrio, Celanova e Muíños.

Con respecto ao de Vilar de Barrio, que se está a celebrar nestas datas no albergue As Corcerizas, apuntou que esta actividade se centra na difusión da bioconstrución, a través de traballos colectivos que mostrar como utilizar materiais ecolóxicos para minimizar os impactos sobre a saúde, o medio e a sociedade.

Os 20 voluntarios que están a tomar parte nesta iniciativa tamén están a colaborar na vixilancia disuasiva para a prevención e detección de posibles incendios no ámbito da Serra de San Mamede, ao tempo que están a desenvolver traballos forestais para a limpeza de sotobosque e a restauración de zonas degradadas por lumes. Os voluntarios proceden, nesta ocasión, de Turquía, Rusia, Francia, Italia, Uruguai, Andalucía, Canarias, A Rioxa e Galicia.

En total, o director xeral destacou que en toda Galicia estanse a ofertar 301 prazas en 13 campos de traballos, aos que se inscribiron mozos e mozas de toda Galicia, como do resto de España e do estranxeiro, co obxectivo principal de fomentar a convivencia, a participación e a tolerancia, a través da colaboración desinteresada e voluntaria. Ademais, os mozos e mozas galegas tamén poden asistir a campos de traballo ao longo do territorio español e en países como Francia, Alemaña, Finlandia, Italia, Países Baixos, República Checa, Portugal e incluso Xapón, México, Corea do Sur e Taiwán.

Por último, Rodeiro indicou que tamén na provincia ourensá se ofertan prazas de actividades para maiores de 18 anos na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas de Ourense.

Concluíu afirmando que todas estas actividades forman parte da campaña de verán para a mocidade que está a ofertar en toda Galicia ao redor de 8.200 prazas en campamentos, actividades para maiores de 18 anos, campos de traballo e oferta concertada. O orzamento total desta iniciativa ascende a máis de 2,2 millóns de euros, o que permitirá tamén a contratación de ao redor de 900 monitores de tempo libre.

Xuventude en Acción
Por outra banda, Rodeiro desprazarase esta tarde ata a capital ourensá para presentar no Espazo Xove o balance de verán do proxecto CEUS, que levan a cabo os integrantes da asociación Acción Ambiental, un colectivo xuvenil sen ánimo de lucro que realiza actividades de carácter ecoloxista e medioambiental. O proxecto CEUS, financiado polo programa europeo Xuventude en Acción, que xestiona en Galicia Xuventude, consta de tres fases: charlas participativas enfocadas a analizar a evolución da educación ambiental en Europa, traballos de voluntariado no humidal Puzo do Lago e visitas guiadas neste mesmo espazo natural que terán lugar este mes e en setembro.

É preciso lembrar que en 2012 participaron en proxectos galegos do programa europeo Xuventude en Acción un total de 969 mozos e mozas. Galicia foi a terceira comunidade con máis proxectos aprobados, un total de 60, o que supuxo o 10 por cento do Estado.

Illas_AtlnticasO director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe o campo de traballo que se está a desenvolver en Cíes e o campamento xuvenil de Ons.

Nas Illas Cíes un total de 30 mozos e mozas de entre 18 e 24 anos participan como voluntarios nun campo de traballo internacional de carácter medioambiental ata o 13 de agosto.

A actividade é ambiental e consiste en labores de mantemento da illa, vixilancia de incendios, información e sensibilización do visitante e intervencións puntuais de mellora e limpeza da illa sur.

Pola súa banda, o campamento xuvenil das Ons acolle durante todo o verán actividades para 360 mozos e mozas de entre 10 e 13 anos de idade.

As dúas iniciativas forman parte da Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, onde se ofertaron este ano ao redor de 8.200 prazas.

O orzamento total ascende a máis de 2,2 millóns de euros, o que permitirá tamén a contratación de ao redor de 900 monitores de tempo libre.

Un total de 480 mozos e mozas de entre 10 e 30 anos participan este verán nas actividades que, desde a Campaña de Verán, organiza a Consellería de Traballo e Benestar nas illas Cíes e Ons. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe o campo de traballo que se está a desenvolver en Cíes e o campamento xuvenil de Ons.

Na primeira das illas, un total de 30 mozos e mozas de entre 18 e 24 anos participan como voluntarios nun campo de traballo internacional de carácter medioambiental, que se desenvolve ata o 13 de agosto. Proceden de Galicia, Cataluña, Castela e León, Andalucía, Madrid, Lituania, Italia, Francia, Alemaña, Turquía, Rusia e Arxentina.

Ademais desta quenda, este ano as illas Cíes acollen outros tres campos de traballo medioambientais similares ao actual, que tiveron lugar do 2 ao 13 de xullo e do 16 ao 27 dese mesmo mes e do 17 ao 28 de agosto, cada un deles tamén con 30 prazas.

O traballo que desenvolven os participantes no campo de traballo é ambiental e consiste en labores de mantemento da illa, vixilancia de incendios, labores de información e sensibilización do visitante e intervencións puntuais de mellora e limpeza da illa sur (única illa non comunicada por barco de viaxeiros). Todas estas actividades realízanse en colaboración cos traballadores do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Como actividades complementarias, os voluntarios poderán realizar actividades deportivas relacionadas co mar, como snorkel, dinámicas grupais, rotas guiadas e actividades de carácter ambiental.

Incluíndo estes catro, este verán organízanse en Galicia un total de 13 campos de traballo con 310 prazas. As actividades abranguen desde o eido etnográfico e cultural ata o ámbito ambiental, arqueolóxico ou de fomento do emprendemento.

Os campos de traballo están dirixidos tanto a mozos e mozas de Galicia como a aqueles que residen noutras rexións ou países. Pola súa banda, os mozos galegos poden inscribirse tamén nalgún dos 49 campos de traballo que se organizan noutras comunidades autónomas, ou nalgún dos que se celebran en 27 países dos cinco continentes.

Estas actividades están encamiñadas a favorecer a convivencia, participación, tolerancia e solidariedade entre a mocidade a través da realización de labores voluntarias en actuacións de interese social.

'Aventura na Illa'
Pola súa banda, o campamento xuvenil das Ons acolle durante todo o verán actividades para 360 mozos e mozas de entre 10 e 13 anos de idade. Na quenda desta semana, 60 participantes de 10, 11 e 12 anos participan na actividade 'Aventura na Illa', onde teñen un programa composto por sendeirismo guiado, orientación, bicicleta, aula de natureza mariña e astronomía.

Tanto os campos de traballo das Cíes coma os campamentos nas Ons forman parte da Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, onde se ofertaron este ano arredor de 8.200 prazas en campamentos, actividades para maiores de 18 anos, campos de traballo e oferta concertada. O orzamento total desta iniciativa ascende a máis de 2,2 millóns de euros, o que permitirá tamén a contratación de ao redor de 900 monitores de tempo libre.

BarbanzaO director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos participantes das actividades que se levan a cabo no campamento xuvenil Virxe do Loreto de Porto do Son e A Espiñeira de Boiro.

No campamento do Porto do Son está a desenvolverse a iniciativa ‘Natureza xunto ao mar’ de deportes náuticos, con 70 mozos e mozas de entre 13 e 15 anos.

Ovidio Rodeiro recordou que a Administración autonómica vai investir no último trimestre do ano neste centro de preto de 100.000 euros para a súa mellora.

Pola súa banda, en Boiro están aloxados outros cen mozos e mozas, que desenvolven as actividades programadas polos concellos coruñeses de Brión, Bergondo e Touro, dentro da oferta concertada.

Ademais, a Consellería de Traballo e Benestar promove, xunto ao concello de Boiro e a Deputación da Coruña, un curso de iniciación á arqueoloxía para titulados universitarios en historia no complexo arqueolóxico de Neixón.

Un total de 1.100 mozos e mozas de entre 10 e 17 anos participan este ano na Campaña de Verán que a Consellería de Traballo e Benestar organiza nas súas instalacións da comarca do Barbanza: os campamentos xuvenís ‘Virxe do Loreto’ de Porto do Son e ‘A Espiñeira’ de Boiro. En total, ao longo deste verán pasarán polo primeiro 720 mozos e polo segundo outros 500.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos participantes das actividades que se levan a cabo nestas instalacións.

No campamento do Porto do Son está a desenvolverse a iniciativa ‘Natureza xunto ao mar’ de deportes náuticos, con 70 mozos e mozas de entre 13 e 15 anos. Ademais, nesta instalación tamén se atopan gozando de actividades de verán outros 77 participantes da oferta concertada, procedentes da Cruz Vermella e do municipio ourensán de Barbadás

Ovidio Rodeiro recordou que a Administración autonómica vai iniciar no último trimestre do ano un investimento neste centro de preto de 100.000 euros. As obras de mellora consistirán na instalación de paneis solares térmicos para reducir o consumo enerxético, o aumento da accesibilidade do centro e en melloras no almacén e peche do recinto.

Estas obras forman parte do Plan de Mellora das Instalacións Xuvenís do departamento autonómico, que conta cun orzamento de máis dun millón de euros ata 2015. Permitirá a realización de obras en cinco centros. Ademais de no Virxe de Loreto, realizaranse reformas no campamento xuvenil A Devesa de Ribadeo (Lugo), no complexo xuvenil As Mariñas de Bergondo (A Coruña), no albergue xuvenil Benigno Quiroga de Portomarín (Lugo) e no albergue xuvenil das Sinas en Vilanova de Arousa (A Coruña) .

Pola súa banda, en Boiro están aloxados outros cen mozos e mozas, que desenvolven as actividades programadas polos concellos coruñeses de Brión, Bergondo e Touro, tamén dentro da oferta concertada, pola que a Xunta de Galicia cede as súas instalacións xuvenís a concellos, institucións, asociacións xuvenís e grupos informais.

As actividades que se están a desenvolver nestas dúas iniciativas forman parte da Campaña de Verán para a mocidade da Xunta de Galicia, que está a ofertar este ano ao redor de 8.200 prazas en campamentos, actividades para maiores de 18 anos, campos de traballo e oferta concertada. O orzamento total ascende a máis de 2,2 millóns de euros, o que permitirá tamén a contratación de ao redor de 900 monitores de tempo libre.

Curso de iniciación á arqueoloxía
Ademais, a Consellería de Traballo e Benestar promove, xunto ao concello de Boiro e a Deputación da Coruña, un curso de iniciación á arqueoloxía para titulados universitarios en historia que se desenvolve ata o 29 de agosto nos castros do complexo arqueolóxico de Neixón. Esta iniciativa está concibida como un campo de traballo, onde os estudantes poden realizar prácticas arqueolóxicas de campo titorizadas co desenvolvemento de seminarios teóricos e actividades complementarias.

Ovidio Rodeiro visitou hoxe aos 18 alumnos do curso que son, na súa maior parte, galegos titulados en historia pola Universidade de Santiago, inda que tamén hai catro alumnos de Madrid, un de Canarias e outro de Los Ángeles (Estados Unidos).

O curso contempla que entre os días 5 e 21 de agosto teñan lugar as prácticas de campo, co obxectivo principal de que os participantes desenvolvan as competencias, habilidades e capacitación a nivel básico para a realización de tarefas propias dunha escavación arqueolóxica, coñecendo as técnicas, procedementos e métodos.

Completaranse as prácticas de campo coa realización de actividades de prospección nas ribeiras do río Barbanza no seu treito inicial, entre o 22 e o 28 de agosto. Procederase a un primeiro estudo (localización, delimitación e grafado) dunha serie de estruturas conservadas a nivel de cimentos, que se concentran nas ribeiras do río Barbanza. A intención é proceder á realización dun inventario das mesmas, e valorar o seu interese patrimonial.

Polas tardes, este curso tamén organizará varios seminarios, entre o 7 e o 29 de agosto, que teñen como obxectivo principal achegar aos participantes distintas realidades do ámbito da arqueoloxía dende unha perspectiva transversal, para o cal se vai a contar cun nutrido grupo docentes cun perfil moi diverso: dende profesores universitarios, especialistas en xestión patrimonial, investigadores, técnicos da administración, arqueólogos de xestión e xestores culturais.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos participantes nesta actividade organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, que teñen entre 18 e 30 anos.

Tamén poderán realizar actividades complementarias, como obradoiros de artesanía, de cerámica ou de música galega.

En Galicia están a organizarse este verán un total de 13 campos de traballo con 310 prazas nas Illas Cíes, Lalín, Esgos, Muíños, Celanova, Vilar de Barrio, Ponteceso, Boqueixón, Rois e Palas de Reis.

Un total de 20 mozos e mozas procedentes de tres países (Francia, Italia e Arxentina), así como de diferentes localidades de Galicia e doutras comunidades autónomas españolas, están a participar no campo de traballo arqueolóxico de Rois (A Coruña), que permitirá continuar cos traballos de escavación e limpeza do Castro de Socastro, na parroquia de San Pedro de Herbogo.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos participantes nesta actividade organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, que teñen entre 18 e 30 anos. A súa estadía comezou o pasado día 1 e prolongarase ata o próximo día 15 de agosto.

Durante este tempo, os voluntarios realizarán tarefas de escavación, prácticas de limpado, siglado e debuxo arqueolóxico do recinto. Os participantes tamén poderán realizar actividades complementarias, como obradoiros de artesanía, de cerámica e de música galega, ademais de asistir a festas tradicionais e visitar Rois, Padrón, Santiago de Compostela ou as comarcas do Barbanza, Muros e Noia.

O Castro de Socastro está configurado por un recinto principal de planta oval cunhas dimensións de 125 por 85 metros, delimitado por un parapeto de terreo que apenas sobresae 1 metro desde a superficie interior e que cae entre 3 a 5 metros ao exterior. Este castro é visible dende todas as montañas que rodean a conca fluvial do río Valeirón, polo que os arqueólogos que dirixen a escavación pensan que este centro sería a acrópole máis importante da comarca.

En Galicia están a organizarse este verán un total de 13 campos de traballo con 310 prazas nas Illas Cíes, Lalín, Esgos, Muíños, Celanova, Vilar de Barrio, Ponteceso, Boqueixón, Rois e Palas de Reis. As actividades abranguen desde o eido etnográfico e cultural –como este caso- ata o ámbito ambiental, arqueolóxico ou de fomento do emprendemento.

Os campos de traballo están dirixidos tanto a mozos e mozas de Galicia como a aqueles que residen noutras rexións ou países, como sucede no campo de Rois.

Pola súa banda, os mozos galegos poden inscribirse tamén nalgún dos 49 campos de traballo que se organizan noutras comunidades autónomas, ou nalgún dos que se celebran en 27 países dos cinco continentes.

Estas actividades están encamiñadas a favorecer a convivencia, participación, tolerancia e solidariedade entre a mocidade a través da realización de labores voluntarias en actuacións de interese social.

 

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Arteixo unha xuntanza co alcalde, José Carlos Calvelo, para informarlle sobre a resolución destes programas mixtos de formación e emprego.

Nesta área, tamén foron aprobados obradoiros para A Coruña, Cambre e Oleiros.

En global, o departamento autonómico investirá na área metropolitana da Coruña preto de 800.000 euros para beneficiar a 88 persoas desempregadas.

En toda a provincia coruñesa poranse en marcha 17 obradoiros en 34 concellos, no que tomarán parte 370 alumnos.

A titular de Traballo resaltou que o financiamento en obradoiros únese ao investimento que a Xunta está a facer no eido laboral na provincia da Coruña, que este ano ascende a máis de 51,5 millóns de euros

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou hoxe en Arteixo que a área metropolitana da Coruña contará nos próximos meses cun total de 4 obradoiros de emprego (Arteixo e A Laracha, A Coruña, Oleiros e Cambre) que beneficiarán a 88 persoas desempregadas e contarán cun investimento de preto de 800.000 euros.

A titular de Traballo mantivo unha xuntanza co alcalde da localidade, José Carlos Calvelo, onde lle informou que o departamento autonómico concedeulle a Arteixo e A Laracha o obradoiro 'Colaborando polo emprego' no que poderán formarse e acadar un posto laboral un total de 24 persoas desempregadas das dúas localidades nas especialidades de enerxía solar térmica e atención sociosanitaria no domicilio. Nesta actuación, Traballo investirá preto de 215.000 euros.

Mato destacou que este obradoiro apostará por dous dos xacementos de emprego que existen en Galicia. Neste senso, indicou que a atención sociosanitaria no domicilio é unha das especialidades profesionais “cunha maior porcentaxe de inserción laboral”. De feito, concretou que, segundo os datos máis recentes que se manexan na Consellería de Traballo e Benestar, o 53 por cento dos alumnos que se formaron nesta especialidade acadaron un posto laboral.

Área metropolitana
Con respecto ao resto de obradoiros da área metropolitana, Mato detallou que no da cidade da Coruña participarán 20 alumnos na especialidade de xardinería, que traballarán na mellora dos xardíns e zonas verdes do contorno do cemiterio de San Amaro. A esta iniciativa destinarase desde a Xunta máis de 175.000 euros.

O obradoiro de Cambre, dedicado á atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais, contará cun financiamento de 200.000 euros. Nel participarán 22 alumnos que colaborarán con centros de entidades como Aspace, Aspronaga ou Pai Menni.

Por último, a conselleira referiuse ao programa mixto de Oleiros, 'Acondicionamento de Espazos Urbanos' ao que se dedicarán 200.000 euros. Participarán 22 persoas desempregadas que se formarán nas especialidades de carpintería, fontanería, acabados de interior e atención sociosanitaria no domicilio.

Mato apuntou que a través de todos estes obradoiros ofrécese unha formación de calidade que está homologada e que, polo tanto, vai asociada a un certificado de validez para todo o territorio nacional. “Por iso, practicamente o 100 por cento dos cursos que financiamos este ano para persoas desempregadas están vinculadas á obtención dun destes certificados”, apostilou, ao tempo que lembrou que Galicia está “á cabeza de todas as autonomías” en formación certificable.

Orzamento na provincia
A titular de Traballo, ademais, avanzou que en toda a provincia da Coruña celebraranse 17 obradoiros que beneficiarán a 34 concellos e contarán con 370 alumnos. O investimento de Traballo ascenderá a 3,3 millóns de euros.

“Estes obradoiros vanse unir ao orzamento que xa vimos destinando á materia laboral na provincia”, afirmou Mato. Deste xeito, lembrou que o financiamento total previsto na provincia para 2013 na área de Traballo é de máis de 51,5 millóns de euros e na área Benestar ascende a 136,6 millóns. En total, o investimento na Coruña é de 188,2 millóns, o 34 por cento do total do presuposto de Galicia.

En toda Galicia, o financiamento sumará preto de 10 millóns de euros. O global de programas mixtos de formación e emprego que se porán en marcha en Galicia nos últimos meses serán 50 e beneficiarán a preto de 1.300 galegos e galegas.

Outras actuacións en Arteixo
Na xuntanza mantida entre a conselleira de Traballo e o alcalde de Arteixo, Mato destacou “o firme compromiso de cooperación” que a Xunta ten con este Concello. Así, lembrou que o departamento autonómico integrou a escola de Pastoriza, que era municipal, na Rede A Galiña Azul. Ao respecto, Mato asegurou que esta integración será xa efectiva no curso que comezará en setembro. A escola conta con 7 unidades e ofrece 104 prazas para nenos e nenas de 0 3 anos.

Así mesmo, apuntou que en virtude do convenio asinado entre a Fundación Amancio Ortega e a Consellería, vaise construír unha nova escola infantil que disporá de 5 unidades e 83 prazas.

Por outra banda, o departamento autonómico concedeulle a Arteixo dous cursos de formación para desempregados para 30 alumnos cun investimento de máis de 70.000 euros.

En definitiva, Mato indicou que o Goberno galego seguirá traballando en colaboración cos concellos “facendo todo o que está nas nosas mans para crear novas oportunidades".

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, achegouse hoxe ata o albergue xuvenil desta localidade da provincia de Lugo.

As quendas teñen unha duración de oito días durante os cales os nenos e nenas terán tamén a oportunidade de iniciarse nos deportes náuticos de vela e piragua nas augas do encoro e na bicicleta.

A Consellería de Traballo e Benestar investirá este ano máis de 2,2 millóns de euros en toda Galicia na Campaña de Verán, na que se contratan arredor de 900 persoas para os postos de monitores e directores de tempo libre.

O albergue xuvenil Benigno Quiroga, situado no concello de Portomarín (Lugo), oferta ao longo do verán un total de 200 prazas na actividade 'Xogando no encoro. A nosa primeira aventura', para participantes dos 9 aos 11 anos, e 100 prazas na modalidade de oferta concertada.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos participantes desta iniciativa que xira en torno á posta en marcha dunha historia de detectives, aventuras e misterio convertida a cómic, e onde o albergue se converte nunha Axencia de Investigacións para os acampados.

As quendas teñen unha duración de oito días durante os cales os nenos e nenas terán tamén a oportunidade de iniciarse nos deportes náuticos de vela e piragua nas augas do encoro e na bicicleta.

Estas actividades compleméntanse con outras como piscina, Y-flicker (patinete de 3 rodas), rutas de sendeirismo vinculadas ao fío condutor e dinámicas e xogos tamén relacionados coa temática do campamento, así como unha festa final.

Nesta última quenda, dedícanse tempos máis amplos ás actividades relacionadas co eixo temático do cómic e o labor dos detectives, e prevense tamén actividades de substitución, para o caso de que o nivel do encoro non permita a práctica das actividades náuticas, tales como xogos de auga; floorball, parque multiaventura e paint dart.

A Consellería de Traballo e Benestar investirá este ano máis de 2,2 millóns de euros en toda Galicia na Campaña de Verán, na que se contratan arredor de 900 persoas para os postos de monitores e directores de tempo libre.

Terras_de_IriaA conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou hoxe este proxecto, durante unha xuntanza co alcalde de Padrón, Antonio Fernández.

Os participantes especializaranse en animación sociocultural, xardinería, albanelería e atención sociosanitaria no domicilio.

A titular do departamento autonómico adiantou que na área de Santiago veñen de concederse tres obradoiros máis, polo que en total haberá 90 beneficiarios nesta zona.

Ao alumnado do “Terras de Iria”, sumaranse os 20 alumnos do obradoiro dos concellos do Pino e Touro; os 24 do que terá lugar na cidade de Santiago; e os outros 24 participantes do proxecto presentado por Val do Dubra, Negreira, A Baña e Santa Comba.

O departamento autonómico inviste este ano en materia de emprego na provincia da Coruña un total de 51,5 millóns de euros.

A comisión de valoración da Consellería de Traballo e Benestar vén de aprobar o obradoiro “Terras de Iria”, que foi solicitado de forma conxunta polos concellos de Padrón, Dodro e Rois. Esta iniciativa contará cun orzamento de 200.000 euros e beneficiará a 22 persoas en situación de desemprego.

Así o anunciou hoxe a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, tras manter unha xuntanza co alcalde de Padrón, Antonio Fernández. Na súa intervención, destacou as vantaxes deste proxectos: favorecen o acceso a un posto de traballo, ao tempo que ofrecen unha formación teórico e práctica de calidade, certificada e adecuada ao mercado laboral; e permiten a realización de obras ou servizos de interese para a comunidade.

Neste caso, o alumnado especializarase en animación sociocultural, xardinería, albanelería e atención sociosanitaria no domicilio. Ao rematar o programa, recibirán un certificado de validez para todo o territorio nacional, que demostrará a súa preparación e habilidades e que “incrementará moi significativamente a súa empregabilidade”, subliñou Mato.

Durante a súa visita, a conselleira adiantou tamén a aprobación doutros tres obradoiros máis na área de Santiago. Entre os catro proxectos, chegarán a un total de 90 beneficiarios nesta zona.

Deste xeito, ao “Terras de Iria”, sumarase tamén o obradoiro “Tambre-Ulla”, que foi solicitado conxuntamente polos concellos do Pino e Touro. Centrarase nas especialidades de xardinería e albanelería e beneficiará a 20 persoas desempregadas. Para poñelo en marcha, a Xunta investirá 175.000 euros.

Ademais, tamén foi aprobado o “Santiago Impulsa II” na capital galega. Neste caso, serán 24 os beneficiarios que recibirán formación en viveirismo xeral, camareiro de restaurante e bar, e deseño e mantemento de páxinas web. O orzamento desta iniciativa acadará os 215.000 euros.

Ademais, porase en marcha o obradoiro “Xallas, Barcala, Dubra 2”, no que colaborarán os concellos de Val do Dubra, Negreira, A Baña e Santa Comba. A formación dos 24 participantes estará especializada nos eidos de calidade ambiental, animación sociocultural e atención sociosanitaria. O financiamento deste programa mixto de formación e emprego ascenderá aos 215.000 euros.

En total, en toda Galicia vanse levar a cabo un total de 50 obradoiros, grazas a un investimento de preto de 10 millóns de euros que beneficiará a ao redor de 1.300 galegos e galegas. Deste total, na provincia da Coruña celebraranse 17 obradoiros, nos que participarán 34 concellos e 370 alumnos, cun orzamento de 3,3 millóns de euros.

Esta contía forma parte do investimento total en emprego que a Consellería de Traballo e Benestar realizará ao longo de 2013 na provincia da Coruña e que supera os 51,5 millóns de euros.

VoluntariadoO secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitaron hoxe o campo de traballo situado no Monte Pedroso en Santiago de Compostela.

Os voluntarios que participen neste programa realizarán tarefas de vixilancia disuasoria para a prevención de incendios forestais, en coordinación co distrito forestal de Ordes.

Esta iniciativa incluirá a celebración de mais de 1.000 iniciativas en toda Galicia ao longo do verán.

O programa de Voluntariado Ambiental posto en marcha pola Consellería de Traballo e Benestar e a Consellería do Medio Rural e do Mar permitirá o desenvolvemento de 160 accións voluntarias na comarca de Santiago neste mes. O seu ámbito de actuación son as principais masas forestais da comarca, centrando a súa presenza nos montes Pedroso (Santiago), Pico Sacro (Boqueixón) e O Picoto (Val do Dubra).

O secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitaron hoxe o campo de traballo situado no Monte Pedroso en Santiago de Compostela, onde asistiron a unha clase práctica de cartografía, consistente en buscar no mapa diferentes puntos desde o alto do monte.

Os voluntarios que participen neste programa realizarán tarefas de vixilancia disuasoria para a prevención de incendios forestais, en coordinación co distrito forestal de Ordes. Ao tempo, os participantes recibirán formación en materia de especies forestais autóctonas, cartografía e prevención de incendios.

O programa de Voluntariado Ambiental ten como obxectivo principal sensibilizar a través da participación cidadá da necesidade de conservar o patrimonio natural, ao tempo que os voluntarios adquiren os criterios e os coñecementos básicos sobre prevención, información e vixilancia contra os incendios forestais.

Está concibido como un campo de traballo e desenvolverase en 24 quendas de 5 días, a celebrar nos meses de xullo e agosto en toda Galicia, nas que grupos de 8 voluntarios e voluntarias, xunto cun monitor, realizarán as diferentes actividades, ata un total de 1.080 accións voluntarias.

A iniciativa inclúe aloxamento e pensión completa nun albergue, o desenvolvemento das diferentes actuacións e o seguro de responsabilidade. Os emprazamentos onde terán lugar as actividades son Santiago, Allariz, Celanova, Cambados, Riós e Bóveda.

Os voluntarios que participen no programa obterán un certificado acreditativo que será inscrito no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Os voluntarios que participen no programa obterán un certificado acreditativo que será inscrito no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.