En portada (1158)

MOZOSLALNO director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, reuniuse hoxe cos voluntarios e directivos de APALAC, e trasladoulles o seu agradecemento pola súa participación neste “programa pioneiro”.

Rodeiro tamén visitou aos outros 8 voluntarios xuvenís que colaboraron este verán en diferentes programas culturais, deportivas, sociais e xuvenís do concello de Vila de Cruces.

O programa de Voluntariado Xuvenil acadou en 2013 a súa terceira edición cun orzamento de 440.000 euros, máis do dobre que o ano anterior.

Os mozos e mozas que participen nesta actividade poden solicitar unha certificación oficial da experiencia adquirida, que aumentará as súas oportunidades de acceder a un posto de traballo.

Un grupo de sete mozos e mozas desenvolven en Lalín un proxecto enmarcado no programa de voluntariado xuvenil da Consellería de Traballo e Benestar, que consiste no acompañamento a maiores e no fomento da participación nas actividades que organiza a Asociación para a protección dos anciáns de Lalín e a súa comarca (APALAC).

A iniciativa pretende integrar a estes dous sectores da poboación moi distanciados pola diferenza de idade pero moi próximos en canto ás tradicións e cultura que comparten. O obxectivo xeral é o de mellorar a calidade de vida, o benestar e o estado de ánimo dos maiores.

Para conseguilo, os maiores e os voluntarios realizan xuntos actividades como a asistencia a festas e feiras da comarca, a concertos musicais, a realización de paseos terapéuticos ou saídas a diferentes zonas turísticas e culturais de interese. Ademais, tamén organizan grupos de conversación, de memoria, de estimulación cognitiva e talleres de manualidades e de música.

En total, os voluntarios xuvenís de APALAC están a realizar desde principios de xuño e ata o vindeiro 15 de outubro un total de 370 xornadas de acción voluntaria.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, reuniuse hoxe cos voluntarios e directivos de APALAC, e trasladoulles o seu agradecemento pola súa participación neste “programa pioneiro a nivel nacional, que fomenta o compromiso social directo dos mozos e mozas nas actividades que desenvolven as entidades de acción voluntaria e os concellos”.

De seguido, Rodeiro tamén visitou aos outros 8 voluntarios xuvenís que colaboraron este verán en diferentes programas culturais, deportivas, sociais e xuvenís do concello de Vila de Cruces, ata completar un total de 480 xornadas de acción voluntaria.

Estes mozos e mozas remataron en setembro a súa colaboración en actividades municipais como os campamentos de verán, a ludoteca, rotas de sendeirismo ou diversos obradoiros como os de alfabetización, papiroflexia ou de manexo de teléfono móbiles.

O programa de Voluntariado Xuvenil acadou en 2013 a súa terceira edición cun orzamento de 440.000 euros, máis do dobre que o ano anterior. Permite que os mozos e mozas de Galicia poidan desenvolver máis de 31.000 xornadas de acción voluntaria en 46 concellos e 61 entidades diferentes.

Ademais, os mozos e mozas que participen nesta actividade poden solicitar unha certificación oficial da experiencia adquirida, que aumentará as súas oportunidades de acceder a un posto de traballo. Esta é unha das novidades e vantaxes da Lei de Acción Voluntaria de Galicia aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia en novembro de 2011.

A temática incidirá na importancia da educación non formal para a adquisición de competencias, aptitudes e destrezas que favorezan as posibilidades de empregabilidade.

Busca ser un lugar de encontro no que os mozos e mozas sexan os verdadeiros protagonistas.

O prazo de inscrición xa está aberto e prolongarase ata o 18 de outubro.

Está aberto a membros de asociacións xuvenís, mozos e mozas que participaron nalgún programa de Xuventude; emprendedores, concelleiros e técnicos; animadores socioculturais; educadores; mediadores xuvenís; e, en xeral, a todas aquelas persoas interesadas nesta materia.

A Consellería de Traballo e Benestar organizará os días 25 e 26 de outubro en Ribeira (A Coruña) un Congreso Internacional de Xuventude baixo o lema ‘Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento’.

A temática do congreso incidirá na importancia da educación non formal para a adquisición de competencias, aptitudes e destrezas que favorecen as posibilidades de empregabilidade das persoas mozas.

O compromiso e a participación dos mozos e mozas nos programas de Xuventude, tanto a nivel individual, como a través de grupos informais ou asociacións, favorece a adquisición de coñecementos, habilidades e actitudes que contribúen ao seu desenvolvemento persoal.

A iniciativa quere ser un lugar de encontro no que os mozos e mozas sexan os verdadeiros protagonistas, comunicando e comentando as súas experiencias, como participantes en distintos programas, servindo de modelo a seguir por outros.

Os obxectivos son os de proporcionar á mocidade unha visión dos distintos modelos e ou programas que desde a participación poidan favorecer e aumentar as súas competencias, servir de lugar de encontro no que os participantes en distintos programas de xuventude poñan en valor as súas experiencias e poñer en valor a educación non formal e informal como factores facilitadores de emprego e de resposta ás necesidades de cada momento.

Este evento está aberto a membros de asociacións xuvenís, mozos e mozas que participaron nalgún programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado; emprendedores, concelleiros e técnicos de xuventude; animadores socioculturais; educadores; mediadores xuvenís; empresarios; e, en xeral, a todas aquelas persoas interesadas nesta materia. A inscrición está aberta a través da plataforma http://xuventude.xunta.es ata o vindeiro día 18 de outubro.

IESO director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe na entrega dos diplomas aos gañadores do certame co que colabora a área autonómica.

O concurso consiste nun xogo on line de habilidades, destrezas e coñecementos vinculado a temas europeos, sendo o elixido nesta edición o Ano Europeo dos Cidadáns 2013.

Os obxectivos principais desta iniciativa son fomentar o uso das novas tecnoloxías como ferramentas educativas e acercar a Unión Europea á mocidade.

Santiago acolleu hoxe a entrega de premios ao equipo gañador de Galicia da XIX edición do concurso Euroscola, un certame que convoca a Oficina de Información do Parlamento Europeo en España e co que colabora a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

O equipo ‘TicBoiro’ do IES Praia Barraña de Boiro foi o gañador na Comunidade autónoma e, polo tanto, un dos dez equipos finalistas de España. Todos eles converteranse en eurodeputados por un día na sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo, podendo compartir esta experiencia con outros mozos e mozas seleccionados dos outros estados membros da Unión Europea. Tamén contan cunha axuda económica para sufragar parte dos custos da viaxe.

Ademais, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado entregou a todos os membros do equipo do IES de Boiro un disco duro e diverso material didáctico. Así mesmo, os premiados recibiron material escolar e didáctico outorgado por diversas entidades como o Consello da Xuventude de España, a Secretaría de Estado da Unión Europea ou o Instituto de Xuventude de España.

Euroscola é un concurso convocado pola Oficina de Información do Parlamento Europeo en España, en colaboración, coa representación en España, da Comisión Europea e a Secretaría de Estado para a Unión Europea (Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación). No certame poden participar todos os centros escolares de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato ou Ciclos de Formación Profesional de grao medio establecidos no territorio español.

Trátase dun xogo on line de habilidades, destrezas e coñecementos, vinculado a temas europeos. O elixido para esta edición do concurso foi o Ano Europeo dos Cidadáns 2013. Traballouse sobre os dereitos e as vantaxes que teñen os cidadáns europeos e o que significa a cidadanía activa como posibilidade real de participación na construción europea, na que a mocidade ten un papel fundamental.

O concurso desenvolveuse a través dunha plataforma interactiva educativa en internet, na que se diferenciaban dúas fases, unha de competición e outra final.

Polo tanto, os obxectivos perseguidos con esta iniciativa son fomentar o uso de Internet e das novas tecnoloxías como ferramentas educativas; acercar a Unión Europea aos mozos e mozas; e fomentar a aprendizaxe de linguas europeas, fundamental para conseguir unha Europa unida. Por iso, o concurso desenvolveuse en tres versións lingüísticas: castelán, catalán e inglés.

O coñecemento doutras linguas europeas por parte dos participantes é moi importante porque os gañadores que viaxen no programa ‘Euroescola’ a Estrasburgo deberán integrarse en reunións parlamentarias, que se desenvolverán en inglés ou francés e nas que non haberá intérpretes.

En definitiva, a participación neste programa é unha experiencia única para que os alumnos dos centros escolares poidan vivir de cerca o proxecto de integración europea. Euroescola é un proxecto pedagóxico de educación en valores.

O segundo equipo galego clasificado foi o colexio Santiago Apóstolo de Ponteareas (Pontevedra); en terceiro lugar, o IES Francisco Asorey, de Cambados (Pontevedra); e en cuarto e quinto posto respectivamente o IES Manuel García Barros, da Estrada (Pontevedra) e o Colexio Santo Domingo da Coruña.

A titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, clausurou hoxe este programa que ten como obxectivo potenciar a realización de iniciativas de voluntariado nos centros educativos

Esta actuación forma parte dunha “estratexia integral”, que inclúe actividades como o Pasaporte solidario no que están a participar 2.000 nenos e nenas de 6 a 12 anosBRION_22

Ademais, o Servizo de Voluntariado Xuvenil reforzouse este ano cun incremento do 110 por cento do seu orzamento

Un total de 200 alumnos, procedentes de oito colexios e institutos de educación secundaria galegos, participaron na primeira edición do programa da Rede de centros solidarios, que organiza a Consellería de Traballo e Benestar.

A titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, clausurou hoxe esta iniciativa que ten como obxectivo potenciar a realización de iniciativas de voluntariado nos centros educativos por parte de mozos e mozas de entre 13 e 18 anos.

Ao respecto, explicou que a acción voluntaria leva aparellada “numerosos beneficios”: o fomento da solidariedade, a tolerancia e o respecto; a sensibilización cos máis vulnerables; a necesidade da participación social; ou o compromiso coa mellora do conxunto da sociedade.

Ao tempo que se melloran estas actitudes, permite establecer vínculos entre as organizacións sociais e os centros educativos, demostrando que os rapaces e rapazas desde a escola e o instituto “son perfectamente capaces de ofrecer un servizo valioso e necesario á sociedade”.

Cada centro desenvolveu unha actividade de elaboración propia, ou ben unha colaboración con algunha das entidades inscritas no Rexistro de acción voluntaria de Galicia.

Todos os participantes recibirán por parte da Dirección Xeral de Xuventude un certificado acreditativo da súa acción. De feito, a obtención dunha acreditación é unha das novidades que recolle a Lei de acción voluntaria de Galicia, que se aprobou por unanimidade en novembro de 2011.

Estratexia integral
Con todo, este programa “non é algo illado”, subliñou Mato, quen precisou que se enmarca nunha “estratexia integral” por parte do Goberno galego para incrementar a participación no voluntariado.

Para conseguilo, facilítase aos mozos e mozas a posibilidade de desenvolver un “itinerario voluntario” completo e continuo, que comeza co Pasaporte Solidario. Esta actividade está dirixida a mozos e mozas de 6 a 12 anos e consiste nun documento que contén propostas de accións solidarias pensadas para os máis novos. Cada un deles irá enchendo o pasaporte con certificados que acrediten o cumprimento desas actividades. Actualmente, están a participar nesta iniciativa máis de 2.000 nenos e nenas de 25 centros.

No seguinte tramo de idade sitúase o programa da rede de centros, do que se clausura hoxe a primeira edición. E, para os máis maiores, o Servizo de Voluntariado Xuvenil: un programa pioneiro que alcanzou en 2013 a súa terceira edición.

Este ano, ademais de renovarse, este servizo foi reforzado cun 110 por cento máis de orzamento que no exercicio anterior, ata chegar aos máis de 440.000 euros. Grazas a isto, os mozos e mozas de Galicia van poder desenvolver máis de 31.000 xornadas de acción voluntaria en 46 concellos e 61 entidades diferentes para, posteriormente, recibir a certificación oficial desta experiencia.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe este proxecto, que ten como principal obxectivo o de espertar a conciencia da mocidade de cara á conservación do monte

Iniciativa Xove permite sufragar ata o 100% das iniciativas e proxectos de interese presentados polos mozos e mozas, cun investimento máximo por cada actividade de 4.000 eurosBRIN

Na área de Santiago outras 23 asociacións ou grupos informais de mozos e mozas están executando proxectos xuvenís, cun orzamento conxunto de preto de 60.000 euros

Un grupo de mozos e mozas da asociación ‘O esquío’ do Piñeiro de Brión están a desenvolver un proxecto de repoboación con árbores autóctonas destinada a servir de exemplo de explotación forestal sostible e respectuosa co medio. Este proxecto está enmarcado dentro do programa Iniciativa Xove da Consellería de Traballo e Benestar baixo o título “Apadriña unha árbore”.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe este proxecto, que ten como principal obxectivo o de espertar a conciencia da mocidade de cara á conservación do monte como fonte de riqueza natural, cultural, social e económica e fomentar un espírito crítico e construtivo na preservación do medio ambiente.

Para Ovidio Rodeiro, “Iniciativa Xove é unha ferramenta que permite descubrir e potenciar o talento xuvenil”. O director xeral tamén destacou que “este é o primeiro programa de participación xuvenil de todo o Estado no que poden participar tanto asociacións formalmente constituídas como grupos informais de mozos e mozas”

Deste xeito, “danse as maiores facilidades burocráticas para que que a xuventude galega poida organizar, emprender e impulsar actividades onde os actores principais son eles mesmos, sen intermediarios”.

Iniciativa Xove permite sufragar ata o 100% das iniciativas e proxectos de interese presentados polos mozos e mozas, cun investimento máximo por cada actividade de 4.000 euros.

Todas as entidades e grupos aos que se lle conceda a axuda e o solicitasen, recibiron un anticipo do 80% sobre o total da cantidade concedida. Isto permítelles financiar o proxecto sen ter que adiantar contías eles mesmos, o que evita que a posible falta de liquidez das persoas novas constitúa un impedimento para a posta en marcha das súas ideas.

Ademais deste proxecto, na área de Santiago outras 23 asociacións ou grupos informais de mozos e mozas están executando proxectos xuvenís que permiten poñer en practica as súas ideas relacionadas co lecer, a comunicación, as novas tecnoloxías, o emprendemento e outros campos do seu interese, cun orzamento conxunto de preto de 60.000 euros. Concretamente, Iniciativa Xove apoia proxectos xuvenís nos municipios de Santiago, Dodro, Trazo, Brión, Negreira, Val do Dubra, Oroso, Vedra, Ames, Melide e Boqueixón

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, mostrou a súa satisfacción por este galardón que lle permitirá converterse “nunha illa enerxética que funcionará ao marxe da rede eléctrica convencional”

Nesta competición participaron un total de 15 países, entre os que se encontraban Estados Unidos, Brasil ou China

O albergue xuvenil das Corcerizas (Vilar de Barrio) foi o gañador do premio que ofrece ‘Hostelling International’ para proxectos dirixidos a mellorar o patrimonio natural mediante a redución de emisións de carbono e que está dotado con 25.000 libras (arredor de 30.000 euros).

Nesta competición participaron un total de 15 países, entre os que se encontraban Estados Unidos, Brasil ou China. En total premiáronse as tres iniciativas máis votadas, procedentes de Gran Bretaña, Estados Unidos e España, para o que se destinaron un total de 60.000 libras.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, mostrou a súa satisfacción por este galardón e explicou que, grazas a este, “o albergue poderá desenvolver un proxecto que lle permitirá converterse nunha illa enerxética que funcionará ao marxe da rede eléctrica convencional”.

Para conseguilo, instalarase un aeroxerador eólico que eliminará os combustibles fósiles e construirase un muro radiante de barro cru como sistema de radiación. Ademais, implantarase un programa dirixido a centros escolares con alternativas para enfrontar o cambio climático.

Pola súa banda, a Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) trasladou as súas felicitacións por que un albergue español obtivese o devandito premio, así como polo traballo das diferentes Comunidades autónomas e organismos que contribuíron a promover o proxecto.

IniciativaXoveO director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe esta iniciativa que incluirá un concurso de ideas que consistirá en dar unha solución creativa a un reto emprendedor.

Rodeiro manifestou que “Iniciativa Xove é a maior aposta por impulsar a participación xuvenil activa, e facer da mocidade os auténticos protagonistas para descubrir e potenciar o talento dos líderes do futuro”.

Na cidade de Santiago estanse a desenvolver un total de 11 iniciativas xuvenís postas en marcha por 8 asociacións e 3 grupos informais, cun investimento conxunto superior aos 33.000 euros.

Un grupo de mozos e mozas da asociación Emprende MAS levarán a cabo un proxecto que ten por obxectivo a difusión da cultura emprendedora entre os mozos e mozas co fin de promover actitudes innovadoras e proactivas. Para elo, realizarán visitas e charlas en diversas facultades da Universidade de Santiago nas que darán a coñecer o seu proxecto.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe esta iniciativa que incluirá un concurso de ideas que consistirá en dar unha solución creativa a un reto emprendedor. Os participantes poderán acceder a un “workshop” formativo onde se analizarán as estratexias de negocio a través da innovación, a imaxinación e a empatía.

Por último, os mozos e mozas organizarán unha sesión de posta en común na que se procederá a resumir os coñecementos e experiencias adquiridas e na que se emitirá un vídeo resumo de todas as fases do proxecto.

O director xeral manifestou que “Iniciativa Xove é a maior aposta por impulsar a participación xuvenil activa, e facer da mocidade os auténticos protagonistas para descubrir e potenciar o talento dos líderes do futuro”.

Rodeiro tamén destacou que “este é un programa onde a Administración non lle di aos mozos e mozas o que teñen que facer, senón que o que lles pide son propostas para despois apoialas, tratando de que a burocracia ceda o protagonismo á xuventude”.

O programa financia o cen por cen do orzamento da iniciativa, ata un máximo de 4.000 euros e os proxectos aprobados reciben un adianto do 80% do seu orzamento antes de realizar a actividade, para que a falta de liquidez non sexa un obstáculo para ninguén.

En Iniciativa Xove poden participar tanto asociacións formalmente constituídas como grupos informais de mozos e mozas, e permite que a xuventude galega poida organizar, emprender e impulsar actividades onde os actores principais son eles mesmos.

Proxectos en Santiago
Na cidade de Santiago estanse a desenvolver un total de 11 iniciativas xuvenís postas en marcha por 8 asociacións e 3 grupos informais, cun investimento conxunto superior aos 33.000 euros.

O proxecto Vitamínate forma parte da nova área ‘Iniciativa Xove Emprendedora’, destinada a proxectos que permitan ensaiar e probar as ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.

O fomento da creatividade e do espírito emprendedor é un dos eixes prioritarios da Estratexia Xuventude 2013 da Xunta de Galicia.

Tan só en 2012, a Xunta de Galicia puxo en marcha un total de 12 programas de fomento e apoio aos novos emprendedores, nos que participaron preto de 15.000 mozos e mozas.

‘Iniciativa Xove Emprendedora’ pretende ser o mecanismo que actúe nunha primeira fase do emprendemento xuvenil, unha canle a través da que poidamos desenvolver o liderado a través da participación.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu hoxe aos participantes, que proceden de trece países

Esta actividade consiste en presentar aos mozos e mozas voluntarios o país de acollida, e en proporcionarlles habilidades comunicativas, entre outros obxectivos

O curso rematará o sábado coa saída dos participantes cara ás localidades onde realizarán o seu servizo voluntario europeoVOLUNTARIADO

En 2012, un total de 60 mozos galegos participaron neste programa, o que lles permitiu colaborar en proxectos de voluntariado en diferentes países da Unión Europea

O Centro Coordinador de Información Xuvenil de Santiago acolle ata o 4 de outubro o curso de ‘formación á chegada’ de 23 mozos e mozas que participarán no Servizo Voluntario Europeo en diferentes comunidades autónomas.

Esta actividade consiste en presentar aos mozos e mozas voluntarios o país de acollida, facilitando a súa adaptación ao novo contexto social e cultural; proporcionarlles habilidades comunicativas, incluídos aspectos de aprendizaxe intercultural; presentarlles habilidades sociais mínimas indispensables para a convivencia, a prevención de conflitos e a xestión de crises; proporcionar un espazo para que os participantes poidan reflexionar sobre os obxectivos de aprendizaxe que poden desenvolver durante o Servizo Voluntario Europeo e planificar o seu proceso de aprendizaxe; e favorecer o coñecemento mutuo entre os voluntarios e comezar a construír redes.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu hoxe aos voluntarios europeos, que proceden de trece países: Hungría, Austria, Alemaña, Turquía, Portugal, Rusia, Dinamarca, Croacia, Irlanda, Luxemburgo, Bulgaria, Serbia e Italia. Desenvolverán nas diferentes comunidades autónomas o seu labor de voluntariado en proxectos que terán unha duración mínima de 2 meses e máxima de 12. Estes proxectos de voluntariado foron aprobados nas dúas primeiras quendas do programa Xuventude en Acción por un importe total de 168.842 euros.

Durante este curso de formación levaranse a cabo sesións informativas de formación lingüística, sociocultural, coñecemento do programa ‘Xuventude en Acción’ e do YouthPass, aprendizaxe intercultural, e sobre a Unión Europea e participación, entre outras materias.

Así mesmo, desenvolveranse paneis de experiencias con antigos voluntarios e realizaranse diferentes obradoiros e intercambio de experiencias entre os participantes, xunto con actividades lúdicas como visitas culturais a Santiago e A Coruña.

Este curso enmárcase no Plan de Formación establecido pola Axencia Nacional que xestiona o programa Xuventude en Acción e o Servizo Voluntario Europeo do que é parte activa a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

O curso rematará o sábado coa saída dos participantes cara ás localidades onde realizarán o seu servizo voluntario europeo. Dezasete destes mozos e mozas que están a tomar parte desta acción formativa quedaranse en Galicia para axudar co seu traballo a entidades de acollida que lles proporcionarán a posibilidade de colaborar en diferentes proxectos.

En concreto, as entidades de acollida en Galicia son: Amigos da Terra, Asociación Deloa, Asociación integración neno diminuído, Asociación recreativa e cultural Os Tilos, Concello de Boqueixón, Centro de desenvolvemento rural O viso, Escola de tempo libre e animación Don Bosco e a Fundación ADCOR. Os restantes oito voluntarios realizarán o seu proxecto de voluntariado en Asturias, Canarias e Cantabria.

Servizo de Voluntariado Europeo
O Servizo de Voluntario Europeo ten, entre outros obxectivos, promover a participación cidadá, desenvolver a solidariedade entre os máis novos, promover a relación con culturas distintas e facilitar a aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas.

En 2012, un total de 30 mozos galegos participaron neste programa, o que lles permitiu colaborar en proxectos de voluntariado en diferentes países da Unión Europea ao tempo que adquirían coñecementos e competencias clave no eido da solidariedade e participación.

Doutra banda, un total de 30 voluntarios de diferentes países da Unión Europea realizaron durante 2012 a súa actividade en Galicia en diferentes ámbitos que van desde o medio ambiente, actividades culturais con nenos e mozos, apoio a colectivos, actividades de información e difusión de programas europeos para a mocidade, ou actividades de recuperación do patrimonio cultural galego.

Galicia executou durante 2012 o 10 por cento do total dos proxectos estatais que se desenvolveron ao abeiro do programa europeo “Xuventude en Acción”. Deste xeito, Galicia foi a terceira comunidade autónoma onde máis actividades de puxeron en marcha o pasado ano, ata un total de 60, que chegaron a preto dun milleiro de mozos e mozas. O orzamento manexado polas entidades e asociacións para esas actividades foi de máis de 818.000 euros.

Para o 2013 o programa Xuventude en Acción conta cun orzamento superior aos 9 millóns de euros e medio para repartir entre todas as comunidades autónomas. Mañá, 1 de outubro, remata o prazo da terceira ronda para presentar novos proxectos de voluntariado europeo.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe unha destas actividades no complexo do Corgo, no concello de Muíños

Esta iniciativa, da asociación Sustinea, pretende promover novas ferramentas de comunicación e difusión do desenvolvemento sostible

No encontro que están a celebrar no marco desta actividade desde hoxe e ata o domingo participan 50 mozos e mozas de Galicia, doutras rexións españolas, e tamén de Francia, Italia e PortugalMUIOS

O programa de participación xuvenil Iniciativa Xove, promovido pola Consellería de Traballo e Benestar, destina este ano 100.000 euros a financiar na provincia de Ourense un total de 29 proxectos de mozos e mozas.

Así o salientou hoxe o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, na súa visita a un destes proxectos.

A asociación Sustinea ten posto en marcha a iniciativa “Innovando na educación ambiental”, que busca deseñar novas técnicas para comunicar as problemáticas ambientais e promover novas ferramentas de comunicación e difusión do desenvolvemento sostible.

Precisamente, este é o obxectivo do encontro de tres días de duración que a entidade está a organizar desde hoxe e ata o domingo no complexo do Corgo, no concello de Muíños. Nel están a participar ao redor de 50 mozos e mozas, tanto de Galicia como doutras rexións españolas, e tamén de Francia, Italia e Portugal.

Ao longo destas tres xornadas, os participantes poderán participar en diversas actividades: un observatorio de desenvolvemento sostible, obradoiros de cambio climático, talleres de educación ambiental, concertos de música tradicional, rutas interpretativas polo parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés ou cursos prácticos de utilización das redes sociais para comunicar problemáticas medioambientais.

Ademais desta iniciativa, a provincia acolle tamén proxectos doutras 21 asociacións e de 7 grupos informais. As entidades pertencen aos municipios de Ourense, Barbadás, Xunqueira de Espadañedo, A Veiga, Ribadavia, Xinzo de Limia, Vilardevós, Sarreaus, A Mezquita, Ramirás, Rairiz de Veiga, Allariz, A Peroxa, Vilar de Barrio, Vilamarín e Porqueira.

Iniciativa Xove
Segundo resaltou o director xeral, Iniciativa Xove “é unha ferramenta que permite descubrir e potenciar o talento xuvenil”. Neste programa, poden participar tanto asociacións formalmente constituídas como grupos informais de mozos e mozas, polo que “permite que a xuventude galega poida organizar, emprender, e impulsar actividades onde os actores principais son eles mesmos, sen intermediarios”.

As axudas permiten sufragar ata o 100 por cento das iniciativas presentadas, acadando un investimento máximo por cada actividade de 4.000 euros. Permítese, ademais un anticipo do 80 por cento sobre o total da cantidade concedida, o que permite financiar os proxectos sen adiantar contías co que se evita que a falta de liquidez constitúa un impedimento para a posta en marcha

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe esta iniciativa que terá lugar ata o sábado
  • Converterase tamén nun espazo para a adquisición de habilidades, destrezas e competencias emprendedoras como son o traballo en equipo, as habilidades comunicativas e aprender a través dos exemplos de boas prácticas empresariais
  • A administración autonómica puxo en marcha en 2012 un total de 12 programas de fomento e apoio aos novos emprendedores, nos que participaron preto de 15.000 mozos e mozas
  • Rodeiro indicou que nas dúas primeiras quendas de Xuventude en Acción deste ano aprobáronse 33 proxectos na Comunidade que serán financiados con preto de 550.000 euros

xornadas_creatividade_emprendedorA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar organiza en Santiago, desde hoxe e ata o sábado, unhas xornadas europeas sobre a creatividade e a empregabilidade xuvenil, enmarcadas dentro do programa Xuventude en Acción.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe esta iniciativa que ten por obxectivo fomentar o espírito emprendedor entre os mozos e mozas a través do cultivo da imaxinación e a creatividade aplicada ao autoemprego e a empregabilidade, e nas que participarán 30 directivos e membros de asociacións xuvenís ou grupos informais de estudantes universitarios e de Formación Profesional.

Esta iniciativa converterase tamén nun espazo para a adquisición de habilidades, destrezas e competencias emprendedoras como son o traballo en equipo, as habilidades comunicativas e aprender a través dos exemplos de boas prácticas empresariais.

Ovidio Rodeiro lembrou que o fomento da creatividade e do espírito emprendedor é un dos eixes prioritarios da Estratexia Xuventude 2013 da Xunta de Galicia. Como exemplo desta aposta, Ovidio Rodeiro lembrou que a administración autonómica puxo en marcha en 2012 un total de 12 programas de fomento e apoio aos novos emprendedores, nos que participaron preto de 15.000 mozos e mozas.

Na súa intervención, Rodeiro tamén indicou que nas dúas primeiras quendas de Xuventude en Acción deste ano aprobáronse 33 proxectos na Comunidade que serán financiados con preto de 550.000 euros. O próximo 1 de outubro terá lugar a última convocatoria para este ano para solicitar proxectos que se desenvolverán entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2014.

No 2012, Galicia executou o 10 por cento do total dos proxectos estatais que se desenvolveron ao abeiro deste programa europeo. Así, a comunidade autónoma foi a terceira rexión onde máis actividades se puxeron en marcha o pasado ano ata un total de 60 iniciativas que supuxeron a participación de 969 persoas. Esta actuación contou cun orzamento de preto de 820.000 euros.

Programa de actividades

Dentro do programa de actividades de hoxe, destaca o relatorio ‘Autoemprego: atrévete’, impartido por Rosa Mary Cardeso Trillo, responsable do departamento de creación de empresas e asesoría xurídica e xerente do viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago.

Xa pola tarde, Pablo Castiñeira Olveira, presidente da Asociación xuvenil Vella Escola, e Amabel González Troncoso, comisaria e investigadora de arte contemporánea, debaterán baixo o título “¿Pódese adestrar a creatividade?”.

Este primeiro día finalizará co relatorio de programas de apoio á creatividade e espírito emprendedor, onde Rosa Sánchez Santos, coordinadora da empresa Uninova da Universidade de Santiago, analizará programas como o ‘Erasmus para emprendedores’ , o ‘Xuventude en Acción’ ou o ‘Iniciativa xove’ da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Xa no sábado, Ruth Ríos, directora de Verbung Comunicación, e Alberto Cartón, director de Danadalibertas, disertarán sobre “A importancia da creatividade no éxito laboral”, mentres que Eloy Gesto Beiroa, director de Escuela Inventia, falará sobre o coaching laboral – creatividade e innovación.

Os participantes tamén visitarán o viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago e participarán nos talleres “Adestrando a creatividade – o traballo en equipo” e “Adestrando a creatividade – a importancia da imaxe”.

As xornadas finalizarán o domingo pola mañá co relatorio “Os erros típicos dun/ha emprendedor/a”, por Manuel García, director de operacións de Red UNIO, e cun taller de redacción dun proxecto de iniciativa xuvenil.