En portada (1118)

Xa está dispoñible o catálogo dixital das obras finalistas das especialidades de artes plásticas e fotografía do programa Xuventude Crea 2021, que inclúe fotografías e reseñas de cada unha das obras, así como os premios concedidos.

As devanditas obras están expostas na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela, situada na Praza de Mazarelos 2, ata o vindeiro día 26 de novembro. O horario da exposición é de luns a sábado, de 11 a 14 horas, pola mañá, e de 17:30 a 20:30 horas, pola tarde. Esperamos a vosa asistencia!

Xa podes descargar aquí o catálogo.

Entra no Instagram de xuventude (@xuventudegalicia) e participa no sorteo dunha estadía de 2 noites para 2 persoas na Casa de las Rocas da Ribeira Sacra.

 

O sorteo comeza ás 13.00 horas do 10.11.2021 e remata ás 12 horas do 25.11.2021.

 

Poden participar todas aquelas persoas mozas galegas con carné xove en vixencia.

Para participar no sorteo só tes que:

- Subir unha Story a Instagram dalgún produto/servizo adquirido co desconto do #CarnéXove.

 

-Utilizar o cancelo (hashtag) #CarnéXove, mencionar a @xuventudegalicia e indicar o nome do establecemento/marca adherido ao Carné Xove onde se fixo a compra (se ten Instagram, tamén se pode mencionar).

- Facer captura da participación e enviarlla a @xuventudegalicia vía mensaxería privada de Instagram.

Nos Espazos Xoves de Vilagarcía, Betanzos e Lalín vaise desenvolver o Galicia Gamer.
 
Trátase dun programa de actividades sobre videoxogos. En cada xornada, á mañá haberá charlas presenciais e virtuais con creadores e creadoras de videoxogos galegos. Ás tardes montaranse estacións de xogo onde se levarán a cabo campionatos de pequeno formato abertos ao público para participar. As finais destes campionatos serán emitidas en directo a última hora da tarde. nas que haberá charlas e eventos competitivos. 
 
O calendario do Galicia Gamer é o que segue: 
 
  • martes 23 de novembro: Espazo Xove de Vilagarcía. Xogarase ao Fifa21.
  • xoves 25 de novembro: Espazo Xove de Betanzos. Xogarase a Dragon Ball ZFighters e Rocket League.
  • venres 26 de novembro: Espazo Xove de Lalín. Xogarase a Smash Bros, Fifa21 e Age of Empires 2.
*Tamén haberá alguna estación de xogo para xogar sen competición.
 
O evento está dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos. Calquera persoa que participe nos eventos competitivos terá que asinar alí mesmo unha autorización de dereitos de imaxe (polos eventos emitidos por streaming). Para máis información podes escribir a volvemosaprimeraproducciones@gmail.com
Inscrición
No caso das charlas pódese asistir sen avisar (ata completar aforo). No caso dos eventos competitivos convén avisar por correo electrónico a volvemosaprimeraproducciones@gmail.com, indicando idade e nome completo. No caso de non avisar, só se poderá acceder ao evento se o aforo non está completo.

Final de Cociña

Nov 04, 2021

stories Cocina

Nesta edición de 2021, seleccionáronse como finalistas as 4 receitas presentadas, o que supón a participación de 6 persoas mozas (3 mulleres e 3 homes).

O sábado 6 de novembro, as persoas finalistas elaborarán as súas obras dende as 10,30 horas na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos en Santiago de Compostela.

Os e as finalistas disporán dun tempo máximo de elaboración de dúas horas para confeccionar a súa proposta, que consistirá na elaboración dun prato salgado ou doce na que a base do mesmo será a utilización de produtos avalados polas diferentes denominacións de orixe de Galicia ou pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia.

Unha vez rematadas as obras darase a coñecer, por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, as obras gañadoras desta especialidade.

Obras finalistas

Trisquel (Santiago), co prato “Tartaleta de castañas con cremoso de queixo San Simón e coulis de pera e mostaza”

Sapoconchos (Lugo), co prato “Esencia da fraga”

Lettergrettel (Ourense), co prato “Entroidallo”

Ovella que berra, bocado que perde (Lugo), co prato “Nube de albaca e xeado de tomate de Carmen, sobre sopa fría de queixo do Cebreiro”

 ... e os premios son:

1º premio:
Francesca de Nigris, coa receita “Tartaleta de castañas con cremoso de queixo San Simón e coulis de pera e mostaza”

2º premio:
Andrea Maseda Prado e Miguel Morán Gueimonde, coa receita “Nube de albaca e xeado de tomate de Carmen, sobre sopa fría de queixo do Cebreiro”

3º premio compartido:
Michael Cebral López e Pablo Torreira Pardo, coa receita “Esencia da fraga”
Ainhoa Martínez Álvarez, coa receita “Entroidallo”

http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea

Mavedeus, grupo de teatro de Santiago de Compostela, son os premiados na modalidade de teatro de Xuventude Crea 2021, con Agro 5g. O segundo premio foi para As catro, de Vigo, coa obra Que rima con Chomsky?, e o terceiro foi para o tamén vigués grupo Xebra, con Irremediablemente soa.

Brais Lamela Gómez, de Vilalba, e Alba Guzmán Falcón, de Ourense, son as persoas gañadoras do certame Xuventude Crea 2021 nas modalidades de poesía e novela curta, respectivamente.

Recibirán 3.000 euros e o apoio na difusión dos seus traballos galardoados. Brais Lamela presentou ao certame A linguaxe dos outros, un poemario no que o xurado distinguiu «a profundidade filosófica, a modernidade e o manexo dos recursos literarios». Pola súa banda, Alba Guzmán fíxose co premio coa narración Xoaniña de deus.

Na modalidade de poesía tamén obtiveron premios Judith Ruso Pereiro, de Negreira, con Hábitat hostil, e Navia Rivas Castro, de Santiago, con Aprender a respirar.
En total, presentáronse 38 propostas. O segundo e terceiro premio no apartado de novela curta corresponderon ao santiagués Adrián Noia Vázquez, con O país dos raposos, e Aarón Barreira Diz, de Culleredo, con Indicios esferoides. Os segundos clasificados recibirán 1.500 e euros e os terceiros, 1.000.

Na modalidade de videocreación o primeiro premio foi para Aarón Vilariño Figueiras, de Santiago de Compostela, pola obra Peixe; o segundo, para Vulgaris, de Mario Fernández Filloy, do Carballiño; e o terceiro foi compartido entre Juan Rodríguez Bas, de Gondomar, con O principio do movemento e Alba Rodríguez Villar, de Cedeira, con Quebec delta.

Na categoría de creación de videoxogos o primeiro premio recaeu en Misery, de Hopless Productions, de Manuel Silva e Pedro Peteiro, de Oleiros; o segundo foi para Valico, the grim world de Team Valico, de Iván Fernández e Luis D.Lobo de Vigo; e o terceiro foi para Underworld de Osfados, por Alba Paz e Alison Dieste, de Cambados.

http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea

Nesta edición de 2021, presentáronse un total de 79 obras na especialidade de fotografía e 58 obras na especialidade de artes plásticas (45 pinturas e 13 esculturas), o que supón a participación de 137 persoas mozas, 81 mulleres e 56 homes.

De todas as obras presentadas, seleccionáronse como finalistas un total de 29: 15 na especialidade de fotografía e 14 na especialidade de artes plásticas (1 escultura e 13 pinturas).

O día 5 de novembro, ás 12:00 horas, inagurarase a exposición destas 29 obras finalistas, na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela, situada na Praza de Mazarelos, 2.

No acto, daranse a coñecer, por parte da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel Toimil, acompañada da vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago de Compostela, María do Mar Lorenzo Moledo, as obras premiadas ou que recibirán mención de honra nas devanditas especialidades.

Esta exposición estará aberta ao público, con todas as medidas de seguridade, ata o venres 26 de novembro, de luns a sábado, en horario de 11 ás 14 horas, pola mañá, e de 17 a 20:30 horas, pola tarde.


stories artesPlasticas fotografiaOBRAS FINALISTAS

Escultura:
We are all alike.

Pintura:

Arquipélago.
A velada literaria.
Da cidade ilexible ao rural ficcional. Geppetto
De corpo presente.
De las tareas de Penélope.
Fragmentos de una erosión. Mg
Galicia esperta e herbas ledas.
Idealización dun prognóstico difuso. Chorima
Maquetas do territorio.
Quería traerte flores.
Rumor de fuga. A.r.r
The daily me. Ahatetxoa
22 de la serie kòsmos.

Fotografía:

Berros. Genn studio
Diversas. Adra pallón
Fértil
Humidade
Imaxinario de corentena
Mares doutros
Meridiano. Salgueiro
O patio do monxe. Davizucho
Pare. Rita
Realidade aumentada. Oli
Spectra.
Tempestade. Dt
Volaré bien. Carballo
Wicca. Blooper
X-posed dolls. Dalinda

 

http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea

 

O artista Honey, de Baiona, coa súa creación titulada Bo Camiño, gaña o primeiro Xuventude Crea 2021 na gategoría de Graffiti. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acudiu onte á fase final deste certame, que tivo lugar no corredor central do Parque da Alameda de Santiago de Compostela.

A esta fase final da modalidade de graffiti chegaron seis creadores que realizaron en directo as súas propostas. Aos galardoados, ademais do gañador, acompañárono Ares, de Tui, coa súa obra titulada As dúas en punto, en segundo lugar; o terceiro posto logrouno Seek, tamén de Baiona, coa súa peza Galaxia animal; e houbo unha mención de honra para a artista Maldita, natural de Ribadavia, pola súa obra 37 min.

Cada un destes premios ten unha gratificación económica: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros.

http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea

2345

No DOG do 27 de outubro publícase a relación definitiva de persoas beneficiarias das prazas e bolsas, lista de espera e relación de persoas excluídas no Centro ResidenciaL LUG da Dirección xeral de Xuventude para o curso académico 2021/22.

DOG do 27 de outubro de 2021

logo AETRAVIA asociación de comerciantes e empresarios das Travesas AETRAVI súmase ao programa Carné Xove da Xunta de Galicia como entidade colaboradora, asumindo o compromiso de achegar rebaixas e vantaxes nos produtos e servizos de máis de unha vintena de negocios que forman parte deste acordo.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asinou o acordo coa presidenta da asociación, Ana Mª Diéguez Fernández. Deste xeito, os usuarios do Carné Xove poderán beneficiarse de descontos en todo tipo de negocios que forman parte desta asociación, tales como ópticas, zapaterías, xoierías e clínicas dentais, entre outros. Toda a información desta colaboración estará dispoñible na páxina web xuventude.xunta.es.

Así, pois, mozos e mozas xa podedes desfrutar nestes establecementos das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove!

 

Podes seguir o encontro Mo_Cidade na canle de youtube

 

Encontro do venres: https://youtu.be/f5zE0JydJKg venres

 

 

 

Encontro do sábado: https://youtu.be/foFyLzisAGk sabado