En portada (1156)

A mocidade galega xa pode solicitar de xeito presencial a Chave 365. chave365video3

Con esta chave podes xestionar solicitudes, axudas ou expedientes sen necesidade do certificado dixital ou o DNI electrónico.

A identificación faise co DNI e cun código que recibes no teu teléfono móbil.

Onde podes solicitar a Chave 365?. A solicitude da chave podes facela presencialmente nos Espazos Xove que están situados nas seguintes localidades: Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Lalín, Tui, Vilagarcía, Ourense, Chantada, Vilalba e Viveiro.

Tamén se pode obter no Centro coordinador de información xuvenil, en Santiago de Compostela ou no Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo.

https://www.xunta.gal/chave365/solicitude

Video explicativo: https://www.instagram.com/p/CKTpeEGjgfd/

No DOG do 15 de xaneiro publícanse os premios de Xuventude Crea 2020 nas especialidade de Danza Moderna, Música e Banda Deseñada.

Danza Moderna:
1º premio:
- Mera, coa obra “Litost”
2º premio:
- Grow as Ohana, coa obra “Ninjas”
3º premio compartido:
- Estorniños, coa obra “Cardumen”
- Sway, coa obra “Esnaquizoume”
Mencións de honra:
- Abraio, coa obra “Abraio”
- Pontenciarte, obra “Puedes”

Música:
1º premio:
- Amorodo (Arbo), cos temas “Estilo amorodo” e “Quero”
- Battosai (Ames), cos temas “Cuánto tiempo” e “Deixa xa de molestar”
2º premio:
- Burgas Vandal (A Coruña), cos temas “Inimigo” e “Te echo de menos”
- Mundo Prestigio (Vigo), cos temas “Mundo nuno” e “Quen quere falar”
3º premio:
- Sara Sístole (A Coruña), cos temas “Lume”e “Deberíamos matarnos”
- Panic Light (Vigo), cos temas “As que nunca calaron” e “Burn it higher”

Banda Deseñada:
1º premio:
- Miguel Pérez Ramudo pola obra “Joaquín Vaamonde, unha promesa
truncada da Xeración Doente (1871-1900)”
2º premio:
- Juan Gras Area pola obra “Retorno da Habana”
3º premio:
- Sergio Ocampo González pola obra “Malcriada”
Mencións de honra:
- Cristian Fojón Caruncho pola obra “Río de lembranzas”
- André Díaz Cerviño pola obra “A sangue da esfinxe”
- Brais Fierro Fuentes pola obra “Cando a luzada tinxa o ceo”

http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea

 

O Carné Xove será enviado de xeito gratuíto ao domicilio do 100% das mozas e mozos galegos de entre 12 e 30 anos. Trátase dunha das novidades do novo carné e que beneficiará ao total das 400.000 rapazas e rapaces galegos.

Outra das novidades é que se suprimirán as taxas para a súa renovación, que actualmente son de seis euros. A súa vixencia pasará a ser indefinida, en lugar de caducar cada dous anos, de xeito que o carné será válido ata que o seu titular cumpra os 30 anos.

https://politicasocial.xunta.gal/gl/conselleria/novas/nova?id=nova_estandar53973.html

Podes disfrutar na nosa canle de youtube da gala final de Xuventude Crea 2020, con entrevistas aos mozos e mozas premiados/as, actuacións e entrega de premios. GALAFINAL2

 

Gala final na canle de youtube de Xuventude: https://www.youtube.com/watch?v=2H1gnNUPbbw

No DOG do 15 de decembro de 2020, A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, publica os premios concedidos polo programa Xuventude Crea nas seguintes modalidades:

 

Teatro:
1º premio
- Os Palimoquiños e Cía., coa obra Os miserables
2º premio
- Lohengrín Teatro, coa obra Coa mirada nas súas mans
3º premio
- Farándula Velutina, coa obra Animais de compañía

 

Artes Plásticas:
1º premio:
- Adriana Brantuas Arijón, coa obra “A memoria do baleiro”
2º premio:
- María del Mar Ramón Soriano, coa obra “Desnudo, juego de bolos”
3º premio compartido:
- Sara Piñeiro Fernández, coa obra “Pandermia (serie magma, simulacións do
corpo ubicuo”
- María López Quiroga, coa obra “Atlas da xeografía cognitiva”
Mención de honra:
- Lois Anxo Cid García, coa obra “Pedra universal”

 

Graffiti:
1º premio:
- Javier Caamaño Pérez pola obra “O raposo”
2º premio:
- Adrián Lomba Balea pola obra “Estilo en continua
construcción”
3º premio:
- Daniel Fernández Vargas pola obra “Entusiasmo luminoso”
Mención de honra:
- Fernanda Rodríguez Miguélez pola obra “Escornabois”

http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publica no DOG do 9 de decembro os premios da especialidade de fotografía do programa Xuventude Crea 2020

1º premio:
- Helena Lafuente González, coa obra “O pasado esquecido”

2º premio compartido:
- Cecilia López Prego, coa obra “Nihil timeo”
- Eva Antelo Mata, coa obra “Contratempo. Canción triste do nunca habitado nº2

3º premio compartido:
- Adrián Vázquez Rodríguez, coa obra “A outra festa”
- Olaya Rodríguez Pérez, coa obra “A sombra da utopía”

Mencións de honra:
- Sergio Barral Roo, coa obra “Natureza viva na avoa”
- Coral Hermo Calvo, coa obra “Coleccionista de mundos. Parte I


http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea

Xa podes ver o vídeos achegados por persoas Voluntarias, contándonos a súas experiencias...

https://www.instagram.com/p/CIagg_lDDjT/

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado concede os premios da primeira convocatoria dos Premios Galicia de Acción Voluntaria ás seguintes candidaturas, dado que obtiveron en cada modalidade a maior puntuación por parte do xurado:

- Premio voluntaria do ano, na modalidade individual, dotado de 4.000 euros, para Sofía Prol Rodríguez

- Premio entidade de acción voluntaria do ano, na modalidade colectiva, dotado de 4.000 euros, á entidade ONG Mestura

- Premio ao mellor proxecto de acción voluntaria do ano, dotado de 4.000 euros, á Fundación Juan Soñador

Máis información no DOG do 4 de decembro de 2020

cabeceraParlamentoxove

 Xa está aberta a convocatoria para unha nova edición do Parlamento Xove!

O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.

O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, Parlamento Xove fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.

 

O programa estrutúrase nas seguintes categorías:

- Categorías escolares (ESO e Bacharelato)

Poderán participar os centros educativos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e 1º e 2º de Bacharelato.

Os equipos inscritos estarán formados por 4 alumnos/as e un/unha profesor/a que será o/a corrdinador/a. En total poderán participar 48 equipos (24 por cada categoría).

O programa realizarase en dúas fases, unha primeira clasificatoria da que xurdirán 8 equipos gañadores, que se enfrontarán nunha segunda fase final. Paralelamente, desenvolverase un concurso voluntario de artigos de investigación sobre o tema formulado.

O tema de debate desta primeira fase clasificatoria será: Debería un estado establecer como obrigatoria a vacinación entre a súa poboación?

- Categoría de Universidades:

Poderán participar mozos e mozas estudantes de grao dos sete campus universitarios das tres universidades galegas matriculados/as no curso académico 2020-2021.

Nesta categoría, que non ten fase clasificatoria,  poderán participar un máximo de 8 equipos. O equipo de debate estará formado por un mínimo de 2 estudantes e un máximo de 4.

PREMIOS
Os premios serán unha viaxe valorada en 5.000 euros para cada un dos equipos gañadores das categorías escolares e en 2.500 € para o equipo gañador da categoría universitaria. Así mesmo, contarán cunha mención especial e cun agasallo os/as mellores oradores/as e os mellores artigos de investigación en cada unha das categorías.

REGULAMENTO E INSCRICIÓN cabRegulamento boton parlamaentoxove
Descarga o Regulamento do programa para a coñecer todo o necesario sobre o proceso de inscrición e a competición: (PDF)

Formulario de participación (aberto desde o 10 de decembro de 2020 ata o 15 de xaneiro de 2021):

+ Formulario de participación ESO/Bach

+ Formulario de participación Universidade

cabcontactab copia

 

Consulta as túas dúbidas no correo parlamentoxove.xuventude@xunta.gal  ou nos teléfonos 981 545 702 e 981 544 645.

Máis información en http://xuventude.xunta.es/parlamento-xove