PROGRAMA ACTIVA 2014

28 Abr 2014

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, presenta por cuarto ano consecutivo os obradoiros Activa 2014, acordes ao eixo transversal de formación e información da Estratexia Xuventude 2016.

 Importante: Normas de funcionamento dos Cursos Activa

 O lugar de impartición son os concellos de Galicia que o soliciten.

  • Só se pode solicitar un curso por concello.
  • O prazo de solicitude dos cursos rematará o 16 de maio de 2014.
  • Os cursos activa impartiranse entre os meses de setembro e decembro do ano 2014.
  • Só recibirán diploma os asistentes menores de 30 anos e serán enviados despois do curso á Omix ou concello solicitantes.
  • O número de persoas asistentes aos cursos debe ser como mínimo de 10 en cada un de eles. O Concello deberá enviar  os datos das persoas participantes antes do  inicio do  curso.

 Os obradoiros Activa 2014 nacen como continuación do programa Activa e desenvólvense en oito eidos clave, que son os seguintes:

 1.-Obradoiro sobre os diferentes recursos que ofrecen as redes para promocionar, financiar e dar a coñecer os teus proxectos “Emprendendo dende a rede”.

 2.-Monográfico de resolución de conflitos e comunicación (persoal e interpersoal). Deseño dun proxecto de crecemento persoal;  análise da situación que leva a conflito, as metas e os medios existentes para logra o éxito. “Liderado para o éxito”.

3.- Obradoiro de análise das novas formas de consumo  que a mocidade realiza de forma habitual e espontánea onde se  descoñecen  os posibles riscos que iso pode supoñer. Forma dinámica para establecer as distintas liñas de actuación nas formas de consumo. “Consumo Xeito”.

4.- Monográfico de motivación relacionada co emprego e o autoemprego. Análise das oportunidades de traballo e competitividade no mercado laboral. Aportar ferramentas para os mozos e mozas que lles permitan optimizar as súas habilidades e destrezas para a toma de decisións respecto o futuro ocupacional ou profesional. “Activando o teu futuro”.

5.- Obradoiro que ofrece a unha información completa e actualizada sobre os recursos dos que dispón a mocidade galega en materia de xuventude, unha condición básica para garantir a participación efectiva dos mozos e mozas na sociedade actual. “Xuventude con Iniciativa”.

 6.-Monográfico  de introdución ó coaching. Experiencias e ideas que invitan á acción e apoian o desenvolvemento persoal como o único camiño cara o éxito. “Introduccion ó Coaching”.

 7.- Obradoiro de Oratoria. Ideal para calquera persoa que queira e que teña ganas de mellorar a súa capacidade persuasiva e as súas dotes para falar en publico. “Aprende a falar en Público”

 A formación no ámbito da educación non formal é un claro valor en alza e ten unha relación clara na mellora da empregabilidade da mocidade, constituíndo un complemento valioso no eido curricular, tal e como testemuñan os estudos realizados por institucións como a Comisión Europea ou o CXE.

 A duración estimada de cada un destes obradoiros é de dúas horas e de carácter presencial.

 Seguindo o espírito iniciado en edicións anteriores, as accións formativas contidas en Activa 2014 ofertaránselles directamente aos concellos galegos, co obxectivo de facilitar a participación de todas aquelas persoas interesadas.

 O prazo de solicitude estará aberto ata o 16 de maio de 2014.

Para máis información:

Teléfonos: 981 544 866/ 981 957 057

infoxuventude@rgdinamizacion.es

Solicitude (pinche aquí)