A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado conta cunha viaxeteca situada no Centro Coordinador de información xuvenil. Duurante o 2012 foi utilizada por máis de 4.450 mozos e mozas.

10 Xan 2013

Esta viaxeteca é un espazo aberto aos mozos/as para que poidan consultar documentos, libros, revistas…. de diversa índole, e sobre todo en temas de viaxes, aloxamentos,…  facilitándolles así mesmo  un espazo de lectura e reunión, e sobre todo proporciónalles información para programar a súa viaxe.

A viaxeteca conta con 550 guías de viaxe, aproximadamente, que permiten coñecer todos os continentes, dende o lugar máis meridional de África á Europa máis oriental, pasando polas Illas do Pacífico e o Caribe, dedicando unha atención especial a España, tamén reúne 65 cartafois con información turística sobre diferentes países de Europa e cunha ampla sección dedicada a información sobre España que nos asesora sobre temáticas tan diversas como aloxamento, información sobre as embaixadas en cada lugar, turismo cultural, mapas, actividades, ecoturismo, rutas turísticas, transportes, etc. e 65 rueiros e mapas de estradas para poder consultar e facer previsións de viaxes.

Nesta sala de consulta encontramos tamén diarios diferentes, de tirada nacional e galego e para poñer a disposición dos mozos a información actualizada da xornada.

Ao mesmo tempo tamén dispón de revistas de diversa temática, dende informática, viaxes e entretemento ata revistas divulgativas, entre as que destacamos, por exemplo, El Jueves, Geo, Integral, Nathional Geographic, PC World, Viajar, etc.

Por outro lado conta con tomos da Enciclopedia Galega, referidos tanto a xeografía, historia, arte, literatura, dereito, natureza, etc. Ofreciendo así a posibilidade de coñecer Galicia e de consultar información da rexión.

A sala está adaptada ás novas tecnoloxías e dispón de toma de corrente e sinal WIFI para conectar os ordenadores portátiles, polo que tamén se pode ampliar a información dispoñible nas páxinas de internet.