Buscas aloxamento para o vindeiro curso?

03 Xul 2023

A Xunta de Galicia pon a túa disposición as súas Residencias Xuvenís en Ourense, Lugo e  Vigo durante o curso 2023/2024.

Son un total de 224 prazas tanto para estudantes como para persoas mozas traballadoras.

E ollo, podes obter praza gratuita a cambio da túa colaboración na Residencia.

Como? Consulta aquí toda a información

Tes de prazo para presentar a túa solicitude ata o 3 de agosto.

 

http://xuventude.xunta.es/albergues-e-residencias

 

Outros aloxamentos dispoñibles: http://xuventude.xunta.es/ensino-e-bolsas