Curso "A Formación e o Emprego da Xuventude nun Mundo Dixital"

30 Xun 2023

O Grupo de Investigación Esculca, da USC, coa colaboración da Consellaría de Política Social e Xuventude e o Concello de Vilagarcía de Arousa, organiza o curso de verán "A formación e o emprego da xuventude nun mundo dixital", dirixido a permitir que a mocidade local suba nova novos chanzos en materia de capacitación tecnolóxica, con vistas a mellorar a súa empregabilidade.

Celebrarase os días 18, 19 e 20 de xullo de 2023 no Auditorio de Vilagarcía e no Espazo Xove da mesma localidade, en horario de mañá e tarde.

A actividade formativa conta con 150 prazas e está aberta a todo tipo de público. A matrícula ten unha cota xeral de 70 euros e outra bonificada, a 40 euros, para estudantes, persoas desempregadas, pensionistas e membros da asociación de antigos alumnos da USC. As persoas interesadas poden inscribirse ata o 7 de xullo a través da web da USC.

https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/formacion/universidade-veran/formacion-emprego-xuventude-mundo-dixital-12745