Día da Xuventude é un programa da Consellería de Política Social e Xuventude que conta cunha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade como ás familias, dado que tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral. Este programa da Xunta de Galicia, que conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables, recalará en 30 concellos das catro provincias galegas.
A sétima parada desta programación será en Mugardos o domingo 12 de febreiro de 16:00 h a 21:00 h na Praza do Mercado.
Actuación de Willie & Winnie ás 20:30 h.
Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades totalmente gratuítas:
Gastronomía saudable: xogos educativos e show cooking con produtos locais e de tempada.
Sensibilización medioambiental: talleres dinámicos sobre a protección do medio, o cambio climático ou a reciclaxe.
Igualdade de xénero: relacións tóxicas vs. relacións de bo trato.
Taller de graffiti: técnicas de aprendizaxe rápida e mural común.
Habilidades para a empregabilidade: dinámicas grupais para a elaboración do currículo ou abordaxe dunha entrevista de traballo.
Información xuvenil: caravana móbil como punto de información de recursos para a mocidade.