Programa de Dinamización Xuvenil da Eurocidade Chaves-Verín: creación dun Foro xuvenil tranfronteirizo

09 Nov 2012

EUROCIDADEHoxe venres 9 de novembro de 2012, ás 19:00 horas da comezo na sede da Eurocidade Chaves-Verín, unha reunión informativa cos colectivos xuvenís de Chaves e Verín para presentarlles o proxecto de Creación dun Foro Xuvenil Transfronteirizo.

O acto, ao que asistirán máis de 50 representantes de colectivos xuvenís de ambos lados da raia, é presentado por persoal da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Na segunda fase do proxecto, a desenvolver durante os meses de novembro de decembro, os representantes dos colectivos xuvenís integrados no Foro Xuvenil articularán os regulamentos e estatutos necesarios para a súa posta en marcha como organismo con personalidade xurídica, tanto no territorio español coma no português.

Durante a reunión, explicarase con detalle o obxecto do Foro Xuvenil Transfronteirizo, dando ao final un turno de palabra aos asistentes nos que se derán resposta ás súa dubídas sobre o proxecto.

O Foro Xuvenil Transfronteirizo busca converterse nun espazo de partipación democrática da mocidade de Chaves e Verín, a partir do cal os colectivos que realizan o seu traballo dentro do territorio da Eurocidade poidan aportar as súas opinións respecto das inquedanzas e necesidades existentes entre a mocidade local, dende unha perspectiva transfronteiriza. Por outra banda, tamén persegue servir de lugar común de encontro e de intercambio de experiencias entre os mozos e mozas de Chaves e Verín a partir do cal poder xerar novos proxectos conxuntos de participación xuvenil.

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto EUROCIDADE II, aprobado ao abeiro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), que conta coa participación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado o Instituto Português do Desporto e Juventude, o Concello de Verín e a Câmara Municipal de Chaves.