Curso en Cangas de competencias dixitais para a mocidade

05 Dec 2022

O Concello de Cangas a través das Concellerías de Servizos sociais, Igualdade e a de Xuventude e Voluntariado, ten previsto realizar nos meses de decembro e xaneiro, en colaboración coa Fundación Esplai, un proxecto para promover que as nenas e adolescentes tamén elixan vocacións relacionadas coa Ciencia e a Tecnoloxía.

Este programa de capacitación inclúe formación intensiva no ámbito da programación, a resolución de problemas a través da Intelixencia Artificial e a Nube e capacitación sobre ODS e os retos da Axenda 2030. Non son necesarios coñecementos previos en programación.

A formación ten un total de 35 horas divididas en 5 módulos:

- Introdución á programación básica con Python - Intelixencia artificial e aprendizaxe autónomo - ODS, Axenda 2030 e aplicacións éticas da IA - Creación dun espazo web interactivo - Competencias transversais, desenvolvemento do proxecto grupal e implementación.

O prazo de inscrición está aberto do día 05 ata o 16 de decembro de 2022. As prazas son limitadas, polo que as prazas destinaranse en función da orde de inscrición na Casa da Xuventude 986392171 xuventude@cangas.gal. Débese entregar o consentimento expreso das familias xa que está dirixido a mozas de 12 a 17 anos.

 

Páxina web | Consentimento para participar no curso