O programa de minicampamentos 'Coñece Galicia' da Xunta de Galicia finaliza esta semana con actividades como as do Xeocampamento de O Courel

01 Set 2022

A directora xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou aos 20 mozos e mozas de entre 10 e 14 anos que na última semana de agosto gozaron das montañas de O Courel no Xeocampamento. Trátase dunha das últimas propostas das 13 que houbo ao amparo dos mimicampamentos Coñece Galicia, que este ano conseguen a súa terceira edición.

Desde o pasado luns 29 de agosto e ata o venres 2 de setembro, os participantes realizan actividades de coñecemento do medio natural da contorna desta zona de Lugo. En concreto levan a cabo roteiros a lugares como o museo xeolóxico de Montefurado, ao Valle das Amoras, á Devesa de Rogueria ou ao museo das Covas. Tamén desenvolven xogos para coñecer a natureza de O Courel como xincanas e actividades cos monitores, así como outras pola noite para ver as estrelas.

Cristina Pichel puxo en valor a boa acollida que tivo nesta terceira edición os minicampamentos, que ademais de impulsar unha programación de lecer para as mozas e mozos de entre 10 e 14 anos, permitiron dinamizar establecementos hostaleiros nos que tiveron lugar durante os meses de verán. Xunto con este minicampamento na montaña lucense, esta semana tamén finalizan as actividades Náutica e Audiovisual, en Sada, e Natura III, en Sanxenxo.

 

Nesta liña, lembrou que a iniciativa está enmarcada dentro da campaña de verán máis grande ata o de agora realizada polo Goberno galego, O verán que queres contar. A Administración autonómica ofreceu este verán 10.800 prazas para os campamentos de verán, que supuxo un importante papel na conciliación familiar.