Bolsas de práctica no Banco Sabadell

07 Xul 2022

Banco Sabadell busca estudantes de grao e máster que desexen formarse en banca, finanzas, auditoría, xestión de riscos ou organización de persoas, co Programa Internship 2022.

Dirixido a estudantes de último ano de grao ou máster/posgrao que queiran comezar a súa carreira profesional no Banco Sabadell, na área que máis se adapte ao seu perfil e onde poidan desenvolver o seu talento para formarse como profesionais do sector.

O obxectivo é proporcionar unha experiencia laboral real que inclúa unha aprendizaxe de valor para axudar aos estudantes para desenvolver a súa carreira profesional.

O programa de bolsas ten unha duración de 500 horas con posibilidade de prórroga.

As prácticas desenvólvense a partir de setembro ata xaneiro/febreiro, nos centros corporativos do Banco Sabadell de Sant Cugat, Madrid, Barcelona e Sabadell.

Período de inscrición ata cubrir o número de bolsas.

Máis información: https://www.sabadellcareers.com/internship-programme/