Día mundial do Medio Ambiente: por unha Información Xuvenil Verde

11 Abr 2022

bguia1Segundo o Eurobarómetro, os problemas ambientais son unha prioridade para o 67% das persoas mozas, que lideran as reivindicacións polo clima a nivel mundial, e os servizos de información dirixidos a elas deben darlles o apoio necesario.

Esta guía explora o papel destes servizos no actual contexto de emerxencia climática e inclúe boas prácticas e exemplos sobre a información que se debe proporcionar para involucrar e empoderar á mocidade neste ámbito.

 

Está dividida en catro capítulos.

O primeiro deles explora o labor dos servizos de información xuvenís, comprometéndose coa creación de conciencia a través de actividades, prácticas e comportamentos inspiradores de diferentes organizacións.

O segundo recolle consellos para que as diferentes entidades deseñen a súa estratexia verde de forma participativa.

O terceiro céntrase na información xuvenil de calidade, que inclúa programas ambientais, fundamentalmente a nivel local.

E o cuarto inclúe ferramentas para abordar os problemas de sustentabilidade ambiental coas persoas mozas, como actividades formativas, grupos de debate ou programas de educación non formal.

Tamén ofrece consellos para que as oficinas dos diferentes servizos reduzan a súa pegada ecolóxica.

 

Podes atopar toda a información sobre guía Servizos de Información Xuvenil Sostibles aquí.