O mellor Graffiti do mundo en Lugo

15 Feb 2022

O mural de Julio César, na Rolda da Muralla de Lugo, realizado polo grafitero Diego As, foi elixido como o mellor Graffiti do mundo 2021. Así o decidiu a comunidade Street Art Cities, recibindo máis de 60.000 votos para erixirse como a obra máis votada.

1

 

O sétimo posto foi para o artista ourensá Mon Devane e o décimo para a artista de Baiona Lula Goce

 As Estrelas do Camiño, de Mon Devane

Mon Devane é o autor do mural de Xermán Arias, en Triacastela, que foi seleccionado como sétimo mellor Graffiti do mundo.

3

 

Lula Goce

Un tributo a todas as mulleres, homes e familias que sofren o cancro de mama en primeira persoa. Esa é a obra de Lula Goce, pintada sobre a fachada dun edificio localizado no municipio de Aranda de Douro (Burgos), que está seleccionada como o décimo mellor Graffiti do mundo. 

2

 

Desde a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado apostamos polo Graffiti como unha das especialidade artística dos Premios anuais Xuventude Crea, premios nos que poden participar mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.