Alicia Otero gaña na especialidade de Música do certame Xuventude Crea

30 Nov 2021

A ourensá Alicia Otero quedou como primeira clasificada no certame Xuventude Crea na especialidade de música, que se celebrou o domingo no Praia Club da Coruña. Cunha proposta a piano e voz, sorprendeu interpretando o Retrato e Saliva e alcatrán. O xurado considerouna como a mellor proposta da final. O premio é de 3.000 euros.

O segundo posto foi para Ana & Marián (de Noia e Outes), con temas Faros e Canto ao mar; e o terceiro para Karma Animal (Vigo), con Fénix e Marfil. Os autores das obras gañadoras tiveron que competir co resto de finalistas, entre os que se atopaban Burgas Vandal (Ourense), cos temas Inimigo e Purgatorio; Tiam Gz (Chantada), coas pezas Males endémicos e Muinhei-rap de Chantada; e Galboir (Arzúa), cos temas Noite eterna e Case todo ben.

1