Catálogo da exposición das obras finalistas de artes plásticas e fotografía Xuventude Crea 2021

12 Nov 2021

Xa está dispoñible o catálogo dixital das obras finalistas das especialidades de artes plásticas e fotografía do programa Xuventude Crea 2021, que inclúe fotografías e reseñas de cada unha das obras, así como os premios concedidos.

As devanditas obras están expostas na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela, situada na Praza de Mazarelos 2, ata o vindeiro día 26 de novembro. O horario da exposición é de luns a sábado, de 11 a 14 horas, pola mañá, e de 17:30 a 20:30 horas, pola tarde. Esperamos a vosa asistencia!

Xa podes descargar aquí o catálogo.