Mavedeus Mavedeus

Premios de Xuventude Crea en Teatro, Poesía, Novela Curta, Videocreación e Videoxogos

03 Nov 2021

Mavedeus, grupo de teatro de Santiago de Compostela, son os premiados na modalidade de teatro de Xuventude Crea 2021, con Agro 5g. O segundo premio foi para As catro, de Vigo, coa obra Que rima con Chomsky?, e o terceiro foi para o tamén vigués grupo Xebra, con Irremediablemente soa.

Brais Lamela Gómez, de Vilalba, e Alba Guzmán Falcón, de Ourense, son as persoas gañadoras do certame Xuventude Crea 2021 nas modalidades de poesía e novela curta, respectivamente.

Recibirán 3.000 euros e o apoio na difusión dos seus traballos galardoados. Brais Lamela presentou ao certame A linguaxe dos outros, un poemario no que o xurado distinguiu «a profundidade filosófica, a modernidade e o manexo dos recursos literarios». Pola súa banda, Alba Guzmán fíxose co premio coa narración Xoaniña de deus.

Na modalidade de poesía tamén obtiveron premios Judith Ruso Pereiro, de Negreira, con Hábitat hostil, e Navia Rivas Castro, de Santiago, con Aprender a respirar.
En total, presentáronse 38 propostas. O segundo e terceiro premio no apartado de novela curta corresponderon ao santiagués Adrián Noia Vázquez, con O país dos raposos, e Aarón Barreira Diz, de Culleredo, con Indicios esferoides. Os segundos clasificados recibirán 1.500 e euros e os terceiros, 1.000.

Na modalidade de videocreación o primeiro premio foi para Aarón Vilariño Figueiras, de Santiago de Compostela, pola obra Peixe; o segundo, para Vulgaris, de Mario Fernández Filloy, do Carballiño; e o terceiro foi compartido entre Juan Rodríguez Bas, de Gondomar, con O principio do movemento e Alba Rodríguez Villar, de Cedeira, con Quebec delta.

Na categoría de creación de videoxogos o primeiro premio recaeu en Misery, de Hopless Productions, de Manuel Silva e Pedro Peteiro, de Oleiros; o segundo foi para Valico, the grim world de Team Valico, de Iván Fernández e Luis D.Lobo de Vigo; e o terceiro foi para Underworld de Osfados, por Alba Paz e Alison Dieste, de Cambados.

http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea