- A iniciativa pon a disposición dos mozos e mozas, con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, 30 prazas para os fins de semana do 12 de agosto, 1 e 8 de setembro
- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado abre hoxe o prazo de inscrición que rematará ata cubrir a totalidade de prazas
- A organización ofrece aloxamento en Braga e servizo de transporte desde as cidades de Santiago, Pontevedra e Vigo
A Consellería de Traballo e Benestar abre hoxe o prazo de inscrición para que os mozos e mozas galegas, de entre 18 e 30 anos, podan acudir ás actividades programadas en Braga, a cidade lusa elixida este ano como a Capital Europea da Xuventude.
Para elo, a Dirección Xeral de Xuventude oferta un total de 90 prazas distribuídas en tres fins de semana diferentes, unha iniciativa que inclúe aloxamento en Braga e servizo de transporte desde as cidades de Santiago, Pontevedra e Vigo. Deste xeito, ofértanse 30 prazas para os fins de semana do 12 de agosto e 1 e 8 de setembro. Os interesados poden cursar xa a súa solicitude a través da web www.xuventude.net.
Os participantes poderán acudir o 12 de agosto, con motivo do Día Internacional da Xuventude, a diversas actividades de animación na praia fluvial de Adaúfe. Haberá 6 horas de música ininterrompidas coa presenza de bandas musicais emerxentes e DJ’s relevantes do panorama musical actual.
A música tamén será a protagonista nas actividades do 1 de setembro. Celebrarase a ’Ponte party People’ con grupos musiciais e DJ’s no parque de Braga. E o 8 e 9 de setembro descorrerá a ‘Noite Branca’, un evento de 24 horas que ten como obxectivo principal transformar Braga nunha gran instalación artística, abrindo ininterrompidamente todas as áreas de entretemento, tanto espazos públicos e privados. Este evento permitirá a animación continua das rúas da cidade de Braga, con distintos espectáculos de artes performances e circenses, música e proxección multimedia, entre outros.
A posta en marcha destas prazas para a mocidade galega é unha iniciativa enmarcada dentro do proxecto Emprende, financiado polo programa de cooperación transfronteiriza galicia-Norte de Portugal (Poctep). Un dos obxectivos principais deste proxecto é a mobilidade xuvenil e o intercambio de experiencias entre mozos de Galicia e o norte de Portugal.
Consulta as normas de participación
Formulario de inscripción PRAZAS ESGOTADAS (Actualización 06/08/2012)