Achega as túas suxestións ao regulamento do Consello Asesor e Consultivo da Xuventude de Galicia

24 Xul 2012

regulamento_conxugaO vindeiro xoves día 13 de setembro, ás 20:00 horas, vai ter lugar, no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil en Santiago de Compostela, a terceira sesión de traballo para a redacción do borrador de Decreto de regulación do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia, o novo órgano colexiado de participación, representación e consulta das políticas públicas en materia de xuventude creado pola primeira Lei de xuventude de Galicia (Lei 6/2012, do 19 de xuño. DOG do 20 de xullo). Esperamos contar coa vosa presencia a fin de chegar ao máximo consenso posible na elaboración do texto final, para o que vos achegamos o formulario de inscrición na devandita sesión.

Se formas parte dalgunha entidade asociativa xuvenil, organización estudantil, etc, Anímate e Participa!!

Formulario de inscripción.

Consulta o borrador do regulamento do Consello Asesor e Consultivo da Xuventude de Galicia