Proxecto Dúo Vaguedades

06 Mai 2021

Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nun proxecto audiovisual que mestura humor e música e que propón unha revisión cómica de diversos aspectos que nos definen como galegos e galegas, así como dos fitos máis sobranceiros do noso patrimonio cultural.

O proxecto componse de cinco audiovisuais que inclúen cadanseu videoclip do Dúo Vaguedades, a primeira banda tecno da historia, formado nada máis e nada menos que polos mesmísimos Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.

O proxecto Dúo Vaguedades forma parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22

Dubidar

Pondal e Rosalía pasan unha tarde de choiva na casa. A conversa, aparentemente intrascendente, agocha moita poesía, culta e popular. Nesta entrega podermos escoitar un tema do Dúo Vaguedades sobre unha das características que disque define os galegos e galegas: a dúbida.

 

V1

Falar por falar

Titorial para explicar como se debe ligar en distintas zonas de Galicia, algo para o que é fundamental a dialectoloxía. Complétase cunha canción que nos anima a falar os sete falares, falar por falar, falar sen parar, falar sen cancelas e falar en galego.

V2

 

Rexurdimento

Como auténticos visionarios, Rosalía e Eduardo propoñen crear un programa de variedades nunha televisión pública os venres ao serán. Ha ter éxito seguro. Sobre todo se lle poñen un nome sacado dun verso de Pondal. Cal pode ser? Despois, o Dúo Vaguedades participa nun casting onde mostra a súa valía cunha canción sobre o Rexurdimento.

V3

Verbos compostos

As novas tecnoloxías e as redes sociais chegan ás mans do Dúo Vaguedades, mais semella que Pondal non se amaña moi ben con elas. O videoclip, desta volta, lémbranos que “o galego é un idioma moi ben dotado”. E iso que non ten tempos compostos.

V4

Cultura nas verbenas

Rosalía e Eduardo charlan sobre a música das orquestras que percorren as verbenas galegas. Pero a cultura galega vai moito máis aló... como se pode ver no primeiro videoclip do Dúo Vaguedades.

V5