Enquisa de inserción laboral de persoas tituladas universitarias

30 Out 2020

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou a Enquisa de inserción laboral de persoas tituladas universitarias do ano 2019, que mostra a situación dos graduados/as do curso 2013-2014 cinco anos despois de concluír os seus estudos.

Datos en Galicia:
Taxa de emprego do 83,3 %. O 10 % no estranxeiro e o 73,5 %, en Galicia.
Oito de cada dez universitarios/as que obtiveron o seu título en universidades galegas estaba a traballar no momento da enquisa. Esa taxa de emprego do 83,3 % está por baixo da media nacional (86,1 %) e é a cuarta peor das comunidades autónomas, por detrás de Andalucía (78,3 %), Castela-A Mancha (81,4 %) e Canarias (81,7 %). Por ámbitos de estudo, os que mellor taxa de emprego presentan en Galicia son a Informática, a Enxeñería, industria e construción, e a Saúde e os Servizos sociais, todas elas por encima do 90 %.

Onde están a traballar as persoas tituladas de Galicia que teñen emprego? Case tres de cada catro (o 73,5 %) fano na propia comunidade. Só Baleares (91,1 %), Canarias (83,7 %), Cataluña (82,3 %) e País Vasco (80,1 %), quedan con máis titulados/as propios. Un 16,5 % das persoa graduadas en Galicia logrou emprego noutra comunidade autónoma, sendo Madrid, Cataluña, Castela e León e Asturias as que máis reciben. E un 10 % atopou a súa oportunidade no estranxeiro, unha cifra que supera a media estatal (7,4 %) e que coloca á comunidade como a segunda con máis titulados noutros países, case á vez co 10,1 % de Asturias.

https://www.ine.es/dyngs/INEbase/es/operacion.htm?c=Estadistica_C&cid=1254736176991&menu=ultiDatos&idp=1254735976597