As persoas mozas son as que experimentaron con maior intensidade os efectos do parón económico derivado do confinamento tal e como reflicten a caída da taxa de actividade e a caída da taxa emprego.
En comparación co mes de marzo, en abril hai un 33,3% máis de persoas mozas en paro e un 82,4% máis que son demandantes de emprego. Ademais, a taxa de paro da poboación nova en España sitúase no 25,2% durante as primeiras semanas do estado de alarma, rexistrando un incremento trimestral máis de dúas veces superior ao que se rexistrou entre a poboación de 30 a 64 anos.
Estes son algúns dos datos que recolle a primeira entrega do estudo 'Mocidade en risco: análise das consecuencias socioeconómicas do COVID-19 sobre a poboación nova en España', elaborado con fontes secundarias polo Instituto da Mocidade ( Injuve) e o Consello da Mocidade de España ( CJE) co fin de medir o impacto da pandemia e das medidas de confinamento sobre un mercado laboral xuvenil