Que quero ser de maior? Ciencia e Tecnoloxía en feminino”

25 Mai 2020

O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- acaba de publicar en galego a guía Que quero ser de maior?. Forma parte do proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino” desenvolto pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España -APTE-, na que está integrada Tecnópole.

Nesta guía ilustrada recóllense algúns exemplos de estudos científicos e tecnolóxicos e as súas posibles saídas profesionais.

O obxectivo deste proxecto, que este ano cumpre a súa terceira edición, é lograr que aumente a porcentaxe de alumnas que elixen a especialidade de Ciencias ou Tecnoloxía en Educación Secundaria e opten posteriormente por carreiras de CTIM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) ou tamén denominado co seu equivalente en inglés como STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics).

https://www.tecnopole.es/sites/default/files/pdf/QUE%20QUERO%20SER%20DE%20MAIOR.pdf