XoveTIC

15 Set 2020

Un ano máis, o CITIC da UDC organiza o Congreso XoveTIC, un evento científico que se foi consolidado ano tras ano como unha cita obrigada para o persoal investigador junior (predoutoral e posdoutoral) do ámbito TIC de universidades españolas e do norte de Portugal.

Esta terceira edición, que terá lugar os días 8 e 9 de outubro de 2020, celebrarase nun formato online.

As persoas interesadas en participar deberán enviar un abstract de 500 palabra como máximo a través da plataforma Easychair, indicando a área temática do seu traballo, que poderá estar redactado en galego, portugués, español ou inglés.

O prazo de recepción de abstracts a través da plataforma EasyChair estará aberto ata o 17 de xuño.

O rexistro de asistencia é ata o 29 de setembro.

O obxectivo do congreso é crear un espazo de encontro para o debate científico e contribuír deste xeito á formación dos asistentes.
O XoveTIC, cuxa inscrición é gratuíta, supoñerá unha oportunidade ideal para que as persoas participantes compartan as súas investigacións nun ambiente colaborativo e distendido.

Cabe destacar que o XoveTIC é un congreso xenuíno que se diferencia da maioría dos congresos que se celebran en España no ámbito das TIC, nos cales se reúnen investigadores senior con anos de experiencia. Así, o XoveTIC pode ser o punto de partida de novas investigacións e proxectos que impliquen cambios disruptivos na sociedade e na tecnoloxía tal e como actualmente coñecémolas.

https://xovetic.citic.udc.es/