Letras Galegas 2020: Lectura compartida en liña

05 Mai 2020

A Cidade da Cultura de Galicia vai celebrar o vindeiro 17 de maio, a edición 2020 do Día das Letras Galegas adicada ao ferrolán Ricardo Carvalho Calero, cunha lectura participativa online de textos do autor homenaxeado.

A actividade está aberta a toda a cidadanía. O único que se pide é compartir un pequeno vídeo lendo un texto do escritor. O audiovisual co que contribuamos será a pequena-gran parte dun todo: un gran mural con imaxes e sons que se publicará nas redes o vindeiro 17 de maio con todas as achegas recibidas.

A escolma de textos para esta lectura participativa está realizada pola poeta Pilar Pallarés, recoñecida en 2019 co Premio Nacional de Poesía polo seu libro Tempo Fósil. Nesta escolla inclúese unha completa mostra da ampla produción literaria de Carvalho Calero, desde poesía, teatro, ensaio ou narrativa.

As persoas interesadas en participar poderán descargar a proposta de textos realizada pola poeta Pilar Pallarés, recoñecida en 2019 co Premio Nacional de Poesía polo seu libro Tempo Fósil, na web da Cidade da Cultura e enviar un vídeo antes do 11 de maio ao enderezo electrónico prensa@cidadedacultura.org

As lecturas dos textos de Carvalho Calero serán incluídas nun audiovisual que recompile todos os fragmentos. Para festexar o día grande das nosas letras, esta peza será emitida en liña polas diferentes redes sociais da Cidade da Cultura de Galicia (Facebook, Twitter e Instagram).

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/letras-galegas-2020-ricardo-carvalho-calero-lectura-compartida-en-lina