Protección frente aos delitos dixitais

04 Mai 2020

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) adverte de que a situación de alerta xerada polo COVID-19 a nivel mundial é un caldo de cultivo perigoso para ataques de phishing a través de servizos de mensaxería instantánea, email e outros medios.

Que é o phishing?
Conforme a AEPD, é un dos métodos máis utilizados por delincuentes cibernéticos para estafar e obter información confidencial de forma fraudulenta como pode ser un contrasinal ou información detallada sobre tarxetas de crédito ou outra información bancaria da vítima, coa finalidade de causarlle perdas económicas. O estafador ( phisher) utiliza técnicas de enxeñería social que consiste en obter información esencial a través da manipulación dos usuarios lexítimos da internet ou dun servizo ou dunha aplicación.

Consellos para protexerse do phishing
- Non contestes automaticamente a ningún correo que solicite información persoal ou financeira. As empresas financeiras ou bancos non solicitan os teus datos confidenciais ou de tarxetas a través de correos. Non fagas clic na ligazón proporcionada no correo electrónico.
- Comproba que a páxina web na que entraches é unha dirección segura. Para iso, ha de empezar con https:// e un pequeno cadeado pechado debe aparecer na barra de estado do noso navegador.
- Se recibes un email sospeitoso, ignórao e non respondas.
 - Se sospeitas que fuches vítima de phishing cambia os teus contrasinais e ponte en contacto inmediatamente coa entidade financeira para informarlles.

https://www.aepd.es/sites/default/files/2019-09/fichas-proteccion-datos-y-prevencion-de-delitos.pdf