Todos e todas en forma!!

30 Abr 2020

O Concello da Coruña quere que a mocidade se manteña en forma durante estes días de confinamento, para iso publica unha serie de exercicios en liña, entre os cales hai varios específicos para mozos e mozas.

Trátase de trinta audiovisuais creados e gravados polas monitoras e monitores das Escolas Deportivas Municipais, deseñados especificamente para practicar na casa durante o Estado de Alarma e adaptados ás distintas idades, distribuídos en vídeos de quecemento para todas as idades, vídeos para infantil e xuvenil (de 6 a 17 anos) e vídeos de exercicios para maiores de 18.

https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/en-lina