Fotografías desde as fiestras. Técnicas para mellorar as túas imaxes

29 Abr 2020

Desenfocadas, sen encadre, con pouca luz... Cantas veces lle teremos botado a culpa ao noso móbil pola mala calidade das fotos cando era só cuestión de falta de pericia ou de técnica. Por iso, bota a andar Clic Xanela, un curso de fotografía en liña con sinxelos consellos impartidos por Óscar Corral.

O fotógrafo galego —colaborador da Cidade da Cultura e tamén da axencia EFE e de medios como La Voz de Galicia ou El País— convídanos a tirar proveito da cámara do noso móbil e das fiestras deste obrigado #quedanacasa. Vainos asesorar como rescatar do mellor xeito posible eses divertidos ou especiais momentos que se coan polos cristais e que seguen a formar parte das nosas cotiandades.

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/clic-xanela-fotografias-desde-fiestras-tecnicas-para-mellorar-tuas-imaxes