Nova convocatoria do Corpo Europeo de Solidariedade 2020

05 Dec 2019

A Comisión Europea publicou a convocatoria de proxectos do Corpo Europeo de Solidariedade para o ano 2020.

A Unión financiará actividades solidarias, permitindo ás persoas mozas involucrarse en programas de voluntariado ou prácticas laborais de diversas áreas.

Tanto os organismos públicos como privados establecidos nos países participantes, que recibisen a etiqueta de calidade correspondente, poderán presentar a súa solicitude de financiamento de proxectos.

Ademais, os grupos de mozos rexistrados no portal do Corpo Europeo de Solidariedade terán a oportunidade de solicitar axudas económicas para implementar os seus propios proxectos na súa comunidade local.

Establécense tres roldas de presentación de solicitudes, que pechan o 5 de febreiro, o 30 de abril e o 1 de outubro.

As persoas interesadas en coñecer os proxectos aprobados poderán facelo a través da Plataforma de Resultados.

CONVOCATORIA: https://europa.eu/youth/solidarity_es

Máis información: http://erasmusplus.injuve.es/opencms/export/download/formularios/european-solidarity-corps-guide_2020_en.pdf