I TORNEO AUTONÓMICO DE LOL (League of Legends) NOS ESPAZOS XOVES. FASE FINAL (OITAVOS, CUARTOS E FINAL)

13 Dec 2019

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social promove o coñecemento, a formación e o ocio ao redor dos videoxogos a través da organización do primeiro torneo a nivel autonómico do coñecido xogo LOL (League of Legends).

Trátase dun proxecto pioneiro en Galicia que está tendo lugar, desde principios de outubro e ata finais de novembro, nos 12 Espazos Xoves xestionados pola Administración autonómica, co fin de favorecer a participación de mozos e mozas da zona e da contorna próxima.

Os obxectivos do programa son os seguintes:
Ofrecer espazos para que a xuventude poida participar en actividades de ocio e de tempo libre vinculadas co sector dos videoxogos
Ampliar o coñecemento, a formación e as oportunidades laborais que ofrece esta industria emerxente
Promover un uso educativo e responsable dos videoxogos


NOVIDADE: FASE FINAL

Tras a primeira fase inicial celebrada nos diferentes Espazos Xove (que remata o vindeiro sábado 30 de novembro), a fase final deste I torneo autonómico de League of Legends organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado  terá lugar no recinto Feira Internacional de Galicia, en Silleda, os vindeiros 21 e 22 de decembro.

O obxectivo é configurar un intenso e apaixonante fin de semana de competición entre os 16 equipos clasificados para esta fase final. Cómpre lembrar que nos Espazos Xoves de menor poboación (Betanzos, Curtis, Noia, Pontedeume, Vilalba, Viveiro, Chantada e Tui) clasifícanse para esta fase un equipo de cada zona, mentres que nos catro de maior poboación (Carballo, Ourense, Lalín e Vilagarcía), son dous os equipos clasificados.

Deste xeito, a organización da final do torneo será como segue:

Día 1 (sábado 21 de decembro): terán lugar os oitavos de final, que se disputarán de xeito simultáneo en catro espazos (“areas”) diferentes. Xogaranse tres partidos en cada espazo e, os dous mellores, pasarán á seguinte fase.

Día 2 (domingo 22 de decembro): disputaranse os cuartos de final e as semifinais a partido único. Pola tarde terá lugar a gran final, na que o equipo gañador resultará ser o mellor de tres partidas.


Cómpre destacar que a conexión a internet e os equipos informáticos que se empregarán durante esta fase final serán subministrados pola compañía R.


Gastos contemplados

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ofrecerá transporte, aloxamento e manutención, de carácter totalmente gratuíto, aos membros dos 16 equipos clasificados para esta fase final.

En primeiro lugar, o transporte será de ida o sábado pola mañá e de volta o domingo pola tarde.  

Os autobuses saíran de cada un dos Espazos Xove nos que se realizou a primeira fase do torneo, salvo excepcións abaixo relacionadas.

Saída: A saída en cada ruta será desde o primeiro espazo xove relacionado no cadro, do sábado 21 de decembro.

Regreso: Á volta, o autobús fará o recorrido inverso ao da ida. Todos os autobuses sairán de Silleda ás 19.00 horas do domingo, 22 de decembro.

HORARIOS DO SÁBADO:

ESPAZOS XOVE. AUTOS CAPELA: RUTA E HORARIOS DE RECOLLIDA
Pontedeume: 11:00 h.
Betanzos: 11:30 h
Carballo: (12:45-13:00 h.)
Silleda

ESPAZOS XOVE. AUTOS DOSIL. RUTA E HORARIOS DE RECOLLIDA
Noia 11:00 h.
Vilagarcía : 12:00 h.
Silleda

ESPAZOS XOVE. AUTOS IGLESIAS. RUTA E HORARIOS DE RECOLLIDA
TUI / VIGO: 11:00  h.
OURENSE 12:00 h.
LALIN 12:45 h.
SILLEDA

ESPAZOS XOVE. AUTOS SUSOVIGO. RUTA E HORARIOS DE RECOLLIDA
VIVEIRO Estación de Autobuses  ás 10:30h
VILALBA  Casa da Cultura, ( parada de taxis) ás 11:30 h
CHANTADA  Avd de Portugal con Rua Avelino Gómez Ledo ás 13:00h
LALIN   Espazo Xove de Lalín ás 13:30 h.
SILLEDA

No referente ao aloxamento, os equipos clasificados poderán aloxarse nun pavillón independente do recinto, pero é preciso que traian a súa propia tenda de acampada, saco de durmir e útiles de aseo. Terán, así mesmo, acceso a duchas e lavabo.

Por último, e en canto á manutención, os equipos finalistas contarán con servizo de comida e cea o sábado 21, así como con almorzo e comida o domingo 22.


Premios

Cada membro do equipo gañador será obsequiado/a cunha tarxeta de Riot Points (valorada en 100 euros) a través da que se poderán adquirir diversos elementos dentro do xogo, ou con outra tarxeta regalo a determinar pola organización.

Os membros do equipo que quede en segunda posición recibirán material de promoción da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.


Observacións

Esta fase final do I torneo autonómico de League of Legends nos Espazos Xoves será aberta a todo o público, que poderá seguir a competición na pantalla do escenario principal.