O Goberno de Indonesia convoca as bolsas Darmasiswa destinadas a estudantes interesados en aprender o idioma oficial bahasa e profundar na arte e a cultura deste país asiático.
As axudas poderanse gozar durante o próximo curso 2019/2020 nalgunha das 71 institucións oficiais de educación superior de Indonesia e cubrirán un período dun ano completo.
Os aspirantes elixidos recibirán unha asignación mensual que oscilará entre as 2.950.000 rupias (uns 230 euros) e as 2.550.000 rupias (uns 180 euros), en función da cidade de destino que escolla cada un.
Ademais disto, todos os estudantes terán dereito a recibir o aloxamento e o transporte durante o programa de orientación previo ao goce destas bolsas e que terán lugar na capital, Iacarta, durante o mes de agosto, segundo recollen as bases desta convocatoria.
Para poder aspirar a unha destas bolsas é necesario proceder dun país que manteña relacións diplomáticas con Indonesia, así como ter estudos de Educación Secundaria ou equivalentes.
Tamén é obrigatorio ter unha idade mínima de 17 anos e unha máxima de 35 anos no momento de solicitar estas bolsas, e contar con estudos de Educación Secundaria ou equivalentes.
Así mesmo, o dominio do inglés é outro dos requisitos indispensables para poder acceder a unha destas axudas, xa que a maioría de institucións de educación superior do país imparten as súas clases neste idioma.
O prazo para as Bolsas Darmasiswa: 1 de marzo. (Convócanse todos os anos)
http://embajadaindonesia.es/now-open-darmasiswa-scholarship-20192020/