‘Youth Wiki’, enciclopedia virtual sobre mocidade

08 Out 2018

Recolle e sintetiza información que antes estaba dispersa en distintas webs.

Youth Wiki naceu co propósito de servir de enciclopedia virtual de cabeceira para todos os mozos europeos.

A información está organizada en función dos 27 países participantes e recolle e sintetiza información, que antes estaba dispersa en distintas webs, sobre políticas e accións nacionais de educación e formación, emprego e emprendemento, voluntariado, inclusión social, mocidade, creatividade e cultura destinados a mozos. Tamén se poden consultar os datos categorizados segundo as diversas políticas que levan a cabo na Unión Europea, como emprego e emprendemento, saúde e benestar ou inclusión social.

O obxectivo xeral deste proxecto é axudar á Comisión Europea e aos Estados membros da Unión Europea na súa toma de decisións, proporcionando información sobre as reformas e as iniciativas vixentes. A recompilación destes datos tamén permite o intercambio de información e novos enfoques  e apoiar actividades de aprendizaxe usadas por traballadores no ámbito da mocidade, ademais de servir como base e guía para mozos interesados, estudantes e investigadores na materia.

A principal fonte de información desta enciclopedia consiste en documentos oficiais procedentes das autoridades nacionais de alto nivel no ámbito da mocidade, así como de estudos, enquisas, análises de datos e estatísticas.
Cada país designa un Correspondente Nacional (CN) quen facilita e actualiza periodicamente os datos almacenados na ‘Youth Wiki’

https://eacea.ec.europa.eu/national-policies/youthwiki