Estancia creativa para xóvenes

13 Feb 2012

ESTANCIAS_CREATIVASEstancia creativa para xóvenes: literatura. Un grupo de mozos e mozas compartiron durante tres días unha forma nova de creación literaria.

 Esta fin de semana tivo lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo) a estancia creativa na especialidade de literatura. Os  mozos e mozas que participaron nesta fin de semana tiveron a oportunidade durante tres días de crear. A través da participación activa de todos se consegue un novo xeito de crear.

No Albergue realizaron pequenos obradoiros que espertaron a imaxinación dos participantes, pequenas dinámicas para avanzar na creación literaria: creación ambiental, creación de personaxes, creación de acción, creación a través dos sentidos, creación dende outros puntos de vista non habituais (co sentido da vista, do tacto,…).

Posteriormente activouse un obradoiro participativo e interactivo literario a través da dinamización das rúas da Coruña e de Cambre a través da literatura. O método foi a creación dun relato breve e a súa plasmación nun formato de marcapáxinas xigante e a invitación a súa lectura aos transeúntes.

Estamos a ver unha actividade moi distinta e unha dinamización moi innovadorra, definida por un participante como “literatura interactiva”

O programa Estancias creativas para xóvenes segue durante os meses de marzo a xuño en distintas especialidades. A próxima cita será o vindeiro 9 de marzo no Albergue de Gandarío para as categorías de graffiti e banda deseñada.