Axudas de mobilidade para o alumnado de Erasmus Estudos

02 Xan 2018

Axudas de mobilidade para o alumnado de Erasmus Estudos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2017/18.

Destinatarios: Estudantes que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2017/18 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.

b) Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.

c) Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG Núm. 1Martes, 2 de xaneiro de 2018 ).

Máis información: DOG Núm. 1Martes, 2 de xaneiro de 2018

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180102/AnuncioG0164-301117-0003_gl.html