A Xuventude Móvese: Curso de Xestión de Proxectos de Participación Xuvenil, Eurocidade Chaves-Verín

11 Nov 2011

eurocidade_chaves_verinNo marco das accións previstas dentro do proxecto Eurocidade Chaves-Verín, cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado co apoio do Instituto Português da Juventude, en coordinación co Concello de Verín e a Cámara municipal de Chaves organizan este Curso de Xestión de Proxectos de Participación Xuvenil denominado “A Xuventude Móvese”.

FINALIDADE

Compartir diferentes estratexias prácticas para o traballo coa mocidade a través do programa “Xuventude en Acción”. Cunha metodoloxía dinámica e participativa, preténdese dotar aos participantes de recursos, ferramentas e materiais para impulsar a aprendizaxe non formal dende as súas organizacións, e que o traballo cos mozos e mozas sexa máis áxil e eficaz.

OBXECTIVOS

  • Fomentar o intercambio de experiencias entre colectivos e dinamizadores/as xuvenís da Eurocidade Chaves-Verín

  • Favorecer a cooperación e o traballo en rede entre entidades de Galicia e o Norte de Portugal.

  • Facilitar un espazo de encontro para a reflexión en torno á aprendizaxe non formal con mozos e mozas.

  • Promover a participación xuvenil a través de proxectos no ámbito do programa “Xuventude en Acción”

PERFIL DOS/DAS PARTICIPANTES:

O curso está dirixido a mozos/as, traballadores/as e voluntarios/as de organizacións de Galicia e o Norte de Portugal, que estean traballando ou queiran traballar con mozos e mozas a través da aprendizaxe non formal no marco da calidade europea.

NÚMERO DE PRAZAS: 26 participantes, 13 procedentes de Galicia e 13 do Norte de Portugal.

DATAS: 3, 4, 10 e 11 de decembro de 2011.

HORARIO: De 10h00 a 14h00 e de 15h30 a 21h30 (horario español)

LUGAR: O curso celebrarase un fin de semana en Chaves e outro en Verín (espazos a confirmar)

PROCEDEMENTO, PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Os/As participantes interesados/as deberán enviar por correo electrónico a súa ficha de inscrición, completamente cumprimentada, ao enderezo electrónico xuventude@xunta.es, antes do 28 de novembro.

Realizarase unha selección dos/as participantes interesados/as, ponderando a súa pertenza a algunha organización (formal ou informal), que traballe con colectivos xuvenís -preferiblemente da Eurocidade Chaves-Verín-, e o seu interese na promoción e realización de novos proxectos europeos de participación xuvenil entre Galicia e o Norte de Portugal.

Aos/Ás participantes seleccionados/as seralles notificada a súa inscrición definitiva o 30 de novembro.

FINANZAMENTO: O curso é gratuíto, e inclúe o xantar de cada o día de curso, e un medio de transporte entre Chaves e Verín ao inicio e ao remate de cada xornada.

ACREDITACIÓN: Á finalización do curso, os/as participantes que asistiran a un mínimo do 80% das horas lectivas, recibirán un diploma acreditativo, recoñecido e asinado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Instituto Português da Juventude.

Máis información e formulario de inscripción: .pdf .odt(editable)