Search
Search Keyword: Total 16 results found.
Tag: Asociacionismo Ordering
O voluntariado do Xacobeo xa se ten comezado a despregar ao longo do territorio galego. En concreto, na provincia de Lugo hai _ata o momento- 94 voluntarios locais inscritos neste programa, co fin de informar e atender aos peregrinos. Ademais, en Palas de Rei organizarase un campo de traballo pioneiro centrado no Camiño de Santiago, que constitúe unha das principais novidades das actividades deste ano. Así o explicaron hoxe en rolda de prensa o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias. Ambos representantes autonómicos resaltaron a importancia das actividades de voluntariado neste ano Xacobeo.Rodeiro sinalou que o programa para voluntarios abrangue un gran "abano de idades, que ten como único límite a maioría de idade", ademais dunha ampla diversidade de actividades e de orixe dos propios voluntarios, "aínda que o maior continxente estará formado pola xente das nosas vilas e aldeas". Este gran esforzo reflíctese en que, por primeira vez, haberá presenza efectiva dos voluntarios nos nove camiños de Santiago, con especial atención ao Camiño Francés, por ser o de maior afluencia.O director xeral de Xuventude explicou que o voluntariado se divide en diversos eidos: voluntariado local, da sabedoría, campos de traballo no Camiño, voluntariado sanitario, e proxecto Eu Camiño. No que se refire ao voluntariado local, destacou que en toda Galicia xa hai 300 voluntarios distribuídos nos puntos de información fixos desde a Semana Santa.Os puntos de información fixos que se atopan en Lugo sitúanse nos seguintes lugares: Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín e Palas de Rei (Camiño Francés); Ribadeo e Vilalba (Camiño Norte); e Lugo polo Camiño Primitivo.A estes participantes, hai que sumarlle aos preto de 100 maiores de 65 anos que se despregarán nos meses de verán nos Camiños. O "voluntariado da sabedoría" contará aos peregrinos as súas experiencia e vivencias, a través de lendas, contos, cantigas e historias que coñezan. Actualmente, estase a traballar con eles para a organización destas actividades.Campos de traballoUnha das principais novidades das actividades do Xacobeo neste ano é a organización de campos de traballo que estarán centrados, por primeira vez, no camiño de Santiago. Un deles terá lugar en Palas de Rei, onde os participantes organizarán actividades de animación sociocultural.Arias precisou que en Palas de Rei organizaranse dúas quendas nos meses de xullo e agosto.O campo de traballo ocuparase da rehabilitación e recuperación do entorno natural da lagoa de San Xulián do Camiño, e colocarán a sinalización e mobiliario axeitado, segundo explicou a delegada territorial.Ademais, estes mozos e mozas participarán nos proxecto "Preto de Palas" que consistirá en acompañar aos peregrinos que así o queiran a coñecer os arredores da localidade, a través de rutas guiadas en bicicletas, nas que visitarán monumentos como o Castelo de Pambre ou o Mosteiro de Vilar de Donas.O prazo de inscrición para esta actividade está aberta desde o pasado 26 de abril. Ademais, haberá campos de traballo centrados no Camiño de Santiago en Rois, Ourense, O Pino e Fisterra, que en total sumarán 154 prazas.Voluntariado sanitario e proxecto "Eu Camiño"Ao voluntariado local, da sabedoría e aos campos de traballo, hai que engadirlle o voluntariado sanitario. Máis de cen alumnos de Medicina e Enfermaría da Universidade de Santiago de Compostela incorporaranse nos meses de verán como voluntariado sanitario. Realizarán o seu labor nos centros de saúde de atención primaria do Camiño Francés. Para poder realizar este servizo, realizaron un cursos de formación teórico-práctico de 90 horas.Pola súa parte, o proxecto Eu Camiño constitúe a primeira ocasión en que voluntarios internacionais participarán no Ano Santo Xacobeo, o que garante a atención aos peregrinos en diferentes idiomas ao longo do Camiño Francés. Son un total de 30 persoas procedentes de 19 países (Austria, Bélxica, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Holanda, Noruega, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido e Romanía).Todos eles están xa incorporados aos albergues do Camiño Francés. En Lugo están despregados nos de O Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín e Palas de Rei. Fundamentalmente, colaboran en labores de información ao peregrino e de difusión da ruta e dos seus recursos. Previamente, teñen realizado un período de formación especializada. A súa estadía prolongarase ata setembro.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde que regula o novo modelo de participación xuvenil. A normativa modifíca sustancialmente a de anos anteriores e inclúe novidades para acadar un obxectivo: favorecer a implicación plena da mocidade na sociedade. Así, unha das novidades máis salientables é que por primeira vez en Galicia se permitirá a participación nesta orde a grupos informais de mozos e mozas que deberán contar como mínimo con cinco persoas de entre 18 e 29 anos. Outra das novidades importantes é que os responsables dos proxectos subvencionados poderán solicitar á Xunta un adianto económico do 80 por cento sobre a cantidade total da axuda concedida."Non pode ser un impedimento a posible falta de liquidez dos mozos e mozas que queren levar adiante un proxecto e que precisan adiantar os cartos e tampouco queremos que unha boa idea se quede sen realizar solo polo mero feito de que os seus impulsores non estean aínda constituídos, de maneira formal, como asociación xuvenil", destacou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen estivo acompañada na presentación deste novo modelo de participación polo director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.A conselleira explicou, neste intre, que "as administracións non debemos caer no erro de pretender dirixir ou tutelar as iniciativas xuvenís" e, por iso, subliñou que "a nosa intención, con esta medida, é desbloquear a excesiva burocratización das antigas ordes de subvencións xuvenís".A orde, que seguiu as recomendacións publicadas pola Unión Europea no Libro Branco sobre Xuventude, conta cunha contía de 675.000 euros, o que supón un incremento dun 68,7% con respecto a 2009."Este incremento dá boa medida do esforzo orzamentario que está a realizar a Xunta en materia de impulso ás políticas de xuventude", destacou a conselleira.A través da liña de subvencións poderanse financiar todas aquelas iniciativas de actuación presentadas tanto por asociacións xuvenís como por grupos informais cun importe máximo subvencionable de 7.000 euros por iniciativa, unha cantidade que non poderá superar ao 80 por cento do custo total do proxecto.As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á xuventude deberán estar inscritas no censo oficial dependente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e, pola súa banda, os grupos informais deberán contar cunha denominación que os identifique e, ademais, un dos integrantes deberá asumir o papel de representante único."Este novo programa de axudas está concibido como un instrumento para que a mocidade poida demostrar a súa capacidade para organizar, emprender e impulsar actividades onde os actores principais sexan eles mesmos", amosou Mato.A titular de Traballo e Benestar concluíu afirmando que "con este novo sistema de participación pretendemos que os participantes asuman como propio o compromiso de impulsar unha actividade na que eles son os únicos responsables directos".  O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contando a partir do día seguinte á publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG). Entre os criterios de valoración para a concesión das axudas destacan a calidade do deseño e do contido do proxecto; o programa de actividades; a súa creatividade e innovación; a metodoloxía e os indicadores obxectivables; a implicación dos participantes e o efecto multiplicador; e o cofinanciamento ou emprego da lingua galega.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe a nova normativa que sairá publicada nos próximos días no Diario Oficial de Galicia. Entre as novidades da orde tamén destaca a posibilidade de adiantar aos mozos e mozas o 80 por cento da subvención concedida co obxectivo de que a falta de liquidez non sexa impedimento para desenvolver os seus proxectos. O Goberno galego incrementou este ano a contía da orde nun 68,7% con respecto a 2009, o que supón destinar aos proxectos da mocidade 675.000 euros. As iniciativas que presenten os mozos e mozas poderán financiarse cun importe máximo de 7.000 euros sempre que non supere o 80% do custe total do proxectoA conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou o novo modelo de participación xuvenil que se plasmará a través da orde de axudas de iniciativa xove que sairá publicada nos próximos días no Diario Oficial de Galicia (DOG). A normativa modifícase e inclúe novidades para acadar un obxectivo: favorecer a implicación plena da mocidade na sociedade.Así, unha das novidades máis salientables é que por primeira vez en Galicia se permitirá a participación nesta orde a grupos informais de mozos e mozas que deberán contar como mínimo con cinco persoas de entre 18 e 29 anos. Outra das novidades importantes é que os responsables dos proxectos subvencionados poderán solicitar á Xunta un adianto económico do 80 por cento sobre a cantidade total da axuda concedida."Non pode ser un impedimento a posible falta de liquidez dos mozos e mozas que queren levar adiante un proxecto e que precisan adiantar os cartos e tampouco queremos que unha boa idea se quede sen realizar solo polo mero feito de que os seus impulsores non estean aínda constituídos, de maneira formal, como asociación xuvenil", destacou a titular do departamento autonómico, quen estivo acompañada no acto polo director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.A conselleira explicou, neste intre, que "as administracións non debemos caer no erro de pretender dirixir ou tutelar as iniciativas xuvenís" e, por iso, subliñou que "a nosa intención, con esta medida, é desbloquear a excesiva burocratización das antigas ordes de subvencións xuvenís".A orde, que seguiu as recomendacións publicadas pola Unión Europea no Libro Branco sobre Xuventude, conta cunha contía de 675.000 euros, o que supón un incremento dun 68,7% con respecto a 2009."Este incremento dá boa medida do esforzo orzamentario que está a realizar a Xunta en materia de impulso ás políticas de xuventude", destacou a conselleira.A través da liña de subvencións poderanse financiar todas aquelas iniciativas de actuación presentadas tanto por asociacións xuvenís como por grupos informais cun importe máximo subvencionable de 7.000 euros por iniciativa, unha cantidade que non poderá superar ao 80 por cento do custo total do proxecto.As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á xuventude deberán estar inscritas no censo oficial dependente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e, pola súa banda, os grupos informais deberán contar cunha denominación que os identifique e, ademais, un dos integrantes deberá asumir o papel de representante único."Este novo programa de axudas está concibido como un instrumento para que a mocidade poida demostrar a súa capacidade para organizar, emprender e impulsar actividades onde os actores principais sexan eles mesmos", amosou Mato.O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contando a partir do día seguinte á publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).A titular de Traballo e Benestar concluíu afirmando que "con este novo sistema de participación pretendemos que os participantes asuman como propio o compromiso de impulsar unha actividade na que eles son os únicos responsables directos".Criterios de valoración e prioridadesEntre os criterios de valoración para a concesión das axudas destacan a calidade do deseño e do contido do proxecto; o programa de actividades; a súa creatividade e innovación; a metodoloxía e os indicadores obxectivables; a implicación dos participantes e o efecto multiplicador; e o cofinanciamento ou emprego da lingua galega.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, aprobou a convocatoria para a concesión de subvencións a fundacións, asociacións e institucións culturais con ámbito de actuación supraprovincial e que desenvolvan as súas actividades en Galicia para o seu funcionamento e para a realización de programas culturais.Mediante esta orde de subvencións, que será publicada nos próximos días no Diario Oficial de Galicia, a Consellería de Cultura e Turismo concederá ás asociacións culturais galegas un importe máximo de 300.000 euros. A contía de cada subvención non poderá ser superior á cantidade de 30.000 euros por beneficiario.As institucións destinatarias destas axudas serán aquelas fundacións, entidades e asociacións culturais galegas sen ánimo de lucro que estean inscritas no Censo de Entidades Culturais da Consellería de Cultura e Turismo e que teñan un ámbito de actuación supraprovincial, desenvolvendo as súas actividades habitualmente en Galicia. Para acollerse ás subvencións, as institucións galegas deberán realizar programas culturais destinados á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúan ao espallamento e promoción da cultura galega.Con esta orde de axudas, a Consellería de Cultura e Turismo asume as súas competencias para o deseño, programación, desenvolvemento e execución da política cultural da Xunta de Galicia en todas as súas vertentes. A concesión das subvencións será avaliada por unha comisión que valorará os expedientes de acordo con criterios como o número de actividades culturais realizadas nos dous anos anteriores, o carácter continuado e non ocasional do proxecto, a repercusión territorial do programa ou actividade, o nivel de autofinanciamento, a importancia e transcendencia cultural do proxecto ou actividade realizada e a contribución ao fomento da cultura.
Durante catro semanas poderemos asistir ás Xornadas de Arte Urbana, unha das accións que ofrece o MUAU no Forum Metropolitano da Coruña. Todos os xoves de abril teremos ocasión de acudir ás charlas-coloquios nas que participarán artistas, escritores, profesores, activistas do desenvolvemento social, entre outros. E todos os venres e sábados o MUAU danos a oportunidade de intervir en obradoiros guiados tamén por eses participantes. Falamos de Henry Chalfant, Jordi Rubio, Eltono, Fragil, Jesús Pedro Lorente, Marco Marchioni, El niño de las pinturas, Nano4814, Xabier Ballaz, Mª Natividad Bermejo, Estudio Alavista e Javier Abarca.As charlas-coloquio teñen entrada libre pero para asistir aos obradoiros hai que inscribirse, xa que hai un número limitado de prazasRepresentan a oportunidade de xuntarnos, de coñecernos, de falarmos da arte pola arte, do que nos ilusiona e nos alimenta. Xuntarémonos fotógrafos, escritores, profesores, pintores profesionais e afeccionados, emprendedores, teóricos, soñadores, mentes inquedas que entenden a arte como algo fundamental nas súas vidas.Será un foro de formación único, no que poderemos traballar aspectos teóricos, políticos e sociais da arte urbana e/ou crear en obradoiros, cun equipo especial de invitados.Bloque 108.04.10 Charla _ coloquio: "Graffiti: historia, evolución e futuro". Henry Chalfant (USA) | Fotógrafo, historiador. Jordi Rubio (España) |Fundador de Montana Colors. Eltono (Francia) | Artista. 09 - 10.04.10 Obradoiro: "Introdución ao stencil". Frágil (España) | Artista. Bloque 215.04.09 Charla _ coloquio: "A arte na rúa como rexenerador social". Jesús Pedro Lorente (España) | Profesor Universida de Zaragoza. El niño de las pinturas (España) | Artista. Marco Marchioni (Italia) | Experto en desenvolvemento comunitario. 16 _ 17.04.1 Obradoiro: "A escala: do bosquexo ao muro". El niño de las pinturas (España). Bloque 322.04.10 Charla _ coloquio: "Ética e creación artística". Nano4814 (España) | Artista. Xabier Ballaz (España) | Colectivo Difusor María Natividad Bermejo Arrieta (España) | Facultade de Belas Artes de Pontevedra. 23 _ 24.04.10 Obradoiro: "O realismo no graffiti". Estudio Alavista (España). Bloque 429.04.10 Conferencia: "A intervención urbana". Javier Abarca (España) | Profesor Universidad Complutense de Madrid. 30.04.10 _ 01.05.10 Obradoiro: "Diálogo con A Coruña". Javier Abarca (España) | Profesor Universidad Complutense de Madrid.
A Xunta vén de aprobar a convocatoria de subvencións 2010 a asociacións e institucións culturais para a realización de talleres e campañas de animación lectora así como para creación de clubs do libro.A orde que regulará estas axudas será publicada no DOG nos próximos días, así que atentos.A Consellería de Cultura e Turismo aprobou a convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e institucións culturais de cara á realización de actividades de promoción da lectura e a creación de clubs de lectura durante 2010. Mediante esta orde de subvencións, que será publicada nos próximos días no Diario Oficial de Galicia, a Consellería de Cultura e Turismo concederá a ás institucións culturais a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura un importe máximo de 160.000 euros, dotando aos beneficiarios dun máximo de 10.000 euros por axuda. Deste xeito increméntase en case 38.000 euros a dotación das subvencións outorgada no 2009 que foi dun importe total de 122.200 euros.A dotación das axudas será destinada ao financiamento de talleres e campañas de animación lectora, a creación de clubs do libro, a publicidade das actividades obxecto de subvención, a adquisición de exemplares para o funcionamento dos clubs, gastos de persoal para dirección e coordinación das actividades e aluguer de servizos técnicos para a realización das actividades. Poderán acollerse á orde de subvencións as asociacións e institucións sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e inscritas nos rexistros correspondentes e con domicilio social en Galicia, inscritas, como tal, no censo de asociacións e entidades culturais da Consellería de Cultura e Turismo.A concesión das subvencións será avaliada por unha comisión que valorará os expedientes de acordo con criterios como a creación de clubs de lectura estables, o mantemento de clubs de lectura xa existentes, o ámbito territorial de desenvolvemento do programa ou actividade, o nivel de autofinanciamento e a capacidade de incidencia naqueles colectivos con baixo índice de lectura.

O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, recibiu no Salón Nobre do Pazo de Raxoi aos participantes no intercambio xuvenil internacional organizado pola Asociación Cultural Raíña Lupa do Concello de Boqueixón do 8 ó 15 de xuño, dentro do programa Xuventude en Acción titulado 'Xuventude e Igualdade'

Será una semana de proxecto no que participaron 30 mozos e mozas de organizacións de Rep. Checa, Eslovaquia, Suecia, Portugal e España. Este intercambio tivo como temática a Igualdade e para elo leváronse a cabo toda unha serie de actividades formativas e educativas: obradoiros de igualdade, cine forum ou postas en común de boas prácticas. Tamén houbo tempo para o intercambio cultural, e aproveitaron estes días para coñecer Boqueixón, o Pico Sacro, a cidade de Santiago de Compostela ou A Coruña.Co fin de dar a coñecer ó máximo o intercambio e o Programa Xuventude en particular entre a poboación de Boqueixón, fixéronse unha serie de actividades en colaboración co CEIP Antonio Orza de Boqueixón, así como un festa intercultural para mostrar os veciños de Boqueixón produtos típicos e aspectos relativos os seus países.Este intercambio foi subvencionado pola Axencia Executiva de Educación e Cultura da Comisión Europea a través do programa Xuventude en Acción, e non será o único no que participe a Asociación Raíña Lupa, xa que neste verán, mozos e mozas de Boqueixón, participarán en intercambios en Polonia, Austria, Ucrania e Portugal.

A dirección xeral de Xuventude e Voluntariado organiza o vindeiro 20 de febreiro o I Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil Europea. Esta iniciativa pretende ser un espezo de intercambio de experiencias entre os participantes implicados nos distintos programas de mobilidade europeos: Xuventude en Acción e Lonardo da VinciEsta prevista a participación de mozos e mozas galegos que realizar proxectos en diferentes países, así como tamén da xuventude estranxeira que está participando en diversos proxectos en Galicia. O encontro está aberto tanto a asociacións e colectivos xuvenís como a mozos e mozas individuais interesados en coñecer de preto as experiencias de mobilidade.O I Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil Europea terá lugar o 20 de febreiro na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Os interesados en asistir poderán anotarse enviando un correo electrónico antes do 12 de febreiro á dirección xuventude@xunta.es indicando os datos persoais e as preferencias para participar nos obradoiros do Encontro, tal e como se indica no tríptico oficial, que debes baixar ao final desta nova.
O Ministerio de Igualdade convoca as axudas para a realización dos proxectos comprendidos no marco das accións do programa «A xuventude en acción»Serán obxecto de axuda as seguintes accións:a) Acción 1, «A xuventude con Europa», que apoia as seguintes Sub-Accións:Sub-acción 1.1, «Intercambios xuvenís», que ofrecen a grupos de mozos de diferentes países a posibilidade de encontrarse e coñecer mellor as súas culturas respectivas.Sub-acción 1.2, «Iniciativas xuvenís», que ofrecen apoio a proxectos de grupos deseñados a nivel local, rexional e nacional, así como os proxectos en rede similares entre diferentes países, co fin de reforzar o aspecto europeo e de ampliar a cooperación e o intercambio de experiencias entre mozos.Sub-acción 1.3, «Proxectos de democracia participativa», que apoian a participación de mozos na vida democrática da súa comunidade local, rexional ou nacional, e a nivel internacional.b) Acción 2, «Servizo voluntario europeo», cuxo obxectivo é fomentar a participación de mozos en distintas formas de actividades de voluntariado, dentro e fóra da UE.c) Acción 3, «A xuventude no mundo», que avala a seguinte sub-acciónSub-acción 3.1, «Cooperación cos países veciños da Unión Europea», que apoia dous tipos de proxectos cos países veciños asociados: intercambios xuvenís e proxectos de formación e en rede no ámbito da xuventude.d) Acción 4, «Sistemas de apoio á xuventude», que avala a seguinte sub-acción:Sub-acción 4.3, «Formación e proxectos en rede de traballadores xuvenís e organizacións xuvenís», que avala as actividades de formación de traballadores xuvenís en activo e organizacións xuvenís, en especial, o intercambio de experiencias, coñecementos e boas prácticas, así como actividades que poidan conducir a proxectos de calidade de longa duración, asociacións e proxectos en rede.e) Acción 5, «Apoio á cooperación europea no ámbito da xuventude», que avala a seguinte sub-acción:Sub-acción 5.1, «Encontros de mozos e responsables de políticas de xuventude», que avala a cooperación, a celebración de seminarios e o diálogo estruturado entre mozos, traballadores xuvenís e responsables de políticas de xuventudePersoas beneficiarias e destinatarias:1. Promotores elixibles:a) Organizacións no sen ánimo de lucro.b) Entes públicos locais ou rexionais.c) Grupos de mozos non asociados.d) Entidades activas a nivel europeo no campo da xuventude (ONGE), con sedes en, polo menos, oito países do Programa.e) Organizacións non internacionais2. Participantes elixibles. Cada unha das accións está dirixida a mozos comprendidos entre as seguintes idades:Para a acción 1.1: Entre os 13 e os 25 anos (cabe a participación, ata un máximo do 20%, de mozos entre 26 e 30 anos).Para a acción 1.2: Entre os 18 e os 30 anos, tamén poderán participar mozos de 15 a 17 anos se van acompañados dun titor ou animador xuvenil.Para a acción 1.3: Entre os 13 e os 30 anos.Para a acción 2: Entre os 18 e os 30 anos, podendo ser a partir dos 16 se van acompañados de titor/a ou animador/a xuvenil.Para a acción 3.1: Para os intercambios xuvenís, igual que a acción 1.1 e para as actividades de formación, sen límite de idade.Para a acción 4.3: Sen límite de idade.Para a acción 5.1: Entre os 15 e os 30 anos.Prazos:Para procesos que empezan entre o 1 maio e o 30 setembro, o prazo límite é o 1 de febreiro.Para procesos que empezan entre o 1 xullo e o 30 novembro, o prazo límite é o 1 de abril.Para procesos que empezan entre o 1 setembro e o 31 xaneiro, o prazo límite é o 1 de xuño.Para procesos que empezan entre: 1 decembro e 30 abril, o prazo límite é o 1 de setembro.Para procesos que empezan entre o 1 febreiro e o 31 xullo, o prazo límite é o 1 de novembro.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, organiza o sábado na localidade portuguesa de Chaves unha xornada para fomentar a creación de empresas e asociacións dirixido a mozos da eurorexion galego portuguesa. Nesta iniciativa, que contará coa presencia do Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participan 120 xóvenes de Galicia e o Norte de PortugalEsta acción enmárcase dentro do Proxecto "Espazo Xuvenil", dirixido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Português da Juventude, foi aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007 - 2013 (POCTEP).O principal obxectivo do proxecto é promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os mozos se queden a vivir e a traballar na zona transfronteiriza Galego-Portuguesa'Espazo Xuvenil' conta coa colaboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude galega _ portuguesa, co fin de manifestar a súa disposición a participar naquelas actividades de interese para os mozos e a sociedade en xeral, e poñendo a disposición a mobilización de recursos e coñecemento para o bo desenvolvemento de actuacións relacionadas co seu ámbito de traballo.Nesta xornada de traballo presentaranse casos de éxito e exemplos de boas prácticas tanto na creación de empresas como na de asociacións, contando con responsables de entidades como ASPAS, IGAPE, Asoc. española de Coaching e "R" telecomunicacións que lle mostrarán ós mozos os procedementos a seguir para a posta en marcha de proxectos e iniciativas.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe o programa de accións que o Goberno galego levará a cabo co gallo do Día Internacional do Voluntariado o próximo 5 de decembroO representante da área autonómica anunciou que durante o próximo verán organizaranse diversos campos de traballo con motivo do Xacobeo ao longo dos percorridos dos diversos camiñosA Consellería de Traballo e Benestar asinou un convenio coa Universidade de Santiago para ofrecer formación aos estudantes de Medicina e Enfermaría para que sirvan de apoio sanitario no Camiño de Santiago no veránA Xunta celebra o próximo venres 27 de novembro o I Encontro Internacional de Voluntariado Xuvenil en Santiago co gallo do Día Internacional do Voluntariado o próximo 5 de decembro. O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, explicou hoxe os detalles desta iniciativa e doutras actividades que desenvolverá o departamento autonómico para conmemorar a xornada do día 5.En primeiro lugar, Rodeiro concretou que o I Encontro Internacional de Voluntariado Xuvenil está dirixido a entidades de acción voluntaria xuvenil, a asociacións xuvenís, a persoal das oficinas municipais de información xuvenís (OMIX) e voluntarios en xeral. "Pretende ser un foro de intercambio de ideas no eido do voluntariado", apuntou.Rodeiro destacou que moitos dos participantes forman parte do programa Xuventude en Acción, unha iniciativa que considerou que será "o modelo de futuro no eido do voluntariado".Desta maneira, os participantes galegos, máis de 40 mozos e mozas, compartirán as súas experiencias con persoas voluntarias que chegarán de máis de 15 países de Europa: Lituania, Holanda, Italia, Francia, Grecia, Romanía, Polonia, Bulgaria, Hungría, República Checa, Letonia, Alemaña, Bélxica, Turquía e Portugal.O congreso iniciarase cunha conferencia sobre 'O voluntariado como acción social',  que impartirá o presidente do protectorado xitano, Santiago González Avión. Así mesmo, mostrarase unha exposición dos membros do Servizo de Voluntariado Europeo (EVS) e organizaranse diversos obradoiros, entre os que destaca unha iniciativa centrada no voluntariado no Camiño de Santiago. Ademais, abordaranse medidas de fomento do asociacionismo no eido do voluntariado.Rodeiro explicou tamén o resto do programa que desenvolverá a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado con motivo do Día Internacional do Voluntariado.Así, o 30 de novembro terá lugar unha visita guiada ao centro Don Bosco co obxectivo de coñecer o funcionamento dunha entidade de acción voluntaria pioneira en Galicia. Participarán máis de 40 mozos e mozos de sete países europeos.
Os orzamentos de 2010 da Xunta reservan un incremento do 50% na partida destinada a sufragar as accións organizadas polos colectivos impulsados polos mozos e mozas de Galicia. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, apelou hoxe á necesidade de que "as administracións non exerzan tutelas innecesarias que coarten a creatividade propia das accións xuvenís" nun encontro que mantivo cos estudantes da residencia xuvenil de Altamar de VigoA Consellería de Traballo e Benestar apostará por potenciar a creación de asociacións xuvenís e a subvención das súas actividades. Así o confirmou hoxe o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, nunha mesa debate que compartiu cos estudantes da residencia xuvenil de Altamar, en Vigo.Neste sentido, Rodeiro afirmou que os orzamentos de 2010 da Xunta de Galicia reservan un incremento do 50% na partida destinada a sufragar actividades organizadas polas asociacións xuvenís, sempre e cando os actores principais sexan os propios mozos e mozas.A este respecto, o responsable autonómico de Xuventude e Voluntariado apelou á necesidade de que "as administracións non exerzan tutelas innecesarias que coarten a creatividade propia das accións xuvenís".Ovidio Rodeiro estivo acompañado no acto pola directora da residencia, Teresa Prat, e a responsable da Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil de Tui. Esta última explicou o funcionamento das instalacións aos estudantes e repartiu folletos do programa de Formación na Xestión de Empresas e Ideas Empresariais.No acto participaron os estudantes da residencia xuvenil de Altamar, unhas instalacións que dispón de 94 prazas e xestiona a Consellería de Traballo e Benestar.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado incrementará nun 50% o capítulo dos orzamentos de 2010 destinado a apoiar economicamente as iniciativas xuvenís. Así o explicou o representante desta área da Consellería de Traballo e Benestar, Ovidio Rodeiro, quen detallou no transcurso da inauguración do Congreso Ibérico de Estudantes de Medicina, celebrado en Santiago, que o Goberno galego contará para este fin cunha partida de 675.000 euros."As administracións temos que deixar de tutelar innecesariamente as accións e iniciativas xuvenís e pasar a darlle máis voz a nosa mocidade", destacou o director xeral.Aproveitando a presenza de alumnos españois e portugueses no congreso, Rodeiro animounos a participar nas accións do programa Espazo Xuvenil, unha iniciativa de cooperación transfronteriza entre Galicia e o norte de Portugal que fomenta a mobilidade e o intercambio de experiencias de cara ao emprego."Espazo Xuvenil trata de canalizar recursos e formación para que a xuventude dos dous países teña un futuro laboral a calquera lado da fronteira", explicou.De feito, Xuventude e Voluntariado e a Fundación Galicia Europa, en colaboración co Instituto Portugués da Xuventude e a Consellería de Educación, participarán na consulta e debate sobre o libro verde ‘Fomentar a mobilidade na formación dos mozos’."Estamos convencidos de que o fomento dos intercambios da mocidade con outras comunidades, países e culturas aumenta a formación e tamén a liberdade e a responsabilidade xuvenil. Esta situación desencadea un proceso de aprendizaxe non formal de moita utilidade", sinalou.No debate sobre libro verde tamén poderán participar xoves con experiencia na xestión de proxectos europeos. Os interesados teñen de prazo ata o venres 30 de outubro para presentar as súas solicitudes.O obxectivo final da iniciativa é acadar unha posición común entre Galicia e o norte de Portugal sobre a mobilidade na formación dos mozos.
Representantes e directivos de máis de 30 asociacións xuvenís de Galicia reuníronse en Santiago co director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, para coñecer os obxectivos e o alcance da rebaixa fiscal para o fomento da vivenda, unha medida que foi aprobada o pasado martes no Parlamento. O representante da área autonómica recibiu aos responsables dos colectivos despois de que solicitaran información sobre esta acción nos diferentes centros que posúe a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Fundamentalmente, pediron coñecer en profundidade as características da norma e cal será a súa aplicación práctica nos supostos de adquisición dunha vivenda por parte da mocidade.Así, Rodeiro explicou os pormenores da medida. Destacou que a reforma do imposto suporá un aforro de máis de 6.600 euros na adquisición dunha vivenda de 180.000 euros para unha parella de mozos formada por menores de 36 anos cunha renda anual inferior a 30.000 euros por cada un e un patrimonio conxunto que non supere os 250.000 euros. Neste sentido, Rodeiro sinalou que nesta situación atópanse a gran maioría da poboación xuvenil.O director xeral de Xuventude e Voluntariado tamén informou de que a modificación fiscal supón pasar do 7% ao 4% o gravame por transmisións patrimoniais- unha rebaixa do 43%-, mentres que as taxas por actos xurídicos documentados baixará entre un 50 e un 66% dependendo dos casos.Rodeiro mostrouse convencido de que a rebaixa fiscal servirá para reactivar o mercado da vivenda en Galicia, que é un dos sectores que máis está a notar a crise económica. "Esta medida forma parte dun conxunto de actuacións que está a promover a Xunta para dinamizar a economía e apoiar á mocidade e ás familias", resaltou.
A asociación 'Raíña Lupa' organizou un intercambio con mozos de cinco países sobre a igualdade entre sexosO Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, recibiu no Salón Nobre do Pazo de Raxoi aos participantes no intercambio xuvenil internacional organizado pola Asociación Cultural Raíña Lupa do Concello de Boqueixón do 8 ó 15 de xuño, dentro do programa Xuventude en Acción titulado 'Xuventude e Igualdade'.Será unha semana de proxecto no que participaron 30 mozos e mozas de organizacións de Rep.. Checa, Eslovaquia, Suecia, Portugal e España. Este intercambio tivo como temática a Igualdade e para elo leváronse a cabo toda unha serie de actividades formativas e educativas: obradoiros de igualdade, cine forum ou postas en común de boas prácticas. Tamén houbo tempo para o intercambio cultural, e aproveitaron estes días para coñecer Boqueixón, o Pico Sacro, a cidade de Santiago de Compostela ou A Coruña.Co fin de dar a coñecer ó máximo o intercambio e o Programa Xuventude en particular entre a poboación de Boqueixón, fixéronse unha serie de actividades en colaboración co CEIP Antonio Orza de Boqueixón, así como un festa intercultural para mostrar os veciños de Boqueixón produtos típicos e aspectos relativos os seus países.Este intercambio foi subvencionado pola Axencia Executiva de Educación e Cultura da Comisión Europea a través do programa Xuventude en Acción, e non será o único no que participe a Asociación Raíña Lupa, xa que neste verán, mozos e mozas de Boqueixón, participarán en intercambios en Polonia, Austria, Ucrania e Portugal.
O Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu no Pazo de Raxoi ós participantes no proxecto europeo Intégrate a través dos deportes, que reúne entre os días 27 de agosto e 2 de setembro a 33 mozos e mozas de 5 países europeos en Galicia.Esta iniciativa está organizada directamente polos técnicos da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de mostrar ás asociacións da provincia como se organizan e como funcionan os intercambios multilaterais da Unión Europea.O intercambio ten cun presuposto de algo máis de 22.000 euros, na súa gran maioría financiados a través do programa "Juventud en Acción" da Dirección Xeral de Educación e Cultura da Unión Europea.Para Ovidio Rodeiro este programa europeo está deseñado para demostrar a capacidade organizativa e de coordinación da mocidade. Segundo o Director Xeral de Xuventude, este tipo de iniciativas que priman a implicación real dos xóvenes nas actividades públicas son un exemplo a seguir por todas as administracións, tamén a Xunta de Galicia, e debe ser a tendencia a seguir nas liñas de subvención a entidades xuvenís que ten a administración autonómica.Os obxectivos xerais desta iniciativa son: Levar a cabo un intercambio xuvenil internacional que permita a un grupo de mozo se mozas de Pontevedra acoller a outros catro grupos de diferentes países para desenvolver xuntos un programa de actividades deportivas. Participan: Letonia, Polonia, Eslovaquia e TurquíaObxectivos específicos: Promover a cidadanía activa dos mozos e mozas en xeral e a cidadanía europea en particular. Fomentar a solidariedade e promover a tolerancia entre a mocidade. Favorecer o entendemento mutuo entre a xuventude de países diferentes para favorecer a cooperación europea. Axudar á inclusión social dos mozos e mozas, potenciando a educación a través do deporte e das actividades ao aire libre.

 

Ir atrás    Ir arriba