Search
Search Keyword: Total 32 results found.
Tag: Voluntariado Ordering

Máis de 15.500 peregrinos foron atendidos no Pino ao longo dos meses de maio, xuño e xullo polos voluntarios do programa Xacobeo 2010, que puxo en marcha a Xunta de Galicia este ano con motivo da celebración do Ano Santo.

Precisamente, o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato, visitou hoxe aos participantes desta iniciativa para agradecerlles o labor que están a desenvolver e que non só consiste en ofrecer aos peregrinos a información que precisan en cada momento, senón que, ademais, ofrecen unha programación dinámica e diversa.

O Programa Voluntariado Xacobeo 2010 abrangue os distintos aspectos da peregrinación no coidado e atención dos peregrinos, incluíndo, para elo, ata cinco iniciativas diferentes: o voluntariado local, Eu Camiño, o voluntariado da sabedoría, o sanitario e os campos de traballo.

No tocante ao voluntariado local, a iniciativa organízase en tres modalidades: o voluntariado informativo, cultural e de servizos, que ofrece basicamente información a través duns puntos fixos situados nos concellos de Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino (do Camiño francés); Tui, A Guarda e Pontevedra (no Camiño portugués); Padrón pola ruta de Arousa; Laza, Ourense, Xunqueira de Ambía e Lalín pola Vía da Prata; Ribadeo e Vilalba do Camiño do Norte; Lugo polo Camiño Primitivo; Mesía polo Camiño inglés; e, por último, Negreira e Fisterra, os concellos representantes do Camiño de Fisterra.

O voluntariado de información móbil ao pé do camiño patrulla os tramos das diferentes rutas con funcións informativas, de acompañamento e de asistencia aos peregrinos.

‘Eu Camiño’ é a segunda modalidade da iniciativa ideada por Xuventude para o Xacobeo e a máis novidosa, xa que é a primeira vez en Galicia que voluntarios internacionais forman parte dun Ano Santo, para garantir que os peregrinos atopen atención en diferentes idiomas ao longo do Camiño francés.

Os 30 participantes desta iniciativa proceden de 19 países diferentes da Unión Europea (Austria, Bélxica, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Holanda, Noruega, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido e Romanía).

No mes de outubro, os voluntarios avaliarán e clasificarán o material gráfico que están a recoller para preparar un documental en vídeo, unha exposición fotográfica e unha publicación sobre a súa experiencia no Camiño co obxectivo de difundir nos seus países de orixe. Desta forma, contribuirase a dar a coñecer o fenómeno do Xacobeo por Europa.

A terceira das iniciativas que forma parte deste programa específico para o Xacobeo 2010 é o voluntariado da sabedoría na que na actualidade están a participar 120 persoas ao longo do Camiño francés. Os voluntarios son persoas maiores de 65 anos, os máis sabios do lugar, que por este motivo son os encargados de contar aos peregrinos as súas experiencias e vivencias a través de lendas, contos, cantigas e historias que coñezan.

O campo de traballo

Por último, atópase a modalidade de campos de traballo. Os 20 mozos e moza de Galicia e doutras comunidades autónomas que están a participar no do Pino tamén foron recibidos hoxe por Rodeiro Tato. Trátase dunha iniciativa que ten por obxectivo principal fomentar a interacción entre os participantes, os peregrinos e os veciños da zona.

Este proxecto, situado nas últimas etapas Camiño Francés, é un dos campos de traballo que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, organizou por primeira vez este ano como motivo do ano Xacobeo.

O campo de traballo, que remata maná, inclúe diversas actividades, entre as que se conta a creación do espectáculo “Ultreiamundi”, un evento de danza-teatro baseado nas vivencias do Camiño de Santiago e de todas as persoas que se achegan a el. Todos os participantes no campo de traballo participan activamente na montaxe, que se representará no pobo.

Ademais, os asistentes realizan outros traballos de dinamización, de carácter ambiental ou de información. No que se refire á dinamización, os mozos e mozas están a representar a personaxes míticas da zona, relacionadas co Camiño, e contan aos visitantes quen son e cal é a súa historia.

No que se refire ao traballo ambiental, os voluntarios e voluntarias colaboran na limpeza dunha ponte romana e o leito do río que a atravesa.

Finalmente, tamén traballan en patrullas de dúas persoas polos tramos do Camiño co fin de informar de posibles incidencias e para ofrecer información aos peregrinos que o demanden sobre aloxamentos, transportes ou servizos médicos. Tamén acompañan aos visitantes e peregrinos en rutas guiadas en bicicleta para coñecer os arredores do Concello.

A isto hai que sumarlle as actividades complementarias nas que están a tomar parte os voluntarios e voluntarias, xa propiamente de lecer e tempo libre, como o sendeirismo, saídas en bicicletas, ximkanas, deportes, obradoiros, saídas en piragua, ou excursións a zonas de interese cultural e natural.

WWOOF ESPAÑA é un asociación sen ánimo de lucro que se crea a raíz da colaboración con diferentes asociacións WWOOF internacionais e que prétente servir aos voluntarios (WWOOFERS) e granxas ou poboadores rurais que traballan principalmente con métodos ecolóxicos e sostibles.Unha das actividades que WWOOF ESPAÑA é a de servir de coordinador da oferta de Granxas que aceptan axuda voluntaria e a demanda de voluntarios (WWOOFERS) que desexan experimentar e axudar nun ámbito rural.A relación entre eles sempre se formula de forma totalmente LIBRE e VOLUNTARIA, non existindo NINGUNHA COMPENSACION económica nin doutros bens. WWOOF ESPAÑA intenta crear unha canle de comunicación entre Granxas e WWOOFERS, facilitar e mediar entre estes e coordinar as necesidades duns e outros, sempre dentro dun clima voluntario e dentro da legalidade que rexe o Voluntariado neste país.

Máis información:WWOOF Internacional: www.wwoof.orgWWOOF España: http://ruralvolunteers.org/WHOSTS/

Tags: Voluntariado

O Programa Voluntariado Xacobeo 2010, que puxo en marcha a Xunta de Galicia este ano, con motivo da celebración do Ano Santo, está a ter moita aceptación entre os peregrinos. Así, os voluntarios locais e europeos que forman parte desta iniciativa, que lidera a Dirección Xeral de Xuventude, atenderon durante os meses de maio e xuño a máis de 35.000 persoas. O labor dos voluntarios non só consiste en ofrecer aos peregrinos a información que precisan en cada momento, senón que, ademais, desenvolven unha programación dinámica e diversa.

Este programa abrangue os distintos aspectos da peregrinación no coidado e atención dos peregrinos, incluíndo, para elo, ata cinco iniciativas diferentes nas que participaron ata a data un total de 850 voluntarios: o voluntariado local, Eu Camiño, o voluntariado da sabedoría, o sanitario e os campos de traballo. Se estás interesado en formar pate deste proxecto ou ter máis información, podes chamar ao 900 400 800.

Por unha banda, os 503 integrantes do voluntariado local, que están distribuídos nos distintos camiños, atenderon a máis de 5.300 peregrinos ao longo de maio e xuño. Este plan atópase operativo desde Semana Santa e para tomar parte do mesmo é preciso realizar un curso de formación on-line.

 A iniciativa organízase en tres modalidades: o voluntariado informativo, cultural e de servizos ofrece basicamente información a través duns puntos fixos situados nos concellos de Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino (do Camiño francés); Tui, A Guarda e Pontevedra (no Camiño portugués); Padrón pola ruta de Arousa; Laza, Ourense, Xunqueira de Ambía e Lalín pola Vía da Prata; Ribadeo e Vilalba do Camiño do Norte; Lugo polo Camiño Primitivo; Mesía polo Camiño inglés; e, por último, Negreira e Fisterra, os concellos representantes do Camiño de Fisterra.

 O voluntariado de información móbil ao pé do camiño patrulla os tramos das diferentes rutas con funcións informativas, de acompañamento e de asistencia aos peregrinos. Dentro da modalidade de voluntariado local tamén está o acompañamento a grupos a través do que se atenderon a máis de 860 peregrinos de 12 entidades.

 ‘Eu Camiño’ é a segunda modalidade da iniciativa ideada por Xuventude para o Xacobeo e a máis novidosa, xa que é a primeira vez en Galicia que voluntarios internacionais forman parte dun Ano Santo, para garantir que os peregrinos atopen atención en diferentes idiomas ao longo do Camiño francés. Ata o mes de xuño foron preto de 30.000 as persoas que utilizaron este servizo.

Os 30 participantes desta iniciativa proceden de 19 países diferentes da Unión Europea (Austria, Bélxica, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Holanda, Noruega, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido e Romanía).

No mes de outubro, os voluntarios avaliarán e clasificarán o material gráfico que están a recoller para preparar un documental en vídeo, unha exposición fotográfica e unha publicación sobre a súa experiencia no Camiño co obxectivo de difundir nos seus países de orixe. Desta forma, contribuirase a dar a coñecer o fenómeno do Xacobeo por Europa.

O voluntariado da sabedoría

A terceira das iniciativas que forma parte deste programa específico para o Xacobeo 2010 é o voluntariado da sabedoría na que na actualidade están a participar 120 persoas ao longo do Camiño francés. Os voluntarios son persoas maiores de 65 anos, os máis sabios do lugar, que por este motivo son os encargados de contar aos peregrinos as súas experiencias e vivencias a través de lendas, contos, cantigas e historias que coñezan.

 Os campos de traballo no camiño é a cuarta das categorías do programa, que persegue fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade a través da colaboración en traballos culturais e etnográficos, de animación, ambientais e arqueolóxicos. Este plan está dirixido tanto a voluntarios de Galicia, como de outras comunidades autónomas e mesmo do estranxeiro. O obxectivo principal é que os participantes nos campos coñezan o que significa o camiño, a súa realidade, a través da convivencia entre eles mesmo e cos peregrinos. Na actualidade, estase a celebrar o campo de traballo na localidade do Pino, que conta con 20 voluntarios.

 Por último, a quinta modalidade do programa é o voluntariado sanitario. Desde xullo e ata o próximo mes de setembro un total de 40 persoas están a colaborar cos profesionais dos centros de saúde de atención primaria que ten o Servizo Galego de Saúde ao longo do Camiño francés. Para poder participar nesta iniciativa, os mozos e mozas tiveron que realizar un curso de formación teórico-práctico de 90 horas para poder atender as continxencias sanitarias dos peregrinos durante o seu percorrido polo Camiño de Santiago.

Se ainda non sabes que facer este verán e queres formar parte dun proxecto de animación sociocultural no Camiño de Santiago, inda están a tempo de anotarte para participar no Campo de Traballo de Animación do Camiño que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza no Concello do Pino, a escasos quince quilómetros de Santiago.Os participantes no campo de traballo informaredes aos peregrinos e visitantes que se acheguen a localidade de O Pino, última etapa do Camiño Francés a Santiago de Compostela, ides realizar rutas guiadas en bicicleta, colaborar na restauración dunha ponte romana e do leito do río que a atravesa así como participar na montaxe do espectáculo Ultreamundi.Ademais, poderedes participar en actividades de lecer, excursións, visitas...A actividade terá lugar en O Pino desde o 17 ao 31 de agosto de 2010 e está destinada a mozos e mozas de 18 a 24 anos de toda España. O prezo son 72 € (54 € con carné xove e 36 con carné de familia numerosa) e inclúe a estadía, as actividades e a manutención.

O teléfono de información é o 981 544 838. Podes atopar máis datos aquí.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, adiantou hoxe que máis de 900 persoas participan este ano nas distintas modalidades do voluntariado do Xacobeo, que por primeira vez abrangue os nove camiños de Santiago.Así o sinalou hoxe durante a rolda de prensa na que, co concelleiro de Xuventude do Concello de Santiago, Xosé Baqueiro, se presentou o programa xuvenil "Compostela Xove", posto en marcha polo Concello e no que tamén colabora o departamento de Xuventude.Esta iniciativa ocuparase de dar información para os colectivos xuvenís que peregrinen a Compostela; apoiará os labores organizativos e de desenvolvemento de evento culturais na cidade; axudará á estrutura organizativa que corresponde á peregrinación e encontro de mozos e mozas prevista para o mes de agosto; e levarán a cabo servizos de acollida turística e de peregrinación con animais de compañía.Polo tanto, este voluntariado na cidade vénse a sumar, segundo explicou Rodeiro, ás distintas modalidades nas que se organizan os voluntarios que participan como colaboradores neste Ano Santo e que "demostran a gran capacidade que temos os galegos para ser hospitalarios cos nosos visitantes".Así, Rodeiro detallou as cifras de participación actuais do voluntariado Xacobeo. No voluntariado local, que se ocupa de labores de información e de ofrecer servizos aos peregrinos, hai inscritas máis de 450 persoas. Pola súa banda, no voluntariado da sabedoría _maiores que informan aos peregrinos de historias e lendas dos camiños- hai 115 participantes a día de hoxe.Pola súa banda, no voluntariado sanitario, que comeza este mes, participarán máis dun cento de estudantes de medicina e enfermaría, que prestarán apoio nos centros de saúde do Camiño Francés. Tamén hai que ter en conta o programa europeo "Eu Camiño", que despregou a 30 voluntarios internacionais, desde maio e ata outubro, para colaborar cos hospitaleiros do Camiño Francés.Finalmente, os campos de traballo no Camiño, dirixidos a voluntarios galegos, doutras comunidades e tamén do estranxeiro, ofertan 154 prazas que se distribúen en seis quendas en Rois, Fisterra, O Pino, Palas de Rei e Ourense.

O proxecto "Un espazo novo na Axenda de Lisboa", promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e do Instituto Portugués da Xuventude no marco do programa de colaboración Galicia - Norte de Portugal (POCTEP Programa de Cooperación fronteiriza España - Portugal), esta facendo un proceso de diagnóstico para elaborar un Plan Estratéxico, que permita a identificación de posibilidades e oportunidades para a eventual creación de actividade económica e/o emprego da mocidade galega e portuguesa.O seu obxectivo e facer da área xeográfica de intervención, a rexión fronteiriza Galicia _ Norte de Portugal, sexa un lugar atractivo para quedarse e para vivir, creando as condicións para que a mocidade poida desenvoler actividade económica, a través das iniciativas de emprendedurismo e creación de emprego.Neste sentido, estamos a contactar cos principais actores chave na área, para obter unha visión xeral da situación actual, e a partir dun diagnóstico axeitado, debuxar un Plan de Acción eficaz e sostíbel. Deste xeito, a súas respostas as seguintes cuestións son de moita importancia e queremos agradecer anticipadamente a súa colaboración.

Descarga aquí as entrevistas aos actores rexionais

Os Encontros Internacionais de Mocidade Cabueñes 2010, que baixo o lema: 'JOVENES CONSTRUÍNDO UNA NUEVA CIUDADANÍA' celebraranse en Laboral Cidade da Cultura do 9 ao 11 de setembroO dereito á cidadanía é un dereito a vivir nun contexto social con capacidade de integración das persoas de distinta orixe que respecte e dialogue coa diferenza, nun contexto de igualdade de oportunidades e posibilidades de acceso a condicións de vida digna e a estar incluído nun tecido social onde se recoñeza e permítase a capacidade de cada cal de incidir nas decisións que lle afectan.Neste contexto, enfrontar retos como a Igualdade entre homes e mulleres ou a convivencia en sociedades multiculturais, esixe a participación e o liderado da sociedade no seu conxunto, e de xeito especial dos e as mozas, en tanto que se trata de procesos de longo percorridoCabueñes acollerá a máis de 400 mozos de distintas partes de España, Europa e América Latina, que terán a oportunidade de compartir e debater con máis de 40 profesionais e especialistas internacionais provenientes de Estados Unidos, Gran Bretaña, Suecia, Italia, Venezuela, República Dominicana e España nun ambiente de convivencia e solidariedade organizado en 4 eixos temáticos: participación e liderado xuvenil, igualdade, novas e emigración, Alianza de Civilizacións e organizado por tres Administracións: Ministerio de Igualdade, Instituto Asturiano de Mocidade e Concellaría de Emprego, Mocidade e Igualdade do Concello de Xixón e tres Consellos de Mocidade: España, Principado de Asturias e Xixón coa colaboración da FEMP.No apartado de Actividades Complementarias formarán parte dunha variada oferta que inclúe actuacións musicais entre as que destaca o concerto que pecha os Encontros de Quique González e o de benvida de Pauline na Praia ademais de proxeccións audiovisuais e as propostas creativas de ?Areas Movedizas?.Cabueñes continuará na súa aposta polas novas vías de comunicación. Ademais da súa páxina web, o Encontro contará co seu propio blog onde se irá avanzando información e promovendo a construción dunha comunidade arraigada a Cabueñes durante todo o anoO prazo de inscrición será desde hoxe 21 de xuño ata o 21 de agosto realizándose a través da páxina web www.cabuenes.org ou mediante o enlace da web municipal.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o conselleiro de Familia e Igualdade de Oportunidades de Castela e León, César Antón Beltrán, firmaron hoxe en Santiago un convenio de colaboración en materia de xuventude.O acordo recolle accións conxuntas de formación, de participación e mobilidade xuvenil, de promoción de novos creadores e de apoio ás iniciativas de emprendedores.Entre outras actuacións, recoñeceranse mutuamente as titulacións non formais e facilitarase o uso de espazos de creación artística á xuventude de ambas comunidades.Mato e Antón inauguraron tamén unha exposición que recolle imaxes do Camiño de Santiago tomadas por catro mozos e mozas artistas de Castela e León e obras dos gañadores da especilidade de artes plásticas do certame galego Xuventude Crea. A mostra estará aberta no Centro Coordinador de Xuventude (Praza do Matadoiro s/n, Santiago) ata o 14 de xullo,A Xunta de Galicia e o Goberno de Castela e León colaborarán activamente en materia de xuventude, de forma que abordarán conxuntamente accións de formación, coordinación e apoio aos mozos e mozas das dúas comunidades autónomas.Con este fin, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o conselleiro de Familia e Igualdade de Oportunidades de Castela e León, César Antón, asinaron hoxe en Santiago un convenio de colaboración, acto no que tamén estiveron o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, e o director do Instituto de Xuventude de Castela-León, Sergio Montoya.Este acordo inscríbese no protocolo xeral de colaboración firmado a principios deste ano polos presidentes de Galicia e Castela e León, que persegue mellorar a coordinación e aproveitar as sinerxias entre as dúas comunidades veciñas. O convenio asinado hoxe recolle accións conxuntas en materia de formación, información, participación e mobilidade xuvenil, difusión e promoción de novos creadores, iniciativas de mozos e mozas emprendedores e coordinación en accións transfronteirizas.No que se refire á formación, Mato e Antón destacaron que ambas comunidades recoñecerán mutuamente as titulacións non formais, de modo que se eliminarán os impedimentos burocráticos que puideran retrasar o acceso ao mercado laboral da mocidade. Ademais, nesta mesma liña, tamén se promoverá o acceso da xuventude de ambas rexións, en condicións de igualdade, ás escolas de formación xuvenil, e de cara a realización de prácticas, para obter estas titulacións.Con respecto á información, o convenio prevé o intercambio de información dirixida á xuventude, especialmente aquela que pode ser máis relevante, como a relacionada coa emancipación. Tamén se levarán a cabo intercambios de boas prácticas nas redes de información xuvenil, sobre todo en aquelas que teñen que ver co medio rural ou coa xuventude en risco de exclusión. A isto hai que sumarlle a organización de encontros e xornadas de reciclaxe e adaptación profesional para os membros das redes autonómicas de xuventude.O acordo contempla tamén, no ámbito da participación xuvenil, encontros e intercambios de membros de asociacións xuvenís e de consellos da Xuventude, así como seminarios de boas prácticas en participación e voluntariado. No eido da mobilidade, traballarase de forma conxunta para favorecer a mobilidade xeográfica dos mozos e mozas, entre Castela e León e Galicia, e tamén entre outras comunidades. Nesta liña de actuación farase especial fincapé no impulso do Camiño do Santiago, como nexo de unión entre as dúas comunidades autónomas.As dúas comunidades colaborarán tamén na promoción e difusión dos novos creadores. Con este obxectivo, organizaranse conxuntamente certames e exposicións _terán tamén especial importancia os relacionados co Camiño de Santiago-. Ao tempo, facilitarase o uso de espazos de creación artística á xuventude de ambos territorios.Xa no referido ás iniciativas de mozos e mozas emprendedores, apoiarase a súa internacionalización mediante misións comerciais conxuntas. Ademais, impulsarase a súa participación en encontros e feiras de negocios das dúas comunidades e organizaranse seminarios e encontros.O convenio establece tamén acordos en cooperación transfronteiriza, para fomentar o coñecemento entre os mozos e mozas das diversas realidades dos tres territorios.Tras a firma deste convenio de colaboración, Mato e Antón desprazáronse ata o Centro coordinador de información e documentación xuvenil de Santiago, para inaugurar a exposición fotográfica "Hitos del Camino de Santiago".Esta exposición reúne fotografías de catro mozos e mozas fotógrafos, premiados en programas de arte de Castela e León, que mostran nove bens culturais situados no Camiño de Santiago ao seu paso por esa comunidade. A finalidade desta iniciativa é dar a coñecer aos peregrinos e viaxeiros estes lugares e os seus procesos de restauración.Así, os lugares fotografiados son: o municipio de Belorado (Burgos); o monasterio de San Juan de Ortega (Baños de Colina, Burgos); a ponte de Itero (entre Itero del Camino, Burgos e Itero de la Vega en Palencia); o monasterio de San Zoilo (Carrión de los Condes, Palencia); a igrexa de Santa María de La Blanca (Villalcázar de Sirga, Palencia); a igrexa de la Peregrina (Sahagún, León); a ponte de Villarente (Villarente, León); a colexiata de San Isidoro (León); e a igrexa de Santiago (Villafranca del Bierzo, León).
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, mantivo hoxe unha charla con estudantes sobre os proxectos europeos que está a por en marcha a Xunta e as conclusións do programa Leonardo 2009-2010A Consellería de Traballo e Benestar presentou ao Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos unha nova convocatoria de bolsas de prácticas para 2010-2011 que si se aproba poderá beneficiar a máis de 180 mozosMáis de cen mozos e mozas de Galicia melloraron a súa formación profesional grazas as bolsas de prácticas do programa Leonardo da Vinci que promoveu a Consellería de Traballo e Benestar en colaboración coa Asociación Cultural Ingalicia durante os anos 2009 e 2010.Así o expuxo hoxe o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, no transcurso dunha charla informativa que mantivo con mozos e mozas para explicarlles, entre outros temas, as conclusións desta iniciativa e os novos proxectos europeos que o seu departamento está a por en marcha na actualidade.Rodeiro sinalou que un total de 103 mozos e mozas beneficiáronse dos tres proxectos Leonardo da Vinci que xa remataron: EverGrenn, New Energy Agew (NEA) e International Work in Europe (IWE). As tres iniciativas ofertaron aos mozos e mozas participantes bolsas para desenvolver prácticas durante un período continuado de tres meses en empresas emprazadas en catro países europeos, Alemaña, República Checa, Italia e Portugal.O plan contou cunha inversión de máis de 300.000 euros cofinanciados pola Dirección Xeral de Xuventude e o Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (OAPEE). Cada unha das bolsas cubriron os gastos da viaxe e da manutención, aloxamento e un curso de preparación lingüística no idioma do país de destino. Ademais, a área autonómica encargouse de contactar coas empresas axeitadas ao perfil de cada mozo ou moza que se beneficiou do programa.As prácticas abarcaron nesta convocatoria os sectores das novas fontes de enerxía, turismo e mercado laboral europeo.Rodeiro destacou por unha banda que unha gran parte dos mozos recibiron ofertas laborais nos países nos que fixeron as prácticas e apuntou que agora mesmo están a traballar e, por outro lado, apuntou que outros atoparon un posto de traballo en España grazas os beneficios que obtiveron ao contar cun certificado de prácticas dunha empresa europea, un documento avalado ou ben pola propia compañía o pola Comisión Europea. Ademais, os mozos e mozas acadaron tamén un certificado de habilidades no idioma do país de destino.Así mesmo, o director xeral de Xuventude e Voluntariado resaltou que a Xunta está á espera de que o Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos aprobe as novas bolsas de prácticas presentadas para a convocatoria 2010-2011 do programa Leornardo Da Vinci.O proxecto solicitado polo Goberno galego está dirixido a 187 mozos e mozas titulados recentemente o que están a traballar nos sectores do moble e madeira, deseño, restauración, imaxe, informática, turismo, electricidade e mecánica.Rodeiro fixo fincapé na xuntanza en que os obxectivos que a Xunta persegue con esta iniciativa é que "ao mesmo tempo que os mozos perfeccionan un idioma comunitario, melloren as súas habilidades profesionais que se relacionan coa titulación de cada participante e aprendan a desenvolverse con soltura no mercado laboral europeo co fin de ampliar as súas posibilidades profesionais e persoais".Ademais de expoñer as conclusións do programa Leonardo da Vinci, o director xeral de Xuventude e Voluntariado indicou que na actualidade o departamento autonómico está a desenvolver Volangteer, o proxecto piloto de inmersión lingüístico-cultural de persoas estranxeiras que están en Galicia por traballo ou estudos, que rematará en novembro de 2010. Lembrou que a Universidade de Santiago colabora na execución do plan.Por último, na charla informativa presentouse a guía de Axudas e Programas da Unión Europea para mozos emprendedores, unha iniciativa que forma parte do proxecto 'Un espazo novo na axenda de Lisboa, Espazo Xuvenil'. Rodeiro recalcou que a través desta publicación o que se pretende é dar unha información "sinxela e sintética" da ampla variedade de programas e axudas que a UE oferta á mocidade.
Un total de 20 mozos e mozas procedentes de Hungría, Italia, Bulgaria, Francia, Portugal, Grecia y Galicia están a participar estes días no seminario Asociacionismo xuvenil: motivación e participación, unha iniciativa europea que a Consellería de Traballo e Benestar coordina na Comunidade autónoma e que organiza a asociación xuvenil Vrenza de Teo.O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu hoxe en Santiago aos participantes do encontro, que ten por obxectivo coñecer e dar a coñecer cal é a participación da mocidade dos diferentes países respecto ao asociacionismo xuvenil.Así, no acto, Rodeiro amosouse interesado por como funciona este colectivo en Europa e, desta maneira, coñeceu de primeira man o modo de traballar dos responsables das asociacións participantes, de técnicos de xuventude e monitores de tempo libre. Tamén mantivo unha xuntanza con representantes políticos da súa área.Rodeiro destacou que o seminario é financiado polo programa europeo ‘Xuventude en Acción’, un plan que afirmou que está en consonancia co proxecto Iniciativa Xove que está a desenvolver a Xunta na actualidade."O noso programa, ao igual que o europeo, busca que a mocidade sexa a verdadeira protagonista da planificación das súas accións, un camiño que está a percorrer o Goberno galego", asegurou.Neste sentido, lembrou que o novo modelo de participación xuvenil da Xunta permite por primeira vez en Galicia a participación dos grupos informais de mozos e mozas nas subvencións que se conceden aos colectivos. Outra das novidades importantes é que os responsables dos proxectos subvencionados poderán solicitar á Xunta un adianto económico do 80 por cento sobre a cantidade total da axuda concedida.No seminario, que remata mañá, os participantes están a achegar as súas experiencias sobre o programa europeo ‘Xuventude en Acción’, que é o que financia a iniciativa. A finalidade é que a xuntanza sirva como base para a programación de futuros proxectos xuvenís en diversos países europeos.Ademais, coñecerán a oficina transfronteiriza galego-portuguesa de Tui, o Consello da Xuventude de Galicia, o Centro Coordinador de Información e Documentación, o Centro Comarcal de Cambados ao tempo que manterán reunións con técnicos de xuventude da Xunta e cos representantes de diferentes asociacións xuvenís de Galicia.
O voluntariado do Xacobeo xa se ten comezado a despregar ao longo do territorio galego. En concreto, na provincia de Lugo hai _ata o momento- 94 voluntarios locais inscritos neste programa, co fin de informar e atender aos peregrinos. Ademais, en Palas de Rei organizarase un campo de traballo pioneiro centrado no Camiño de Santiago, que constitúe unha das principais novidades das actividades deste ano. Así o explicaron hoxe en rolda de prensa o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias. Ambos representantes autonómicos resaltaron a importancia das actividades de voluntariado neste ano Xacobeo.Rodeiro sinalou que o programa para voluntarios abrangue un gran "abano de idades, que ten como único límite a maioría de idade", ademais dunha ampla diversidade de actividades e de orixe dos propios voluntarios, "aínda que o maior continxente estará formado pola xente das nosas vilas e aldeas". Este gran esforzo reflíctese en que, por primeira vez, haberá presenza efectiva dos voluntarios nos nove camiños de Santiago, con especial atención ao Camiño Francés, por ser o de maior afluencia.O director xeral de Xuventude explicou que o voluntariado se divide en diversos eidos: voluntariado local, da sabedoría, campos de traballo no Camiño, voluntariado sanitario, e proxecto Eu Camiño. No que se refire ao voluntariado local, destacou que en toda Galicia xa hai 300 voluntarios distribuídos nos puntos de información fixos desde a Semana Santa.Os puntos de información fixos que se atopan en Lugo sitúanse nos seguintes lugares: Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín e Palas de Rei (Camiño Francés); Ribadeo e Vilalba (Camiño Norte); e Lugo polo Camiño Primitivo.A estes participantes, hai que sumarlle aos preto de 100 maiores de 65 anos que se despregarán nos meses de verán nos Camiños. O "voluntariado da sabedoría" contará aos peregrinos as súas experiencia e vivencias, a través de lendas, contos, cantigas e historias que coñezan. Actualmente, estase a traballar con eles para a organización destas actividades.Campos de traballoUnha das principais novidades das actividades do Xacobeo neste ano é a organización de campos de traballo que estarán centrados, por primeira vez, no camiño de Santiago. Un deles terá lugar en Palas de Rei, onde os participantes organizarán actividades de animación sociocultural.Arias precisou que en Palas de Rei organizaranse dúas quendas nos meses de xullo e agosto.O campo de traballo ocuparase da rehabilitación e recuperación do entorno natural da lagoa de San Xulián do Camiño, e colocarán a sinalización e mobiliario axeitado, segundo explicou a delegada territorial.Ademais, estes mozos e mozas participarán nos proxecto "Preto de Palas" que consistirá en acompañar aos peregrinos que así o queiran a coñecer os arredores da localidade, a través de rutas guiadas en bicicletas, nas que visitarán monumentos como o Castelo de Pambre ou o Mosteiro de Vilar de Donas.O prazo de inscrición para esta actividade está aberta desde o pasado 26 de abril. Ademais, haberá campos de traballo centrados no Camiño de Santiago en Rois, Ourense, O Pino e Fisterra, que en total sumarán 154 prazas.Voluntariado sanitario e proxecto "Eu Camiño"Ao voluntariado local, da sabedoría e aos campos de traballo, hai que engadirlle o voluntariado sanitario. Máis de cen alumnos de Medicina e Enfermaría da Universidade de Santiago de Compostela incorporaranse nos meses de verán como voluntariado sanitario. Realizarán o seu labor nos centros de saúde de atención primaria do Camiño Francés. Para poder realizar este servizo, realizaron un cursos de formación teórico-práctico de 90 horas.Pola súa parte, o proxecto Eu Camiño constitúe a primeira ocasión en que voluntarios internacionais participarán no Ano Santo Xacobeo, o que garante a atención aos peregrinos en diferentes idiomas ao longo do Camiño Francés. Son un total de 30 persoas procedentes de 19 países (Austria, Bélxica, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Holanda, Noruega, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido e Romanía).Todos eles están xa incorporados aos albergues do Camiño Francés. En Lugo están despregados nos de O Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín e Palas de Rei. Fundamentalmente, colaboran en labores de información ao peregrino e de difusión da ruta e dos seus recursos. Previamente, teñen realizado un período de formación especializada. A súa estadía prolongarase ata setembro.

 

 

O vindeiro día 20 de maio comeza o segundo prazo de inscrición para os campos de traballo no estranxeiro. O prazo rematará o 25 de maio ou cando as prazas se ocupen.Tede en conta que cada día do periodo de inscrición só dispoñemos de aproximadamente un 6% do total das prazas ofertadas ese día (o día 25 de maio non existe ningunha porcentaxe límite).Os teléfonos de inscrición e información son: 981 544 838 e 981 54 48 51

Dentro da Campaña de Verán 2010 a Consellería de Traballo e Benestar a través da D.X. de Xuventude e Voluntariado oferta prazas en campos de traballo para mozos e mozas de Galicia con actividades de voluntariado e de lecer vinculadas á arqueoloxía, ao medio ambiente, a reconstrución, a restauración ou a animación sociocultural.En Galicia , como novidade este ano e co gallo do Xacobeo podedes participar en campos de traballo de animación sociocultural no Camiño de Santiago. Estes campos de traballo estan en Fisterra, Palas de Rei e O Pino.Se vos interesa a colaboración social podedes participar no campo de traballo de Ourense e se o voso é o medio ambiente non vos esquezades do campo de traballo nas Illas Cies.Nos campos de traballo no estranxeiro podedes acudir a países coma Xapón, Francia, Islandia, Austria, México, Corea do Sur, Italia, Taiwan...Este ano tamén podedes participar nos campos de traballo que se organizan no norte de Portugal en colaboración co Instituto Português da Juventude (en Porto, Braga, Bragança ou Viana do Castelo).Non esquezades a ampla oferta de prazas nos campos de traballos nas Comunidades Autónomas.O vindeiro día 26 de abril de 2010 comeza a inscrición en horario de 9h. a 14 h.
A conselleira de Traballo e Benestare o conselleiro de Cultura e Turismo participaron en Santiago no acto de benvida. Os participantes realizarán durante o mes de abril un curso de formación, que inclúe o percorrido dun tramo do Camiño. A súa experiencia durará sete meses, polo que rematará en outubro. Os voluntarios, de entre 18 e 30 anos, proveñen de 18 países europeos distintos.A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o titular de Cultura e Turismo, Roberto Varela, recibiron hoxe aos 30 voluntarios europeos que desenvolverán, ao longo dos próximos sete meses, tarefas de apoio, información e acollida aos peregrinos ao longo do Camiño de Santiago.No acto, que tivo lugar en Santiago de Compostela, tamén participaron o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o xerente da S.A de xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos.Durante a súa intervención, a conselleira agradeceu a todos os voluntarios a súa participación e sinalou que tanto eles, como o resto de voluntarios que participan no Camiño, "repetirán a vocación solidaria dos seus devanceiros, que fixeron o mesmo ao longo do tempo: axudar, compartir, facer camiño". Ademais, Mato explicou que a Xunta está xa a impulsar e continuará fomentando a solidariedade a acción voluntaria.Pola súa banda, Varela destacou que a presenza dos voluntarios "contribuirá a mellorar a asistencia ao peregrino" e dará así "continuidade á milenaria tradición xacobea, feita de contacto intercultural e enriquecemento mutuo". Este "enorme capital humano" permitirá, segundo sinalou, "seguir facendo da calidade humana e a atención personalizada os elementos diferenciais de Galicia como destino espiritual cultural e turístico neste Ano Santo".O proxecto "Eu Camiño" é de carácter europeo, enmarcado no programa Xuventude en Acción, que dotará ao Camiño por primeira vez dun voluntariado internacional, que garantirá aos peregrinos a atención en distintas linguas da Unión Europea.Os 30 participantes que se incorporan oficialmente hoxe ao proxecto proceden dun total de 18 países: Alemaña (2 voluntarios), Austria (1), Bélxica (1), Estonia (2), Francia (1), Grecia (2), Holanda (1), Hungría (2), Italia (4), Letonia (2), Lituania (2), Luxemburgo (1), Noruega (1), Malta (1), Polonia (1), Portugal (1), Reino Unido (3) e Romanía (2).Todos os voluntarios europeos _de entre 18 e 30 anos- participarán durante o mes de abril nun curso de formación que terá lugar en Santiago de Compostela, e que incluirá formación lingüística e formación técnica relacionada co Camiño de Santiago e coas actividades que van a desenvolver, así como sobre o propio programa de Xuventude en Acción.Ademais, durante o período de formación, os participantes realizarán o tramo do Camiño de Santiago que une O Cebreiro con Santiago de Compostela. Neste sentido, Mato sinalou que só a través desta experiencia os voluntarios poderán saber que o Camiño "é moito máis que un reto físico, que transcende o relixioso e engrandece o espírito".Unha vez que teñan rematada a súa formación, os 30 voluntarios distribuíranse ao longo do Camiño francés, nos principais puntos de afluencia de peregrinos. En concreto, colaborarán nos albergues de O Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino e Santiago.Desde este momento, os participantes europeos desenvolverán distintas tarefas. Deste xeito, apoiarán a acollida de peregrinos nos albergues, axudando aos hospitaleiros na súa recepción e distribución; realizarán un servizo de información sobre o Camiño de Santiago, tanto de forma directa aos peregrinos como de xeito indirecto (edición de folletos en distintas linguas); e colaborarán en actividades de difusión do Camiño de Santiago, dando a coñecer os outros trazados e recollendo datos e materiais para logo difundir o Camiño nas súas localidades de orixe.Ademais, ocuparanse de desenvolver actividades interculturais, nas que poidan falar dos seus países de orixe á xente das súas comunidades, a través de presentacións, documentais, películas ou obradoiros. Tamén se encargarán de difundir o programa de Xuventude en Acción entre os peregrinos e entres os mozos e mozas das súas localidades de acollida.Así, co paso do tempo, os voluntarios levarán a cabo un proxecto persoal de acordo coas súas preferencias, capacidades e habilidades.É preciso lembrar que os voluntarios terán un coordinador local que lles proporcionará toda a información e asesoramento que precisen, e ademais contarán cun titor de apoio persoal. A isto hai que sumar as xuntanzas periódicas que se realizarán para comparar e avaliar a marcha das actividades.Finalmente, no mes de outubro, realizarase en Santiago unha avaliación final do proxecto e elaborarase o material recollido polos voluntarios (fotografías, vídeos, anécdotas, entrevistas...) co fin de que sirvan de promoción do Camiño de Santiago nos seus países de orixe.
Durante catro semanas poderemos asistir ás Xornadas de Arte Urbana, unha das accións que ofrece o MUAU no Forum Metropolitano da Coruña. Todos os xoves de abril teremos ocasión de acudir ás charlas-coloquios nas que participarán artistas, escritores, profesores, activistas do desenvolvemento social, entre outros. E todos os venres e sábados o MUAU danos a oportunidade de intervir en obradoiros guiados tamén por eses participantes. Falamos de Henry Chalfant, Jordi Rubio, Eltono, Fragil, Jesús Pedro Lorente, Marco Marchioni, El niño de las pinturas, Nano4814, Xabier Ballaz, Mª Natividad Bermejo, Estudio Alavista e Javier Abarca.As charlas-coloquio teñen entrada libre pero para asistir aos obradoiros hai que inscribirse, xa que hai un número limitado de prazasRepresentan a oportunidade de xuntarnos, de coñecernos, de falarmos da arte pola arte, do que nos ilusiona e nos alimenta. Xuntarémonos fotógrafos, escritores, profesores, pintores profesionais e afeccionados, emprendedores, teóricos, soñadores, mentes inquedas que entenden a arte como algo fundamental nas súas vidas.Será un foro de formación único, no que poderemos traballar aspectos teóricos, políticos e sociais da arte urbana e/ou crear en obradoiros, cun equipo especial de invitados.Bloque 108.04.10 Charla _ coloquio: "Graffiti: historia, evolución e futuro". Henry Chalfant (USA) | Fotógrafo, historiador. Jordi Rubio (España) |Fundador de Montana Colors. Eltono (Francia) | Artista. 09 - 10.04.10 Obradoiro: "Introdución ao stencil". Frágil (España) | Artista. Bloque 215.04.09 Charla _ coloquio: "A arte na rúa como rexenerador social". Jesús Pedro Lorente (España) | Profesor Universida de Zaragoza. El niño de las pinturas (España) | Artista. Marco Marchioni (Italia) | Experto en desenvolvemento comunitario. 16 _ 17.04.1 Obradoiro: "A escala: do bosquexo ao muro". El niño de las pinturas (España). Bloque 322.04.10 Charla _ coloquio: "Ética e creación artística". Nano4814 (España) | Artista. Xabier Ballaz (España) | Colectivo Difusor María Natividad Bermejo Arrieta (España) | Facultade de Belas Artes de Pontevedra. 23 _ 24.04.10 Obradoiro: "O realismo no graffiti". Estudio Alavista (España). Bloque 429.04.10 Conferencia: "A intervención urbana". Javier Abarca (España) | Profesor Universidad Complutense de Madrid. 30.04.10 _ 01.05.10 Obradoiro: "Diálogo con A Coruña". Javier Abarca (España) | Profesor Universidad Complutense de Madrid.
O Director Xeral de Xuventude e Voluntariado participou como relator nas Xornadas Open Minds, organizadas polo CONXUGA e nas que participan asociacións de Cabo Verde, Portugal e Arxentina. Ovidio Rodeiro explicou as accións e recursos que, en materia de xuventude e voluntariado ten a Xunta de Galicia e anunciou a apertura das liñas de subvencións do seu departamento aos grupos informais de mozos e mozas, co obxecto de fomentar a participación da xuventudeO Consello da Xuventude de Galicia organizou, do 20 ao 23 de marzo, unhas xornadas que analizaron a participación xuvenil e a acción voluntaria no coidado do medioO Consello da Xuventude de Galicia, en colaboración con asociacións xuvenís de Cabo Verde, Portugal e Arxentina, organizou as xornadas Open Minds co fin de potenciar a acción voluntaria e a participación cidadá no coidado do medio natural.O programa de traballo rematou cunha xornada de reflexión con relatorios que analizaron a evolución histórica do voluntariado en Galicia. Participaron José Ramón Rey, técnico do Consello da Xuventude de Galicia; Javier Fernández Agrafojo, da Oficina de Participación da USC, quen analizou e comentou a importancia da participación universitaria durante a catástrofe do Prestige.A continuación, participou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato, cun relatorio centrado nas accións levadas a cabo dende a dirección xeral en materia de participación xuvenil e voluntariado. Rodeiro incidiu na importancia de fomentar as axudas a todo tipo de grupos, asociados ou non, para facilitar e aumentar a participación xuvenil en diferentes iniciativas.O grupo de participantes dos catro países visitaron o domingo a cidade de Santiago de Compostela e a cidade da Cultura, e onte realizaron unha visita de estudo a Muxía, onde puideron contemplar a rexeneración ambiental da zona, grazas en gran parte ao labor do voluntariado, tras a catástrofe do Prestige.As xornadas Open Minds Galicia insírense nun proxecto financiado pola Unión Europea, e que xa se atopa na súa fase final despois de ter realizado distintos encontros durante o ano 2009 en Cabo Verde e na Arxentina. As delegacións internacionais desprazaranse do 24 ao 28 de marzo a Portugal, onde extraerán as conclusións finais
A Consellería de Traballo e Benestar convoca esta oferta de uso de instalacións xuvenís para a campaña de verán que comprende do 15 xuño ao 30 de setembro.

SERVIZOS OFERTADOSO uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer: Dos servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa. Do material (excepto o correspondente ás actividades específicas) que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas. Xerencia e persoal de servizo.DESTINATARIOS

As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas. O Consello da Xuventude de Galicia e os consellos locais e municipais de xuventude. Corporacións locais Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa xuventude.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 45, do 8 de marzo de 2010).CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN1. Para a adxudicación do uso das instalacións ofertadas, establécese a seguinte orde de preferencia:

Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e escolas de tempo libre domiciliadas na Comunidade Autónoma galega, e censadas ou rexistradas no correspondente censo ou rexistro dependente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Consello da Xuventude de Galicia. Corporacións locais. Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e escolas de tempo libre domiciliadas noutras comunidades autónomas. Outras entidades públicas ou privadas que o soliciten con fins asistenciais.

2. Pola súa banda, dentro do previsto no parágrafo anterior, terán prioridade:

As que soliciten un maior número de prazas e/ou días ata o tope máximo de cada instalación fixado no anexo I da orde As solicitudes das entidades que cubran as prazas por convocatoria aberta e non reservadas exclusivamente aos seus membros asociados. As entidades domiciliadas na Comunidade Autónoma Galega As entidades que soliciten instalacións das cales non gozaron nos dous últimos anos As que subvencionen o total ou parte da cota que teñen que pagar os participantes.

Sen prexuízo do disposto nos números 1 e 2, as entidades que en anos anteriores non fixeron uso das instalacións unha vez adxudicadas, sen presentar causa xustificada no seu momento, pasarán a ocupar o último lugar dentro dos criterios de prioridade descritos.INSTRUCIÓN E RESOLUCIÓNAs solicitudes serán examinadas por unha comisión de valoración, conforme os criterios expostos. Esta comisión elevará proposta de resolución ao director xeral de Xuventude e Voluntariado.A resolución seralles notificada a todos os solicitantes no prazo máximo de dous meses, contados desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Oferta concertada publicada no DOGCorrección da oferta concertada publicada no DOG

O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, recibiu no Salón Nobre do Pazo de Raxoi aos participantes no intercambio xuvenil internacional organizado pola Asociación Cultural Raíña Lupa do Concello de Boqueixón do 8 ó 15 de xuño, dentro do programa Xuventude en Acción titulado 'Xuventude e Igualdade'

Será una semana de proxecto no que participaron 30 mozos e mozas de organizacións de Rep. Checa, Eslovaquia, Suecia, Portugal e España. Este intercambio tivo como temática a Igualdade e para elo leváronse a cabo toda unha serie de actividades formativas e educativas: obradoiros de igualdade, cine forum ou postas en común de boas prácticas. Tamén houbo tempo para o intercambio cultural, e aproveitaron estes días para coñecer Boqueixón, o Pico Sacro, a cidade de Santiago de Compostela ou A Coruña.Co fin de dar a coñecer ó máximo o intercambio e o Programa Xuventude en particular entre a poboación de Boqueixón, fixéronse unha serie de actividades en colaboración co CEIP Antonio Orza de Boqueixón, así como un festa intercultural para mostrar os veciños de Boqueixón produtos típicos e aspectos relativos os seus países.Este intercambio foi subvencionado pola Axencia Executiva de Educación e Cultura da Comisión Europea a través do programa Xuventude en Acción, e non será o único no que participe a Asociación Raíña Lupa, xa que neste verán, mozos e mozas de Boqueixón, participarán en intercambios en Polonia, Austria, Ucrania e Portugal.

A dirección xeral de Xuventude e Voluntariado organiza o vindeiro 20 de febreiro o I Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil Europea. Esta iniciativa pretende ser un espezo de intercambio de experiencias entre os participantes implicados nos distintos programas de mobilidade europeos: Xuventude en Acción e Lonardo da VinciEsta prevista a participación de mozos e mozas galegos que realizar proxectos en diferentes países, así como tamén da xuventude estranxeira que está participando en diversos proxectos en Galicia. O encontro está aberto tanto a asociacións e colectivos xuvenís como a mozos e mozas individuais interesados en coñecer de preto as experiencias de mobilidade.O I Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil Europea terá lugar o 20 de febreiro na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Os interesados en asistir poderán anotarse enviando un correo electrónico antes do 12 de febreiro á dirección xuventude@xunta.es indicando os datos persoais e as preferencias para participar nos obradoiros do Encontro, tal e como se indica no tríptico oficial, que debes baixar ao final desta nova.
Un total de 100 alumnos das Facultades de Medicina e da Escola de Enfermería veñen de rematar un curso de 90 horas lectivas que ten como obxectivo proporcionarlles formación como voluntariado sanitario para prestar atención aos peregrinos no período estival durante este ano Xacobeo. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, clausurou hoxe este curso acompañado polo Vicerreitor da USC, José Manuel Mayán, e tomou parte na entrega de diplomas aos participantes, que comezaron esta actividade formativa na segunda quincena do mes de decembro.En total, a iniciativa _totalmente de balde- constou de 90 horas lectivas e tivo unha carga de tres créditos de libre configuración. Todas as sesións foron impartidas na Facultade de Medicina, agás a simulación de casos clínicos, que tivo lugar na Escola de Enfermería.O curso baseouse en conferencias teórico-prácticas e en actividades puramente prácticas (simulación de casos), para que os asistentes adquirisen os coñecementos precisos, e moi especialmente, as habilidades necesarias para prestar un apoio sanitario eficaz aos peregrinos.Así, o profesorado da USC e expertos que impartiron as sesións centráronse en ofertar formación directamente relacionada coa problemática sanitaria dos peregrinos no Camiño. Deste xeito, e entre outros temas, abordouse o tratamento das lesións máis frecuentes como feridas, queimaduras, escordaduras e fracturas, patoloxía muscular, perdas de conciencia, picaduras ou dor abdominal.Tamén se formou aos asistentes en apoio psicolóxico e en urxencias de podoloxía e ampolas, así como en prevención da patoloxía e consellos saudables para o Camiño.O voluntariado sanitario "Via Vitae" é un dos piares do ambicioso proxecto do Voluntariado Xacobeo 2010, que inclúe tamén a voluntarios locais, internacionais e actividades en campos de traballo relacionados cos Camiños.
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

 

Ir atrás    Ir arriba