Search
|
Todos os veráns o Concello de Baiona, a través das súas concellarías de cultura, mocidade e turismo, tratan de ofrecer unha programación de luxo tanto para os nosos veciños como para os nosos visitantes. Como actuación estrela para a Mocidade,podemos destacar o Concerto de Home G, que terá lugar na nosa vila, no parque da Palma, o venres 13 de agosto de 2010, dentro da programación de actividades para festexar o día da Mocidade. Xa para todos os públicos, o sábado 7 de agosto terá lugar a Gran Gala Musical na que actuarán Lolita, Soraya Arnelas e a Unión como colofón das nosas festas patronais, que terá tamén lugar no Parque A Palma, a partir das 00:30 h. Mais información: OMIX Concello de Baiona Telf: 986385925 |


