Search
Search Keyword: Total 3 results found.
Tag: Voluntariado Ordering
Un total de 20 mozos e mozas procedentes de Hungría, Italia, Bulgaria, Francia, Portugal, Grecia y Galicia están a participar estes días no seminario Asociacionismo xuvenil: motivación e participación, unha iniciativa europea que a Consellería de Traballo e Benestar coordina na Comunidade autónoma e que organiza a asociación xuvenil Vrenza de Teo.O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu hoxe en Santiago aos participantes do encontro, que ten por obxectivo coñecer e dar a coñecer cal é a participación da mocidade dos diferentes países respecto ao asociacionismo xuvenil.Así, no acto, Rodeiro amosouse interesado por como funciona este colectivo en Europa e, desta maneira, coñeceu de primeira man o modo de traballar dos responsables das asociacións participantes, de técnicos de xuventude e monitores de tempo libre. Tamén mantivo unha xuntanza con representantes políticos da súa área.Rodeiro destacou que o seminario é financiado polo programa europeo ‘Xuventude en Acción’, un plan que afirmou que está en consonancia co proxecto Iniciativa Xove que está a desenvolver a Xunta na actualidade."O noso programa, ao igual que o europeo, busca que a mocidade sexa a verdadeira protagonista da planificación das súas accións, un camiño que está a percorrer o Goberno galego", asegurou.Neste sentido, lembrou que o novo modelo de participación xuvenil da Xunta permite por primeira vez en Galicia a participación dos grupos informais de mozos e mozas nas subvencións que se conceden aos colectivos. Outra das novidades importantes é que os responsables dos proxectos subvencionados poderán solicitar á Xunta un adianto económico do 80 por cento sobre a cantidade total da axuda concedida.No seminario, que remata mañá, os participantes están a achegar as súas experiencias sobre o programa europeo ‘Xuventude en Acción’, que é o que financia a iniciativa. A finalidade é que a xuntanza sirva como base para a programación de futuros proxectos xuvenís en diversos países europeos.Ademais, coñecerán a oficina transfronteiriza galego-portuguesa de Tui, o Consello da Xuventude de Galicia, o Centro Coordinador de Información e Documentación, o Centro Comarcal de Cambados ao tempo que manterán reunións con técnicos de xuventude da Xunta e cos representantes de diferentes asociacións xuvenís de Galicia.
Durante catro semanas poderemos asistir ás Xornadas de Arte Urbana, unha das accións que ofrece o MUAU no Forum Metropolitano da Coruña. Todos os xoves de abril teremos ocasión de acudir ás charlas-coloquios nas que participarán artistas, escritores, profesores, activistas do desenvolvemento social, entre outros. E todos os venres e sábados o MUAU danos a oportunidade de intervir en obradoiros guiados tamén por eses participantes. Falamos de Henry Chalfant, Jordi Rubio, Eltono, Fragil, Jesús Pedro Lorente, Marco Marchioni, El niño de las pinturas, Nano4814, Xabier Ballaz, Mª Natividad Bermejo, Estudio Alavista e Javier Abarca.As charlas-coloquio teñen entrada libre pero para asistir aos obradoiros hai que inscribirse, xa que hai un número limitado de prazasRepresentan a oportunidade de xuntarnos, de coñecernos, de falarmos da arte pola arte, do que nos ilusiona e nos alimenta. Xuntarémonos fotógrafos, escritores, profesores, pintores profesionais e afeccionados, emprendedores, teóricos, soñadores, mentes inquedas que entenden a arte como algo fundamental nas súas vidas.Será un foro de formación único, no que poderemos traballar aspectos teóricos, políticos e sociais da arte urbana e/ou crear en obradoiros, cun equipo especial de invitados.Bloque 108.04.10 Charla _ coloquio: "Graffiti: historia, evolución e futuro". Henry Chalfant (USA) | Fotógrafo, historiador. Jordi Rubio (España) |Fundador de Montana Colors. Eltono (Francia) | Artista. 09 - 10.04.10 Obradoiro: "Introdución ao stencil". Frágil (España) | Artista. Bloque 215.04.09 Charla _ coloquio: "A arte na rúa como rexenerador social". Jesús Pedro Lorente (España) | Profesor Universida de Zaragoza. El niño de las pinturas (España) | Artista. Marco Marchioni (Italia) | Experto en desenvolvemento comunitario. 16 _ 17.04.1 Obradoiro: "A escala: do bosquexo ao muro". El niño de las pinturas (España). Bloque 322.04.10 Charla _ coloquio: "Ética e creación artística". Nano4814 (España) | Artista. Xabier Ballaz (España) | Colectivo Difusor María Natividad Bermejo Arrieta (España) | Facultade de Belas Artes de Pontevedra. 23 _ 24.04.10 Obradoiro: "O realismo no graffiti". Estudio Alavista (España). Bloque 429.04.10 Conferencia: "A intervención urbana". Javier Abarca (España) | Profesor Universidad Complutense de Madrid. 30.04.10 _ 01.05.10 Obradoiro: "Diálogo con A Coruña". Javier Abarca (España) | Profesor Universidad Complutense de Madrid.
O Director Xeral de Xuventude e Voluntariado participou como relator nas Xornadas Open Minds, organizadas polo CONXUGA e nas que participan asociacións de Cabo Verde, Portugal e Arxentina. Ovidio Rodeiro explicou as accións e recursos que, en materia de xuventude e voluntariado ten a Xunta de Galicia e anunciou a apertura das liñas de subvencións do seu departamento aos grupos informais de mozos e mozas, co obxecto de fomentar a participación da xuventudeO Consello da Xuventude de Galicia organizou, do 20 ao 23 de marzo, unhas xornadas que analizaron a participación xuvenil e a acción voluntaria no coidado do medioO Consello da Xuventude de Galicia, en colaboración con asociacións xuvenís de Cabo Verde, Portugal e Arxentina, organizou as xornadas Open Minds co fin de potenciar a acción voluntaria e a participación cidadá no coidado do medio natural.O programa de traballo rematou cunha xornada de reflexión con relatorios que analizaron a evolución histórica do voluntariado en Galicia. Participaron José Ramón Rey, técnico do Consello da Xuventude de Galicia; Javier Fernández Agrafojo, da Oficina de Participación da USC, quen analizou e comentou a importancia da participación universitaria durante a catástrofe do Prestige.A continuación, participou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato, cun relatorio centrado nas accións levadas a cabo dende a dirección xeral en materia de participación xuvenil e voluntariado. Rodeiro incidiu na importancia de fomentar as axudas a todo tipo de grupos, asociados ou non, para facilitar e aumentar a participación xuvenil en diferentes iniciativas.O grupo de participantes dos catro países visitaron o domingo a cidade de Santiago de Compostela e a cidade da Cultura, e onte realizaron unha visita de estudo a Muxía, onde puideron contemplar a rexeneración ambiental da zona, grazas en gran parte ao labor do voluntariado, tras a catástrofe do Prestige.As xornadas Open Minds Galicia insírense nun proxecto financiado pola Unión Europea, e que xa se atopa na súa fase final despois de ter realizado distintos encontros durante o ano 2009 en Cabo Verde e na Arxentina. As delegacións internacionais desprazaranse do 24 ao 28 de marzo a Portugal, onde extraerán as conclusións finais

 

Ir atrás    Ir arriba