- All Sections
- content: En portada (29)
- content: Formación (3)
|
O Ministerio de Igualdade convoca as axudas para a realización dos proxectos comprendidos no marco das accións do programa «A xuventude en acción»Serán obxecto de axuda as seguintes accións:a) Acción 1, «A xuventude con Europa», que apoia as seguintes Sub-Accións:Sub-acción 1.1, «Intercambios xuvenís», que ofrecen a grupos de mozos de diferentes países a posibilidade de encontrarse e coñecer mellor as súas culturas respectivas.Sub-acción 1.2, «Iniciativas xuvenís», que ofrecen apoio a proxectos de grupos deseñados a nivel local, rexional e nacional, así como os proxectos en rede similares entre diferentes países, co fin de reforzar o aspecto europeo e de ampliar a cooperación e o intercambio de experiencias entre mozos.Sub-acción 1.3, «Proxectos de democracia participativa», que apoian a participación de mozos na vida democrática da súa comunidade local, rexional ou nacional, e a nivel internacional.b) Acción 2, «Servizo voluntario europeo», cuxo obxectivo é fomentar a participación de mozos en distintas formas de actividades de voluntariado, dentro e fóra da UE.c) Acción 3, «A xuventude no mundo», que avala a seguinte sub-acciónSub-acción 3.1, «Cooperación cos países veciños da Unión Europea», que apoia dous tipos de proxectos cos países veciños asociados: intercambios xuvenís e proxectos de formación e en rede no ámbito da xuventude.d) Acción 4, «Sistemas de apoio á xuventude», que avala a seguinte sub-acción:Sub-acción 4.3, «Formación e proxectos en rede de traballadores xuvenís e organizacións xuvenís», que avala as actividades de formación de traballadores xuvenís en activo e organizacións xuvenís, en especial, o intercambio de experiencias, coñecementos e boas prácticas, así como actividades que poidan conducir a proxectos de calidade de longa duración, asociacións e proxectos en rede.e) Acción 5, «Apoio á cooperación europea no ámbito da xuventude», que avala a seguinte sub-acción:Sub-acción 5.1, «Encontros de mozos e responsables de políticas de xuventude», que avala a cooperación, a celebración de seminarios e o diálogo estruturado entre mozos, traballadores xuvenís e responsables de políticas de xuventudePersoas beneficiarias e destinatarias:1. Promotores elixibles:a) Organizacións no sen ánimo de lucro.b) Entes públicos locais ou rexionais.c) Grupos de mozos non asociados.d) Entidades activas a nivel europeo no campo da xuventude (ONGE), con sedes en, polo menos, oito países do Programa.e) Organizacións non internacionais2. Participantes elixibles. Cada unha das accións está dirixida a mozos comprendidos entre as seguintes idades:Para a acción 1.1: Entre os 13 e os 25 anos (cabe a participación, ata un máximo do 20%, de mozos entre 26 e 30 anos).Para a acción 1.2: Entre os 18 e os 30 anos, tamén poderán participar mozos de 15 a 17 anos se van acompañados dun titor ou animador xuvenil.Para a acción 1.3: Entre os 13 e os 30 anos.Para a acción 2: Entre os 18 e os 30 anos, podendo ser a partir dos 16 se van acompañados de titor/a ou animador/a xuvenil.Para a acción 3.1: Para os intercambios xuvenís, igual que a acción 1.1 e para as actividades de formación, sen límite de idade.Para a acción 4.3: Sen límite de idade.Para a acción 5.1: Entre os 15 e os 30 anos.Prazos:Para procesos que empezan entre o 1 maio e o 30 setembro, o prazo límite é o 1 de febreiro.Para procesos que empezan entre o 1 xullo e o 30 novembro, o prazo límite é o 1 de abril.Para procesos que empezan entre o 1 setembro e o 31 xaneiro, o prazo límite é o 1 de xuño.Para procesos que empezan entre: 1 decembro e 30 abril, o prazo límite é o 1 de setembro.Para procesos que empezan entre o 1 febreiro e o 31 xullo, o prazo límite é o 1 de novembro.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten contactado con 25 asociacións de distintos países europeos para cubrir as 30 prazas do proxecto. A maioría dos demandantes son voluntarios italianos, alemáns, franceses e de países do leste de Europa. A iniciativa "Eu Camiño" garantirá a atención en distintos idiomas para os peregrinos nos albergues do Camiño Francés, no que constitúe a primeira ocasión en que voluntarios internacionais participan no XacobeoAo redor de 500 mozos e mozas europeos xa teñen solicitado participar no voluntariado lingüístico do Xacobeo, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, logo de que o departamento autonómico contactase con 25 asociacións xuvenís de distintos países co fin de cubrir as 30 prazas do proxecto "Eu Camiño".A alta demanda e interese dos voluntarios europeos en participar no Xacobeo vén a demostrar o éxito da iniciativa, que ten como un dos seus principais obxectivos garantir a atención en distintos idiomas nos distintos albergues do Camiño Francés. De feito, esta é a primeira ocasión na que voluntariado internacional participa neste evento.Para cubrir as 30 prazas do proxecto "Eu Camiño", a Dirección Xeral de Xuventude _dependente da Consellería de Traballo e Benestar- contactou con 25 asociacións xuvenís de Austria, Bélxica, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Holanda, Noruega, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido e Romanía.Ata o momento, a Xunta recibiu ao redor de 500 solicitudes de mozos e mozas europeos -de case todos os países da Unión Europea- interesados en participar no proxecto. De tódolos xeitos, a maioría das demandas proveñen da mocidade italiana, alemana, francesa e do leste de Europa.Deste modo, e grazas a este proxecto, Galicia liderará a organización do voluntariado internacional, a través desta iniciativa conxunta coa S.A. de Xestión do Xacobeo.Os participantes chegarán a Galicia en abril, co fin de que leven a cabo a súa actividade voluntaria nos albergues nos meses de maior afluencia do Ano Santo. Durante ese mes, os asistentes participarán nun curso de inmersión lingüística, de formación especializada en historia e significado do Camiño de Santiago, así como das peregrinacións. Finalmente, na última semana deste mes, e co fin de completar a súa formación, percorrerán o Camiño Francés desde O Cebreiro.Posteriormente, os voluntarios desprazaranse aos albergues do tramo galego entre maio e setembro, e colaborarán cos encargados das instalacións no traballo de axuda ao peregrino e de difusión da ruta.Finalmente, no mes de outubro, os participantes concentraranse en Santiago co fin de avaliar e clasificar o material que cada un deles recolla na súa estadía, para preparar publicacións e contidos audiovisuais sobre a súa experiencia.
O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, e o director-xerente da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, presentaron esta mañá o programa de voluntariado de cara ao Ano Xubilar. Rodeiro anunciou, ademais, o primeiro programa de voluntariado internacional para este evento, campos de traballo relacionados co Camiño de Santiago e un proxecto de voluntariado sanitario.A Xunta porá en marcha puntos fixos de información nas zonas con máis afluencia dos Camiños.Todos os participantes recibirán formación específica antes de desenvolver as súas tarefas, para ofrecer unha atención ampla e técnica.O prazo para inscribirse no voluntariado local comeza o 15 de xaneiro.Voluntarios galegos, doutras comunidades, xunto con europeos e doutros continentes participarán no Xacobeo grazas ao programa de voluntariado posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, e pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Todos eles prestarán os seus servizos, por primeira vez, nos nove Camiños.Así o explicaron hoxe o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, durante o transcurso dunha rolda de prensa. Ambos destacaron o importante papel que desenvolven os voluntarios.En concreto, Rodeiro sinalou que este programa é un dos plans de voluntariado máis ambiciosos, e apuntou que, por primeira vez, os campos de traballo se sumarán a iniciativa, así como o voluntariado lingüístico con participantes de 19 países.Pola súa banda, Santos fixo fincapé no importantísimo labor que desenvolven aos voluntarios, xa que o seu traballo será fundamental para que todos aqueles que nos visiten leven consigo unha inmellorable imaxe de Galicia.No que se refire aos detalles do plan, o director de Xuventude anunciou que o próximo 15 de xaneiro ábrese o prazo para que todos os que estean interesados poidan inscribirse no programa de voluntariado local do Xacobeo, que estará por primeira vez nos nove Camiños de Santiago.As tarefas que desenvolverán os participantes serán, basicamente, informativas, culturais e de enlace dos peregrinos con outros organismos e persoas.Rodeiro detallou que este programa levará a cabo distintas actividades a desenvolver ao longo do Ano Xubilar. En concreto, fixo referencia ao voluntarios locais, aos campos de traballo no Camiño, ao voluntariado sanitario e ao proxecto Eu Camiño.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe o programa de accións que o Goberno galego levará a cabo co gallo do Día Internacional do Voluntariado o próximo 5 de decembroO representante da área autonómica anunciou que durante o próximo verán organizaranse diversos campos de traballo con motivo do Xacobeo ao longo dos percorridos dos diversos camiñosA Consellería de Traballo e Benestar asinou un convenio coa Universidade de Santiago para ofrecer formación aos estudantes de Medicina e Enfermaría para que sirvan de apoio sanitario no Camiño de Santiago no veránA Xunta celebra o próximo venres 27 de novembro o I Encontro Internacional de Voluntariado Xuvenil en Santiago co gallo do Día Internacional do Voluntariado o próximo 5 de decembro. O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, explicou hoxe os detalles desta iniciativa e doutras actividades que desenvolverá o departamento autonómico para conmemorar a xornada do día 5.En primeiro lugar, Rodeiro concretou que o I Encontro Internacional de Voluntariado Xuvenil está dirixido a entidades de acción voluntaria xuvenil, a asociacións xuvenís, a persoal das oficinas municipais de información xuvenís (OMIX) e voluntarios en xeral. "Pretende ser un foro de intercambio de ideas no eido do voluntariado", apuntou.Rodeiro destacou que moitos dos participantes forman parte do programa Xuventude en Acción, unha iniciativa que considerou que será "o modelo de futuro no eido do voluntariado".Desta maneira, os participantes galegos, máis de 40 mozos e mozas, compartirán as súas experiencias con persoas voluntarias que chegarán de máis de 15 países de Europa: Lituania, Holanda, Italia, Francia, Grecia, Romanía, Polonia, Bulgaria, Hungría, República Checa, Letonia, Alemaña, Bélxica, Turquía e Portugal.O congreso iniciarase cunha conferencia sobre 'O voluntariado como acción social', que impartirá o presidente do protectorado xitano, Santiago González Avión. Así mesmo, mostrarase unha exposición dos membros do Servizo de Voluntariado Europeo (EVS) e organizaranse diversos obradoiros, entre os que destaca unha iniciativa centrada no voluntariado no Camiño de Santiago. Ademais, abordaranse medidas de fomento do asociacionismo no eido do voluntariado.Rodeiro explicou tamén o resto do programa que desenvolverá a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado con motivo do Día Internacional do Voluntariado.Así, o 30 de novembro terá lugar unha visita guiada ao centro Don Bosco co obxectivo de coñecer o funcionamento dunha entidade de acción voluntaria pioneira en Galicia. Participarán máis de 40 mozos e mozos de sete países europeos.
Os orzamentos de 2010 da Xunta reservan un incremento do 50% na partida destinada a sufragar as accións organizadas polos colectivos impulsados polos mozos e mozas de Galicia. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, apelou hoxe á necesidade de que "as administracións non exerzan tutelas innecesarias que coarten a creatividade propia das accións xuvenís" nun encontro que mantivo cos estudantes da residencia xuvenil de Altamar de VigoA Consellería de Traballo e Benestar apostará por potenciar a creación de asociacións xuvenís e a subvención das súas actividades. Así o confirmou hoxe o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, nunha mesa debate que compartiu cos estudantes da residencia xuvenil de Altamar, en Vigo.Neste sentido, Rodeiro afirmou que os orzamentos de 2010 da Xunta de Galicia reservan un incremento do 50% na partida destinada a sufragar actividades organizadas polas asociacións xuvenís, sempre e cando os actores principais sexan os propios mozos e mozas.A este respecto, o responsable autonómico de Xuventude e Voluntariado apelou á necesidade de que "as administracións non exerzan tutelas innecesarias que coarten a creatividade propia das accións xuvenís".Ovidio Rodeiro estivo acompañado no acto pola directora da residencia, Teresa Prat, e a responsable da Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil de Tui. Esta última explicou o funcionamento das instalacións aos estudantes e repartiu folletos do programa de Formación na Xestión de Empresas e Ideas Empresariais.No acto participaron os estudantes da residencia xuvenil de Altamar, unhas instalacións que dispón de 94 prazas e xestiona a Consellería de Traballo e Benestar.
A Rexión xaponesa de Wakayama e Galicia estudan realizar un intercambio xuvenil coa referencia dos camiños de Santiago e de Kumano Kodo. O director de Planificación y Política da Prefectura de Wakayama (Xapón), Yasufumi Kashihara, reuniuse en Santiago co director xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta, Ovidio Rodeiro.Pola rexión de Wakayama discorre o Camiño Kumano Kodo, que xunto co Camiño de Santiago son as únicas rotas declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Ademais, en 1997 asinouse un documento entre os gobernos de Xapón e España e entre as administracións de Galicia e Wakayama polo que se irmanaban os dous camiños.
O departamento autonómico da Consellería de Traballo e Benestar cofinancia o plan cun total de 30.840 euros. Na primeira fase participarán 30 parellas formadas por voluntarios e alumnos, aínda que en febreiro, cando cheguen novos Erasmus, a cifra poderá aumentar. Trátase dun plan piloto que rematará en outubro de 2010 e que se desenvolve en dúas zonas, en Galicia e en Friesland (Holanda) O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, explicou que a iniciativa quere fomentar a cultura galega a través de programas de acompañamento e conversa que son desenvolvidos por persoal voluntario da Universidade. O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, destacou a elaboración da guía Falamos!, feita expresamente para este plan.As accións do programa europeo Volangteer comezan hoxe a desenvolverse co obxectivo de promover o uso do galego entre as persoas estranxeiras que estudan en Galicia e, desta maneira, aumentar o seu coñecemento da realidade sociocultural galega así como a súa integración, comprensión intercultural e solidariedade. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentaron as actividades a realizar.A iniciativa, que xa foi presentada aos estudantes estranxeiros universitarios dos campus de Lugo e Santiago, arranca cunha xornada de formación na Facultade de Económicas para os voluntarios na que coñecerán os contidos metodolóxicos e as actividades que van desenvolver ao longo do curso.Ao remate da xornada, a partir das 18.30 horas, formaranse as parellas de voluntarios e estudantes que traballarán conxuntamente nos próximos meses. Na primeira fase participarán 30 parellas, aínda que a cifra poderá aumentar en febreiro cando se prevé facer unha segunda quenda. Neste sentido, Rodeiro indicou que a iniciativa espertou "moito interese", xa que ao proxecto presentáronse 80 voluntarios e 60 alumnos.O carácter innovador deste proxecto, que se desenvolve en dúas zonas piloto, Galicia e Friesland (Holanda), é a súa metodoloxía, que se basea na introdución de mozos e mozas voluntarios que ofrecen o seu tempo para ensinarlles aos estudantes estranxeiros a lingua e cultura galegas. As accións céntranse nos estudantes estranxeiros do programa Erasmus e dos convenios bilaterais da Universidade de Santiago.O custo e os participantesA iniciativa, que rematará en outubro de 2010, desenvólvese no marco do programa de acompañamento lingüístico Learning Regional Languages da Comisión Europea, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que coordina o proxecto en colaboración coa USC. Pola súa parte, a Secretaría xeral de Política Lingüística participa en calidade de entidade asociada, achegando ao programa Volangteer a coordinación da edición dos materiais de aprendizaxe e a súa proposta metodolóxica. Tamén son socios colaboradores do programa Volangteer unha entidade de Grecia e outra de Francia.O custo total do plan nas dúas zonas ascende a case 400.000 euros. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado cofinancia a acción con 30.840 euros.Para acadar o obxectivo do programa, os voluntarios e os seus alumnos manterán conversacións sobre temas previamente establecidos en distintos ambientes como pode ser o teatro, nunha visita cultural ou nun espectáculo deportivo.Segundo explicou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, o que se pretende é empregar unha metodoloxía "non formal" que fomente o interese pola lingua galega e a súa aprendizaxe, facilitando, desta maneira, a integración e o intercambio de experiencias, coñecementos e valores da cultura de Galicia. "O que pretendemos é transmitir toda a realidade da nosa comunidade autónoma", apuntou.Ademais, os estudantes estranxeiros recibirán como complemento á súa inmersión cultural unha guía de acompañamento lingüística que foi deseñada exclusivamente para este programa pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.A guía Falamos! está destinada á aprendizaxe do galego daquelas persoas estranxeiras que participen no programa. Constitúe un manual básico que recolle os contextos comunicativos máis habituais e que conta cun apoio gráfico importante para facilitar a adquisición de coñecementos.O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, pola súa banda, destacou que os estudantes que participen en Volangteer serán "embaixadores da nosa realidade lingüística e cultural". Ao respecto, resaltou a importancia da promoción da lingua galega nos países estranxeiros.O proxecto está deseñado para desenvolver e probar unha nova metodoloxía para a aprendizaxe das linguas propias co fin de estimular o seu uso polos estranxeiros. Identificar novas fórmulas para conectar o idioma e a cultura dun xeito práctico e entretido, promover o valor das linguas minoritarias como unha expresión cultural, fomentar o intercambio cultural ou lograr que as persoas de fóra sexan capaces de manter conversas cotiás na lingua de referencia son algúns dos principais obxectivos desta iniciativa.
O proxecto "Eu Camiño" é unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa SA de Xestión do XacobeoA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado solicitou hoxe do departamento de Educación e Cultura da Unión Europea financiamento para que 30 mozos e mozas estranxeiros exerzan o vindeiro ano coma voluntarios no tramo galego do Camiño Francés. O proxecto, que leva como título "Eu Camiño", conta coa colaboración da entidade SA de Xestión do Xacobeo, que exercerá coma entidade de acollida dos voluntarios.Está previsto que os participantes cheguen a Santiago no mes de abril, para asistir durante dúas semanas a un curso de inmersión lingüística obrigatorio. Posteriormente recibirán formación especializada na historia, significado e características do camiño e das peregrinacións a Compostela, a fin de que poidan exercer como informadores dos peregrinos coas debidas garantías. Na última semana de abril os voluntarios percorrerán o camiño francés dende O Cebreiro para completar o seu período de formación.Os participantes nesta iniciativa desprazaranse ata os albergues de peregrinos do camiño francés durante os meses de máis afluencia de peregrinos, que son de maio a setembro. Alí colaborarán cos hospitaleiros dos albergues en todo aquilo que precisen os peregrinos, sobre todo en labores de información e difusión da ruta e dos seus recursos.No mes de outubro os participantes volverán a concentrarse en Santiago, onde evaluarán e clasificarán o material gráfico que cada un deles recolleu no seu tramo. Con este material prepararán un documental en vídeo, unha exposición fotográfica e unha publicación sobre a súa experiencia no camiño, que posteriormente serán difundidos nos seus países de orixe, contribuíndo a dar a coñecer o Xacobeo e Galicia en moitos recunchos de Europa.A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado confía que a Unión Europea preste o seu apoio a este proxecto, que ten un orzamento de 175.000 euros. Para elo a Xunta destaca que o programa "Eu Camiño" proporcionará a participación activa e voluntaria dos mozos e mozas europeos nun proxecto coma o Xacobeo, que tamén ten as súas raíces na vella Europa e as súas tradicións. Tamén promoverá o entendemento mutuo entre a xuventude de moitos países, así coma o aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas.Este proxecto busca voluntarios con interese no arte a na cultura, con capacidade de comunicación e habilidades sociais e especial sensibilidade cara á realización de actividades interculturais e de fomento de valores e ideais de solidariedade e identidade europea. Para iso a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado xa ten contactado con 25 asociacións de 19 países europeos, que serán os de procedencia dos voluntarios. Estes países son: Austria, Bélxica, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Holanda, Noruega, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido e Romanía.A cidadanía galega tamén poderá participar coma voluntariosEste non será a única acción que promoverá a acción voluntaria da xuventude no vindeiro Xacobeo. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado está a preparar, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo, un amplo programa que permitirá a participación activa na celebración do ano santo da sociedade galega, e tamén da do resto do Estado, que poderán colaborar como voluntarios naquelas especialidades que máis se axusten ás súas inquedanzas: sanitario e de Protección Civil medioambiental, cultural e mesmo virtual en Internet.
A Travesía de Embarcacións Tradicionais 09: Ruta Norte concluíu onte en Portonovo (Sanxenxo), unha iniciativa na que o departamento autonómico investiu 59.000 euros. Trátase dunha actividade inscrita na programación 'Acción de Verán', que organiza a Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta, na que participan no seu conxunto máis de 10.000 mozos e mozas de 10 a 35 anos de toda Galicia e que custa ás arcas da Xunta case 4 millóns de euros.O responsable desta área da Consellería de Traballo e Benestar, Ovidio Rodeiro, desprazouse ata a vila de Portonovo para recibir no peirao aos mozos e mozas que tomaron parte da travesía, un total de 75 persoas. Rodeiro estivo acompañado por diversas autoridades locais e polo patrón maior da Confraría de Pescadores San Roque de Portonovo, José Antonio Gómez Castro.Os participantes percorreron en dornas ao longo de varios días diversos concellos da Ría de Pontevedra. A actividade comezou o pasado xoves 23 de xullo en Vilanova, no campamento xuvenil de As Sinas, tamén xestionado por Traballo e Benestar. Nas primeiras xornada os mozos e mozas adquiriron nocións básicas de navegación e seguridade no mar e iniciaron un primeiro contacto coas embarcacións tradicionais, antes de empezar a travesía.O sábado 25 iniciouse a ruta polo mar. O primeiro destino foi O Grove, onde os participantes permaneceron dúas xornadas. O seguinte punto de parada foi a Illa de Ons. Alí, os rapaces aloxáronse no campamento xuvenil, titularidade da Xunta, e dedicaron o resto de días a navegar polo entorno do arquipélago.A Dirección xeral de Xuventude resaltou a colaboración prestada polas áreas de mocidade locais e no caso de Sanxenxo sinalou que a participación do Concello e do departamento técnico de Xuventude non só se limita a proporcionar infraestruturas e medios, senón tamén apoio técnico para o desenvolvemento da actividade.
A asociación 'Raíña Lupa' organizou un intercambio con mozos de cinco países sobre a igualdade entre sexosO Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, recibiu no Salón Nobre do Pazo de Raxoi aos participantes no intercambio xuvenil internacional organizado pola Asociación Cultural Raíña Lupa do Concello de Boqueixón do 8 ó 15 de xuño, dentro do programa Xuventude en Acción titulado 'Xuventude e Igualdade'.Será unha semana de proxecto no que participaron 30 mozos e mozas de organizacións de Rep.. Checa, Eslovaquia, Suecia, Portugal e España. Este intercambio tivo como temática a Igualdade e para elo leváronse a cabo toda unha serie de actividades formativas e educativas: obradoiros de igualdade, cine forum ou postas en común de boas prácticas. Tamén houbo tempo para o intercambio cultural, e aproveitaron estes días para coñecer Boqueixón, o Pico Sacro, a cidade de Santiago de Compostela ou A Coruña.Co fin de dar a coñecer ó máximo o intercambio e o Programa Xuventude en particular entre a poboación de Boqueixón, fixéronse unha serie de actividades en colaboración co CEIP Antonio Orza de Boqueixón, así como un festa intercultural para mostrar os veciños de Boqueixón produtos típicos e aspectos relativos os seus países.Este intercambio foi subvencionado pola Axencia Executiva de Educación e Cultura da Comisión Europea a través do programa Xuventude en Acción, e non será o único no que participe a Asociación Raíña Lupa, xa que neste verán, mozos e mozas de Boqueixón, participarán en intercambios en Polonia, Austria, Ucrania e Portugal.
A Xunta de Galicia, a través da dirección xeral de Xuventude e Voluntariado da consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago desenvolverán o vindeiro curso o programa de Voluntariado Lingüístico Galego. Esta acción enmárcase dentro da acción Lifelong time learning da Comisión Europea.Na reunión de traballo, que tivo lugar nas dependencias da dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, representaron á administración autonómica o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro. Por parte da Universidade de Santiago asistiron os vicerreitores de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José Manuel Mayán e de Política Internacional, Agustín Merino.Trátase dun proxecto piloto para a aprendizaxe da lingua e a cultura galega a partir do acompañamento de persoas voluntarias entre os universitarios estranxeiros que estean pasando un longo período de tempo entre nós. Na xuntanza de hoxe quedou establecido que o programa comezará no mes de outubro.A metodoloxía de traballo deste programa establece que o voluntario e mais o beneficiario conversarán sobre temas previamente establecidos e en distintos ambientes, como pode ser o teatro, unha visita cultural ou un espectáculo deportivo, para lograr que mediante unha asimilación de coñecementos a través dunha aprendizaxe non formal, se fomente unha mellor aprendizaxe da nosa realidade sociocultural e do galego.Os parceiros da Xunta e da Universidade de Santiago neste proxecto son AFUK (entidade holandesa que fomenta e desenvolve a aprendizaxe do idioma frisio entre adultos), o servizo de ensinanza continua do Ministerio de Educación de Francia e a compañía tecnolóxica grega IDEC.
O Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu no Pazo de Raxoi ós participantes no proxecto europeo Intégrate a través dos deportes, que reúne entre os días 27 de agosto e 2 de setembro a 33 mozos e mozas de 5 países europeos en Galicia.Esta iniciativa está organizada directamente polos técnicos da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de mostrar ás asociacións da provincia como se organizan e como funcionan os intercambios multilaterais da Unión Europea.O intercambio ten cun presuposto de algo máis de 22.000 euros, na súa gran maioría financiados a través do programa "Juventud en Acción" da Dirección Xeral de Educación e Cultura da Unión Europea.Para Ovidio Rodeiro este programa europeo está deseñado para demostrar a capacidade organizativa e de coordinación da mocidade. Segundo o Director Xeral de Xuventude, este tipo de iniciativas que priman a implicación real dos xóvenes nas actividades públicas son un exemplo a seguir por todas as administracións, tamén a Xunta de Galicia, e debe ser a tendencia a seguir nas liñas de subvención a entidades xuvenís que ten a administración autonómica.Os obxectivos xerais desta iniciativa son: Levar a cabo un intercambio xuvenil internacional que permita a un grupo de mozo se mozas de Pontevedra acoller a outros catro grupos de diferentes países para desenvolver xuntos un programa de actividades deportivas. Participan: Letonia, Polonia, Eslovaquia e TurquíaObxectivos específicos:
Promover a cidadanía activa dos mozos e mozas en xeral e a cidadanía europea en particular.
Fomentar a solidariedade e promover a tolerancia entre a mocidade.
Favorecer o entendemento mutuo entre a xuventude de países diferentes para favorecer a cooperación europea.
Axudar á inclusión social dos mozos e mozas, potenciando a educación a través do deporte e das actividades ao aire libre.
|
|
|


