| Cursos de idiomas no estranxeiro |
|
|
Queres aprender ou perfeccionar un idioma, coñecer novos países e culturas e sobre todo mellorar a túa formación de cara ao mundo laboral?
Quen pode acceder a este programa?Todos os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos (Consultar na guía as idades para cada escola). Os/as menores de idade deberán presentar unha autorización dos seus/súas pais/nais no momento de efectuar a reserva, sen prexuízo de cumprimentar posteriormente os documentos particulares que cada escola determine. Para os/as menores de 16 anos é obrigatorio contratar o servizo de transfer tanto de ida como de volta (servizo de recollida e desprazamento desde o aeroporto ata o aloxamento). IDIOMAS OFERTADOS
PREZOSOs prezos varían en función do tipo de curso, número de leccións, réxime alimenticio, datas (tempada alta ou baixa), semanas de duración, tipo de aloxamento e outros servizos. Éstes inclúen as clases do idioma elixido, o aloxamento (en familias, apartamentos ou residencias de estudantes) e un seguro de asistencia en viaxe. Non inclúen os gastos de viaxe ata o país de destino, gastos de transporte local, as actividades e excursións que sexan opcionais dentro dos programas de cada escola, nin os traslados. Os/as posuidores/as do Carné Xove terán un 6% de desconto sobre os prezos ofertados na Guía. DATAS DE INICIO E DURACIÓNNormalmente os cursos comezan en luns, aínda que algunhas escolas establecen datas determinadas de inicio para os/as principiantes. O aloxamento farase de domingo a sábado, chegando un día antes do comezo do curso e marchando un día despois do remate, salvo que a escola estableza que o aloxamento sexa de sábado a sábado ou de domingo a domingo. A duración dos cursos é semanal (2, 3, 4 semanas…) e o número de leccións varía dun curso a outro (15, 20, 25 ou 30 lección semanas), así coma o horario. ALOXAMENTOOfrécense distintas opcións: familia, residencia, pisos de estudantes, etc. Cada organización indica o tipo de manutención que inclúe no seu programa (sen comidas, aloxamento e almorzo, media pensión ou pensión completa). As actividades socioculturais e as excursións non sempre están incluídas no prezo do curso. PRAZO DE SOLICITUDESHai que facer a solicitude como mínimo 15 días antes do comezo do curso, en tempada baixa (de xaneiro a maio e de outubro a decembro, e 30 días antes, en tempada alta (de xuño a setembro). Para os cursos en Estados Unidos e Canadá, 30 ou 60 días antes da data de comezo do curso, dependendo de si se necesita ou non visado de estudante. En tempada alta para Estados Unidos o prazo é de 2 meses como mínimo. CONDICIÓNS E FORMA DE PAGONo momento de solicitar a inscrición para un curso deberase aboar o 40% do seu importe. O 60% restante deberá aboarse, unha vez confirmada a reserva de praza por parte da escola. A reserva de praza non se considerará definitiva ata que non se reciba a confirmación por parte da escola. Unha vez a oficina confirme a praza ao/á estudante, este xa pode reservar os seus voos e demais transportes que necesite empregar e deberá facilitar os datos destes á oficina xestora para que sexan comunicados aos responsables da escola e do aloxamento. Antes do comezo do curso, entregarase ao/á estudante un certificado de inscrición, xunto coa documentación relativa a escola. Para máis información consulta as condicións xerais. ANTES DE SOLICITAR O TEU CURSO LE CON ANTECIÓN AS CONDICIÓNS XERAIS, nelas especifícanse aspectos tan importantes como son as recomendacións de viaxe, documentación, cambios e anulacións, aloxamento, etc. CÓMO SOLICITAR UN CURSO?Chamando ao teléfono 981 544 851 ou ben enviando un correo electrónico (co asunto: cursos de idiomas no estranxeiro) ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo No correo deberá figurar a seguinte información (sen ela será imposible facer a consulta sobre a dispoñibilidade do curso que solicitas):
Unha vez confirmada a dispoñibilidade de prazas no curso solicitado, enviaranse a conta de correo electrónico facilitada polo/a interesado/a os impresos necesarios para facer a solicitude e o pago do curso. ENLACES DE INTERÉS:Recomendacións de viaxe: http://www.maec.es/es/MenuPpal/Consulares/RecomendacionesDeViaje/Paginas/recomendacionesold.aspx Información por país: http://www.maec.es/es/MenuPpal/Paises/InformacionporPais/Paginas/Informacin%20por%20Pas.aspx |


















A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración cos organismos de xuventude das comunidades autónomas de A Rioxa, Andalucía, Canarias, Cantabria, Castela e León, Cidade Autónoma de Ceuta, Estremadura, Illas Baleares, Madrid, Murcia, Navarra e Valencia, pon en marcha o programa de Cursos de Idiomas no Estranxeiro 2012.