Enrédaste na rede?
¿É posible moverse pola rede sen exporse a riscos?, ¿que podemos facer para aproveitar ao máximo estes recursos e sentirnos seguros?
A día de hoxe usamos as novas tecnoloxías para casi todas as nosas actividades. É algo que está moi estendido e todo apunta a que continuará espallándose. As redes sociais, os chats e foros, o teléfono móbil, os xogos en rede, e outros recursos, ofrécennos moitas posibilidades e moitas vantaxes: permítennos comunicarnos, relacionarnos, acceder á información, e todo reducindo tempos e distancias. Podemos sacar proveito destas novas tecnoloxías, pero non debemos descoidar os riscos provintes do mal uso delas.
Ás veces temos a percepción de que en certas situacións non hai riscos, o que fai que non nos paremos a pensar nos usos que facemos destes recursos, nas implicacións que pode ter compartir certa información, no acceso á información pouco axeitada ou de fontes pouco fiables que non sabemos como manexar.
Queres saber máis?
Para quen?
Para mozos e mozas.
Algunhas intervencións irán dirixidas a nais e pais, profesorado, axentes sociais e outras persoas que desenvolvan actividades nesta área dirixida á mocidade.
Para que?
Dende o 'Quérote Máis' propoñemos traballar neste eido co obxectivo de fomentar hábitos de uso responsable nas novas tecnoloxías (TIC’s)
Obxectivos específicos:
• Contribuír ao coñecemento de todas as posibilidades que ofrece Internet. • Fomentar a reflexión sobre o papel que teñen as TIC´s no día a día da mocidade. • Sensibilizar na xestión axeitada da privacidade dos datos que se expoñen publicamente. • Dotar de información necesaria aos usuarios e usuarias para evitar situacións de abuso derivadas do uso das TIC´s. • Achegar ferramentas a pais e nais e profesorado que sirvan de apoio na educación do uso responsable das TIC´s • Dar a coñecer á poboación entidades que ofrecen recursos relacionados co uso responsable das TIC´s.
Como?
Para acadar os obxectivos marcados, 'Quérote Máis' vai poñer en marcha unha serie de accións específicas que figurarán neste apartado. Entre elas as actividades previstas serán:
Consultas
Coñecín a unha persoa por Internet, paréceme moi simpática, propúxome que nos coñeceramos, que podo facer?
Internet permítenos coñecer a persoas que poden estar na outra punta do planeta ou aquí ao lado, que poden ter intereses en común con nós ou que nos chamen a atención. Pero recorda que en internet, cada persoa amosa aos demais o que lle parece. Calquera pode inventarse algo ou non, facerse pasar por algo que non é ou amosarse tal e como é. Así que antes de dar o paso de quedar con alguén, pensa se ti queres coñecer a esa persoa, que expectativas tes e cales cres que poden ser as da outra persoa. Algunhas das recomendacións que se dan cando quedamos con alguén descoñecido son: quedar nun sitio no que haxa máis xente, ir acompañad@, non dar datos que logo poidan comprometernos e ter en conta que podemos irnos no momento que consideremos. Por exemplo pensa que se lle dás o teléfono e logo non queres volver a saber nada desa persoa, terá o teu número e poderá empregalo como queira. Para coñecerse, as persoas precisan tempo. Ás veces queremos adicar máis tempo a coñecer a alguén e outras veces chega un punto no que decidimos que esa persoa xa non nos interesa. Somos nós quenes decidimos.
Lin en Internet que o teléfono móbil pode provocar esterilidade, é iso certo?
Internet permítenos ter acceso a moitos datos, pero non todos os podemos tomar como certos xa que calquera persoa pode crear información.
Coñecer a fonte da información pode ser complicado, e polo tanto, saber si esa información é real tamén. Sendo así, podemos contrastar os datos e buscar fontes que teñan unha maior fiabilidade. Por exemplo: a información que atopamos nun servicio profesional pode ser máis fiable que a opinión dun internauta.
Ligazóns
Documentación
Publicacións propias Estudos e informes Lexislación
|