Administrador

Administrador

Ti elixes!

Abr 25, 2024

A Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña elabora e publica a edición 2024 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade informar e asesorar ao alumnado sobre a oferta de estudos universitarios,btielixes formación profesional e outros estudos.  

Podes obter máis información nos Espazos de Información Xuvenil do Concello da Coruña

Teléfono: 981 184 294
WhatsApp: 606 362 366
Email: cmix@coruna.gal
https://twitter.com/MocidadeCoruna 
https://www.facebook.com/mocidadecoruna/ 

Guía Ti Elixes!

A escola de tempo libre Fervenza organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Oia.

Curso de Monitor/a de tempo libre, intensivo, a realizar en Oia, do 5 ao 24 de xullo (con fase presencial do 12 ao 23).

Máis información:
Escola de tempo libre Fervenza
Camiño do Pombal 38 - B. 36205 Vigo.
http://fervenza-etl.jimdosite.com 
https://escolafervenza.wordpress.com 
Correo electrónico: escolatempolibrefervenza@gmail.com

O Ministerio de Industria e Turismo convoca 220 prazas de Enxeñeiros/as Industriais.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 14 de maio de 2024.
Máis información no BOE do 16 de abril de 2024

O Ministerio de Facenda convoca 25 prazas de de Interventores e Auditores do Estado.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 14 de maio de 2024.
Máis información no BOE do 16 de abril de 2024

O Concello de Ribeira convoca 1 praza de Operario/a de servicios múltiples.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 6 de maio de 2024.
Máis información no BOE do 16 de abril de 2024

O Concello de Nigrán convoca 6 prazas de Auxiliar de Policía Local.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 8 de maio de 2024.
Máis información no BOE do 18 de abril de 2024

O Ministerio de Transportes convoca 54 prazas de Técnicos en Topografía
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 16 de maio de 2024.
Máis información no BOE do 17 de abril de 2024

Feira Virtual de Emprego da USC

A Feira Virtual de Emprego da USC desenvolverase do mércores 24 ao xoves 25 de abril coa vontade de que as persoas usuarias accedan a empresas con ofertas de traballo, charlas de interese en materia de empregabilidade e chats para aclarar dúbidas.

As persoas interesadas xa poden rexistrarse na plataforma habilitada para acoller a Feira e deixar os seus datos xunto cun currículo en formato PDF.

O evento diríxese tanto a estudantado da USC como a persoas xa tituladas pola institución compostelá.

A Feira abrirá o 24 de abril ás 08.00 horas e pechará un día despois, ás 20.00 horas.

Ao longo das dúas xornadas as persoas rexistradas poderán presentar o seu currículo a ofertas de emprego, asistir ás charlas ofertadas na sección ‘Axenda de Conferencias’ con inscrición previa, chatear coas empresas e co persoal da Área de Orientación Laboral e Emprego da USC, ou acceder a múltiple información das entidades participantes (vídeos, ligazóns ou redes sociais, entre outras).

Unha vez rematado o evento, aínda que non estará dispoñible o chat, seguirá aberto o acceso ás ofertas de traballo, así como a presentación do currículo ata o domingo 28 de abril.

As dúbidas sobre a Feira poden dirixirse ao correo electrónico da Área de Orientación Laboral e Emprego da USC: orientacion.laboral@usc.gal

Máis información:
www.usc.gal/servizos/area/orientacion-laboral/boletin/aberto-prazo-inscricion-feira-virtual-emprego-usc 

 

No marco da programación da Semana da Creatividade 2024, a sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes acolle entre o 22 e o 26 de abril a exposición Arqueoloxía dixital galega.

Comisariada por Óscar Penín, investigador do GEAAT, o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Facultade de Historia, a mostra adéntrase no traballo da pouco coñecida arqueoloxía contemporánea e nas súas cada vez máis fondas conexións cos mundos virtuais.

A mostra contará con visitas guiadas para grupos, previa reserva no correo electrónico oscar.penin@uvigo.gal, mentres que para o venres 26 programáronse unha serie de visitas escolares á mostra, que contará cunha zona de videoxogos clásicos en galego.

As visitas incluirán encontros con persoas investigadoras da Universidade de Vigo relacionadas co mundo dos videoxogos.

Esta actividade insírese na Semana da Creatividade 2024, un programa de actividades centradas nas principais liñas do proxecto de especialización do campus pontevedrés, organizadas polo Campus Crea co apoio da Deputación de Pontevedra e o Consello Social da Universidade de Vigo.

Dirixido a: Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza: Campus Crea e Geaat

Máis información:
Facultade de Belas Artes
Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
www.uvigo.gal 

 

Curso de monitor/a de actividade de tempo libre en Lousame

A Escola de Tempo libre FESAN organiza un curso de monitor/a de actividades de tempo libre en Lousame.

Modalidade Mixta (Presencial e Teleformación)

Datas do curso:
Inicio: 20/04/2024
Fin: 02/06/2024

Período de prácticas (150 horas): 03/06/2024 -31/08/2024

Horario:
Xornadas presenciais: Sábados en horário de 09:00 á 14:00 e de 15:30 á 20:30 horas.
Domingos de 09:00 á 14:00 horas.

Prezo: 260,00 €

Lugar onde se vai impartir:
Casa da Cultura do Concello de Lousame
Bouciñas, s/n - Portobravo - 15214 – Lousame(A Coruña)
Teléfonos: 981534020 – 981 52 24 26
FAX: 981522223
E-MAIL: etlfesan@fesan.org